Todo o referente o Navegante João da Nova |
|
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ILHA DA TRINDADE EN 4 EPISODIOS |
|
Xa temos comentado que a Ilha da Trindade fora descuberta por João da Nova na altura de 1501. O nauta galego (orixinario da casa nobiliaria de Maceda), cando capitaneou a III Expedición á India, logo da de Vasco da Gama e da de Cabral (que aínda non regresara), sabía que debería facer unha aproximación ás costas brasileiras para encarar con garantías o Cabo das Tormentas (Boa Esperanza), xa que logo os ventos alisios, que sopran de sul cara norte e as correntes marítimas do Atlántico Austral, non lle permitirían abordalo linealmente. Foi así como o nauta galego descubriu a Ilha da Trindade e avistou os illotes de Martín Vaz. João da Nova puxéralle a esta illa volcánica o nome de Asunção. Ao ano seguinte, na IV Expedición á India, Estevão da Gama -ignorando que fora atopada por João da Nova que aínda non regresara a Portugal cando Gama partira do Restelo lisboeta- rebautizouna co nome co que a coñecemos hoxe. No Brasil focalizan sempre a súa descuberta en João da Nova.
Atopamos en youtube un documental (en 4 achegas) abondo interesante que debe formar parte desta bitácora e no que nomean ao nauta galego (aínda que o narrador di que era portugués) xa ao comezo do primeiro episodio. Pegamos o texto -en portugués do Brasil- que Emerson Cabral inseriu cando o publicou na arañeira: ?Esta série especial em quatro reportagens apresenta a ilha da Trindade. Um pedaço do Brasil pouco conhecido, no meio do oceano Atlântico. Com o apoio da Marinha do Brasil nossa equipe teve o privilégio de participar de duas expedições à Trindade. Em dezembro de 2016 e abril de 2017. Esta foi a reportagem exibida em 08/08/2017 no Jornal Capixaba. Produção, reportagem e edição de texto de Emerson Cabral. Imagens de Renan Rauta, Vitor Barbosa e Thiago Machado. Arte de Alexandre Borges. Edição de imagens: R2 Filmes. Foto de capa: Vitor Barbosa?. Eis os links aos 4 episodios:
Episodio 1
Episodio 2
Episodio 3
Episodio 4 |
|
|
|
|
|