Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ILLA SANTA HELENA / GRANDES DOCUMENTAIS DE TVE-2
De www.pilotguides.com -a casa matricial de Globe Trekker-, recuperamos un vídeo abondo interesante de 51´23´´, incluído nos Grandes Documentais de TVE-2 que se emiten os venres pola tarde (logo do veterano concurso ?Saber y Ganar?). Titúlase ?Isolated Islands: Saint Helena? (tempada 17). Cando comezamos esta aventura oceánica na procura da biografía, heroicidades e descubertas do navegante da casa nobiliaria de Maceda (Ourense), recollido despois no pioneiro volume ?João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal? (Santiago Prol: 2002), non existía Youtube nin ferramentas similares de vulgarización.

Neste documental de Globe Trekker, o viaxeiro-presentador Zay Harding vai dende Cidade do Cabo (Sudáfrica) até Santa Helena -en cinco días de travesía e 3.100 quilómetros-. Naquela altura (outubro de 2011) aínda estaba a medio construír o polémico aeroporto (inaugurado en 2017). Esa atmosfera oceánica retrotráenos 515 anos, cando João da Nova descubriu a illa ao regreso do Mabalar indio cara Lisboa, con catro caravelas revolucionarias. O luxoso buque transatlántico RMS Saint Helena veu facendo a travesía cada tres semanas (50 tripulantes, 150 pasaxeiros e 1.800 toneladas de carga). Non hai porto nin espigón por mor do calado. Os buques teñen que ancorar perto da capital Jamestown e achegarse en barcos pequenos. Hogano viven en Santa Helena menos de 5.000 habitantes. A cuarta parte aséntase na capital -enlatada entre cantís-. No documental ollamos panorámicas da volcánica illa. Guía local en Jamestown. Referencia á descuberta polos lusos ao mando de João da Nova en 1502. Dominio inglés (1659). Escravitude. Post Office. Escaleira de Jacob con 699 chanzos. Taxi Chevy Charabanc de 1929. Recreación do exilio de Napoleón Bonaparte (1815-21). Briars Pavilion. High Knoll Fort. Longwood House. Napoleon´s Tomb. Tartaruga xigante duns 180 anos en Plantation House (a Casa do Gobernador). Obras en Saint Helena Airport [a 6 km de Jamestown]. Pista de 1.950 metros para avións de tamaño medio. Plantación de café arábica en Bamboo Hedge. Cumio da illa en Diana´s Peak (823m). Bretemosos bosques de árbores endémicos. Fentos xigantes. Golfiños perto de Lemon Valley. Regreso. ¡Quedemos emprazados para esta extraordinaria experiencia!

Video
Categoría: 03-Illas - Publicado o 25-12-2017 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0