Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O ARQUIPÉLAGO CARGADOS CARALLOS (2)
AtolonesO xornalista Eduardo Rolland, que mesmo ten investigado -a fondo- os vestixios dos nazis na Galiza dos anos 40 e posteriores, fixo unha incursión -a máis dunha banda- sobre Joao da Nova, as súas descubertas e a súa Maceda de orixe. No xornal “La Voz de Galicia” (25/08/2013) e logo en “GCiencia”, o Portal da Ciencia Galega (23/04/2014), inseriu un traballo sobre o navegante de Maceda quen titulou “O ourensán que descubriu as Illas dos Cargados Carallos”. Velaí a primeira parte do seu artigo:
“Teñen nome de película de Jack Sparrow. Aínda que encaixar o seu significado poñería nun brete ós guionistas de Piratas do Caribe. Porque o arquipélago de Cargados Carallos ten un topónimo difícil. Pero así bautizou estas illas o ourensán Xoán de Novoa, cando as descubriu, no ano 1501. Situadas no océano Índico, e hoxe pertencentes á República de Mauricio, poderían ser o enclave máis exótico do mundo con nome galego.
Nesta clasificación compiten con outra illa, tamén pertencente ao grupo das Mascareñas, e que leva por nome o propio de Galicia. Trátase de Agalega, así todo xunto. E tamén foi bautizada por Xoán de Novoa (Joao da Nova) a quen os portugueses, baixo cuxa bandeira participou nas “Descobertas“, alcumaban Joâo Galego.

O arquipélago de Cargados Carallos está composto por 16 illas, situadas fronte a Mauricio e Madagascar. Habítanas case un cento de nativos, cuxo xentilicio non queremos imaxinar [caralláns, caralludos, caralleiros... -engadido noso-] Os ingleses, máis finos que Xoán de Novoa (Joao da Nova), as chaman Rochas de San Brandón (Saint Brandon Rocks). Teñen cincuenta quilómetros de longo por só cinco de ancho”.
Categoría: 02-Lugares - Publicado o 15-06-2017 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web