Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O ARQUIPÉLAGO CARGADOS CARALLOS (1)
O ARQUIPÉLAGO CARGADOS CARALLOSImos meterlle o dente denta volta a un singular arquipélago. Desta volta tiramos da Galipedia (a Wikipedia en galego), xa que logo fai referencia ao navegante vencellado con Maceda (Ourense) e do que o investigador Santiago Prol artellou a súa biografía de referencia a escala global (João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal, Dep. Ourense, 2002). Eis o texto da entrada na biblioteca virtual:
“O banco de Cargados Carallos (tamén coñecidas coma Cargados Carajos e as Rochas San Brandón, Saint Brandon Shoals) son un grupo de entre 16 e 20 pequenas illas e illotes, nun arrecife situadas no Océano Índico, ao noreste das Illas Mauricio. O seu nome é debido ao navegante galego Xoán de Nóvoa (João da Nova). As illas teñen unha área total de terra de 1,3 km². O arrecife mide máis de 50 quilómetros de norte a sur e 5 quilómetros de ancho, cortado por tres pasos; en total a área do arrecife abrangue 190 km². As illas teñen unha pequena poboación, conformada maioritariamente por nativos e posúe vizosa fauna e flora. O arrecife de Cargados Carallos depende administrativamente das Illas Mauricio, aínda que están situadas a máis de 300 km o extremo sur, polo que están administradas dende a súa capital Port Louis. Forman parte das illas Mascareñas.

Xa eran coñecidas polos navegantes árabes. Foron primeiramente cartografadas por navegantes da coroa de Portugal -con João da Nova á fronte- segundo Auguste Toussaint coma Coroa dos Garafos, "aves mariñas da coroa". Foron ocupadas en 1598 por holandeses e pasaron a ser protectorado francés en 1722. O dominio británico iniciouse en 1810. Os primeiros mapas detallados apareceron en 1742, xa coma base pirata. O atol que dá orixe aos baixos e illas que forman o grupo, ten o seu bordo máis elevado do lado oeste. É ao longo dese lado do atol onde están os diversos illotes e rochedos que constitúen as illas Cargados Carallos”.
Categoría: 02-Lugares - Publicado o 12-06-2017 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web