Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

João da Nova / Xoán de Novoa
Artigo de Francisco Carballo publicado no xornal "A Nosa Terra" nº 1035.

"O 21 de maio hai festa de descobremento en Sta. Helena. Festa grande nista illa de posesión británica. Fora descoberto este paradisíaco enclave oceánico por João da Nova á volta da sua primeira viaxe á India, 1502.

João da Nova é un dos exemplos da perda de memória de nós os galegos, sendo un dos 4 máis importantes navegantes das "descobertas" lusas do XV-XVI: Vasco da Gama, Cabral, João da Nova e Ameida.

Dirixiu a III expedición descobridora no 1501. Os froitos foron considerabeis. Navega costeando África: nos dias 13-15 de maio, 1501, descobre a Illa de Ascensión. Dobra o cabo de Boa Esperanza e arriba á "João de Nova Island" no noroeste de Madagascar. Tivo o honor de fixar un "padrão" como primeiro europeu na illa de Ceilán. Recorreu a Malabar, cargou gaños en abundáncia e voltou a Lisboa e nesa volta descubriu Sta. Helena.

Participou nunha 2ª viaxe e permaneceu na India. Foi decisiva a súa acción na batalla de Diu, 1509, que deu a Portugal unha efémera hexemonia no Índico. Faleceu na India, 1509 ou 1510.

Datos estes que non constan nin nas histórias hispanas, nin sequera nas de Galiza. Pero máis: Xoán de Novoa era da família dos Novoa de Maceda (Ourense); un dos numerosos nobres que abandonaron Galiza ante a conquista dos Reis Católicos. No 1480 está xa camiño de Lisboa como João de Nova. É alcaide da fortaleza; xoga un papel político co "Prícipe perfecto" João II, e con Don Manuel.

Focar o momento histórico da invasión dos Reis Católicos, da fuxida de nobres a Portugal uns, outros á conquista de Granada, é resgatar un capítulo necesário para comprender o pasado aínda presente na devaluación de tantos aspectos da Galiza. Un historiador novo, experto, compenetrado coa memória do País e da súa vila natal, Santiago Prol, elaborou unha bibliografia de Xoán de Novoa: Fascinio das navegacións, surpresa do descoñecido, ilusión dos protagonistas, deseños de naus e caravelas, unha novidade historiográfica a sair do prelo en seguida."
Categoría: 06-Prensa - Publicado o 13-10-2015 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web