Todo o referente o Navegante João da Nova |
|
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Ouro de Ourense |
|
O Ouro de Ourense, libro publicado no ano 2015 pola editorial Engaiolarte no que o autor Bieito Iglesias acompañado das fotografías de Xulio Gil misturando a literatura e o ensaio presentan libro moi especial sobre a cidade máis literaria de Galicia, unha proposta de viaxe física, histórica, paisaxística e mesmo autobiográfica. En palabras do seu autor ?coido que construín unha viaxe á semente, unha evocación do pasado de Ourense, que como di o tópico, sempre é unha viaxe a un país estranxeiro?.
Dentro das súas 216 paxinas atopamos o seguinte na páxina 146:
?Apuntaremos unhas notas sobre os Nóvoa, vencellados ao señorío de Maceda e que deron varios bispos afinais do século XIII e principios do XIV, protagonistas de medio século de estarrecente dominio eclesiástico sobre a cidade de Ourense: Pedro Eanes de Nóvoa, déspota, pirómano e sacrílego que ordenou queimar o convento franciscano, Gonzalo Nuñez Daza e Osorio, Gonzalo Pérez de Nóvoa e Álvaro Perez de Biedma. Entro outros rnovos laicos paga a pena mencionar a un Xoán de Nóvoa que defendeu a ponte romana en 1386 contra o duque de Lencastre, pero sobre todo sobrancea Joao da Nova, mariño ao servizo da coroa portuguesa historiado por Santiago Prol, descubridor das illas da Ascensión e Santa Helena, da Taprobana (Ceilao ou Sri Lanka), navegante con illa que leva o seu Nome no canal de Mozambique e que viaxou tres veces á India para morrer en Cochim.
Como mareado polos bandazos da nau Frol de la Mar na que navegaba don Joao, retorna o viaxeiro??
Libro recomendado.
|
|
|
|
Cada día, un libro: 'Nobres vencellados ao castelo de Maceda' |
|
|
|
|
|
NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO DE MACEDA |
|
Presentación literaria de Santiago Prol Blanco
Chega ás librerías un novo libro do escritor e investigador Santiago Prol Blanco publicado pola editorial ?Difusora de letras, artes e ideas?, máis de 250 páxinas nas que sé recolle ós nobres vencellados á Maceda e ao seu castelo na que o autor percorre, expón e nós achega á historia de Maceda dende as vivencias dos seus personaxes de máis nobreza, Un libro que abrangue aos nobres vencellados ao Castelo de Maceda máis egrexios que levaron o seu nome polo mundo adiante dende a Baixa Idade Media.
A presentación, en colaboración ca Consellería de Cultura do Concello de Maceda, terá lugar na Torre da Homenaxe do Castelo de Maceda o sábado 4 de abril ás 20 h e intervirán Xabier Oviedo (Alcalde de Maceda), Xavier Paz (Editor), Antonio Blanco Rodríguez (Delegado Provincial de Cultura), Ramón Caride (Escritor) Bieito Seara (Director Xeral de Acción Social) e Santiago Prol (Autor do Libro). |
|
|
|
NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO DE MACEDA |
|
Por Santiago Prol
Chega as librerias un novo libro do escritor e investigador Santiago Prol publicado pola editorial ?Difusora de letras, artes e ideas?, máis de 250 páxinas nas que se recolle os nobres vencellados a Maceda e ao seu castelo na que o autor percorre, expón e nos achega a historia de Maceda dende as vivencias dos seus personaxes de máis nobreza. Como expón na contraportada do libro:
?Esta rigorosa achega abrangue aos nobres vencellados ao Castelo de Maceda máis egrexios que levaron o seu nome polo mundo adiante dende a Baixa Idade Media: María Fernández, a filla do conde de Traba. Afonso X o Sabio e o seu preceptor Garci Fernández. Pedro Iáñez de Nóvoa que fixo carreira política e militar dentro da Igrexa. Joâo da Nova, un galego universal, o máis relevante do século XVI. Xoán Iáñez de Nóvoa e o Panteón de Nóvoas Egrexios.
Outrosí o condado de Maceda (1654) que lle foi concedido a Alonso de Lanzós e Nóvoa. O III conde Joseph Benito de Lanzós e Nóvoa acadou a Grandeza de España de 1ª clase (1710). O seu primoxénito Antonio Pedro Nolasco chegou a gobernador de Madrid e vicerrei de Navarra. Unha condesa de Maceda está soterrada no que hogano conforma o Panteón de Galegos Ilustres. Baltasar Pardo de Figueroa, VIII conde de Maceda, finou na batalla de Medina de Rioseco (1808). Xoán Xosé caamaño Pardo, conde consorte de Maceda, foi un dos ilustrados de comezos do XIX en Galiza... A relevante nómina deste volume soborda o ámbito local. Unha aproximación necesaria que enche unha eiva da nosa memoria colectiva?. |
|
|
|
AVENTURA DE JOÃO DA NOVA |
|
Un mariño galego ao servicio da coroa portuguesa
Santiago Prol vén de tirar do esquecemento institucional e social galego a un dos seus mariños máis ilustres. Ao servicio da Coroa de Portugal, João da Nova cubríu unha importante páxina do capítulo dos decubrimentos, dirixindo no 1501 a III Expedición Descubridora. Asimesmo, pasaba por ser un hábil diplomático- foi alcalde de Lisboa- e un persoaxe moi alonxado dos métodos coactivos e de dominación que outros conquistadores aplicaron no seu trato cos nativos.
Cunha escrita áxil e un gran dominio dunha extensísima documentación, o autor vai desenvolvendo o pérfil vital deste mariño ourensán. A obra tamén incide na información das condicións da vida nas carabelas da época, o armamento que levaban, a forma de organizar a vida a bordo etc, faceta no que o historiador Santiago Prol, pon de manifiesto a súa fonda investigación no eido da historia social e dos usos e costumes dunha época e dunha sociedade, marcada pola búsqueda do ouro e as rotas cara a Oriente, os descubrementos e a chegada masiva de escravos á economía portuguesa.
O autor pretende demostrar a vinculación de João da Nova con Maceda (Ourense), do ilustre mariño coa familia dos Condes de Maceda, e para elo amósanos unha ampla xenealoxía dos mesmos, onde as confluencias son claras e evidentes. Non deixa de sorprender o feito da condena ó ostracismo por parte do país ó que serviu,, por ser considerado estranxeiro, e o esquecementos total na súa Galicia de orixen e formación, a este Xoán de Nóvoa, de que conta De la Gándara (1665) que pertencía á familia dos Condes de Maceda. Máis tarde, Fernández Alonso e Risco utilizaron estas referencias.
Biografía, investigación histórica e dominio do mundo da navegación nunha época fascinante, como a dos séculos XV e XVI, constitúen os entramados básicos que dirixen a narración ó longo dos océanos Atlántico e Índico, pro África e a India, cunha coidada ambientación que informa de cada aspecto das conquistas, da desconfianza mútua entre España e Portugal, dos enfrontamentos da nobreza lusa, da loita polo control das rotas comerciais ou das guerras irmandiñas, que tanto tiveron que ver coa fuxida a Portugal dun importante número de nobres galegos.
Santiago Prol consegue levar a bo porto unha ampla investigación histórica, ben documentada e rica en información, rigurosa e amena, ben debuxada e ambientada cos aromas picantes das especias e a dozura da baunilla e a canela.
Domingo Tabuyo. Libros ? Faro de Vigo xoves, 7 de novembro de 2002. |
|
|
|
UN GRAN MARINO DEL XVI |
|
C.Fernández. Sarmiento de Gamboa se llevó la fama como el gran navegantes español del siglo XVI, pero hay otro que le igualó, cuano no le superó. Fue el gallego, de Maceda (Ourense) João da Nova (Juan de Nóvoa), del que ahora se acaba de publicar una interesante biografía, escrita por el profesor Santiago Prol.
La parte principal del libro está dedicada a sus expediciones, comprendidas entre 1501 y 1508 (falleció en Cochim en 1509), donde, entre otros lugares, recorrió la costa oriental de Africa, Ceilán y la India, las Maldivas y las Lacadivas, además de descubri islas atlánticas al margen de las rutas de navegación de la época, como la de Ascensión.
El autor, además, imprime agilidad a la narración, manteniendo siempre el interés por la aventura transcendente que vie el personaje, utilizando, asimismo, una documentación que le da rigor a lo escrito.
?João da Nova? Santiago Prol, Ed. Diputación Provincial de Ourense, 338 páginas, 9 euros, Calificación ** (Bueno)
D Libros ? Fugas ? La Voz de Galicia, sábado 14 de septiembre de 2002. |
|
|
|
JOÃO DA NOVA, HISTORIA DUN NAVEGANTE GALEGO |
|
O investigador Santiago Prol reconstrúe nunha pormenorizada biografía a historia dun fillo ilustre de Maceda, o navegante João da Nova quen, ao servicio da coroa portuguesa, fai algunha das máis importantes navegacións dos descubrimentos. A el se deben os primeiros fitos europeus en Santa Helena e Ascensión, e a chegada da monarquía lusa á actual illa de Sri Lanka. A investigación de Prol esgota todas as fontes coñecidas e a narración é un relato que nos leva ao século XVI, época de consolidación dos grandes imperios ibéticos ultramarinos.
A Nosa Terra ? nº 1.050 Do 3 ao 9 de outubro de 2002 Ano XXV. |
|
|
|
João da Nova,un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal. |
|
Título :João da Nova,un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal.
Autor: Santiago Prol Blanco
Editorial: Diputación Provincial de Ourense (Ourense)
Edición 1ª
Data da edición: 2002
Lingua da publicación: Galego
ISBN: 84-87575-97-8
Encadernación: Rústica
Nº Páxinas: 340
Tamaño: 17x23x1,4 (cm)
Peso: 6,66 Kg |
|
|
|
JOAO DA NOVA - UN MARIÑO GALEGO O SERVIZO DA COROA DE PORTUGAL |
|
"Esta obra trata un tema case inédito, pero de interese tanto biográfico como temático. Fai accesible ós galegos a participación nas descubertas dos séculos XV-XVI de Portugal. Estas son paralelas e complementarias das hispánicas.A realidade participativa dos galegos, nun e noutro quefacer comercial e colonial, cómpre subliñala. A forma narrativa que emprega o autor resulta atractiva;é orixinal, quente e curiosa. A investigación de fondo que conleva merece un posto neste campo histórico".
Francisco Carballo
Título: João da Nova,un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal.
Autor: SANTIAGO PROL.
Edita: Deputación Provincial de Ourense, 2002. |
|
|
|
|
|