|
|
|
VESTIXIOS DE JOÃO DA NOVA |
|
Hogano existen varios vestixios que lembran ao mariño galego en Portugal. En Lisboa atópase unha rúa denominada João da Nova, na freguesía de São Francisco Xavier, no bairro do Restelo (perto de Belém). En Oeiras, vila situada no distrito de Lisboa, existe a rúa João da Nova non moi lonxe da anterior. En Cascais áchase ao carón da Av. Pedro Álvares Cabral. En Moita (Setúbal) tamén hai unha rúa que leva o nome do nauta galego. No Seixal (Setúbal) outrosí consta a rúa João da Nova. No Algarve, na Vila Real de Santo Antonio (Faro), existe a rúa João da Nova, paralela á de Francisco de Almeida e á Avenida do Infante Dom Henrique. En Galiza tamén dispón dunha rúa á súa memoria na vila de Maceda dende comezos de 1996 e unha exposición permanente; a fase inicial dun proxecto museístico que agromou en 2002. En Ourense capital existe unha xenérica rúa Xoán de Nóvoa, que mesmo podería abranguer á recua de homónimos e que, se desexan personalizala no navegante, debería levar polo nome polo que se lle coñece universalmente, que é o que consta en Maceda, Lisboa, Oeiras, Cascais, Moita, Seixal e Vila Real de Santo António. Cobizamos que esta iniciativa que agromou no noso concello, se espalle por todo o País denantes de que se cumpra o V Centenario do seu pasamento.
A historiografía lusa -abondo cargada de nacionalismo- debe revisar e restituír a João da Nova ao lugar que lle corresponde polos servizos prestados, algo que xa estamos a facer dende a súa terra de orixe (Prol, 2002). A propaganda manuelina e os que o sucederon, centráronse en Afonso de Albuquerque e con profusión case obsesiva en Vasco da Gama, que utilizaron como contrapeso do mito de Colón. A figura de Vasco da Gama -hogano presente en todos os currunchos do país veciño- servíu para afoutar a identidade nacional, política e cultural de Portugal.
A historiografía galega debe incorporar ao descubridor vencellado coa casa nobiliaria de Maceda, á nómina dos nosos Grandes Persoeiros da Nosa Historia [que pasaría se Pondal ?o bardo de Ponteceso- tivese coñecemento da súa apaixoante biografía cando elaborou o inacabado Os Eoas?]. Entre todos debemos enxertalo na memoria colectiva do País, xa que logo João da Nova é un galego universal, o máis relevante do século XVI, do que colectivamente deberiamos fachendear. Se nos deixamos roubar o pasado, deixarémonos roubar o futuro.
(Adianto editorial. Fragmento do libro "Nobres vencellados ao Castelo de Maceda", por Santiago Prol. Capítulo: "João da Nova, o descubridor do século XVI").
|
|
|
|
Ourense |
|
 Rúa de Xoán de Novoa
32004 Orense
Rúa en Google Maps >>> |
|
|
|
Vila Real de Santo António |
|
 R. João da Nova
Vila Real de Santo António 8900 Portugal
Rúa en Google Maps >>> |
|
|
|
Seixal |
|
 R. João da Nova
Seixal, 2855 Portugal
Rúa en Google Maps >>> |
|
|
|
Moita |
|
 R. João da Nova
Moita, 2860 Portugal
Rúa en Google Maps >>> |
|
|
|
Oeiras |
|
 R. João da Nova
Oeiras 2795 Portugal
Rúa en Google Maps >>> |
|
|
|
Maceda |
|
 Calle de João da Nova
32700 Maceda
Ourense ? España
Rúa en Google Maps >>> |
|
|
|
Cascais |
|
 Rúa João da Nova
Cascais, 2750 Portugal
En Google Maps >>> |
|
|
|
Lisboa |
|
 R. João da Nova
Lisboa, 1400 Portugal
Rúa en Google Maps >>> |
|
|
|