Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

10 ANOS CON JUAN DE NOVA ISLAND E AS OUTRAS ILLAS DESCUBERTAS (1)
Comezou hai 10 anos a súa andaina este fermoso proxecto; esta bitácora oceánica por mor da lúcida proposta que o activista (e altruísta macedán) José Juan Pérez Ramos tivo a ben facernos, naquela altura outoniza de 2007, cinco anos despois de que saíse á rúa o pioneiro ensaio da nosa autoría ?João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal? (Santiago Prol: 2002), publicado pola Deputación de Ourense. Outrosí despois da conformación da Exposición permanente, ?João da Nova, o descubridor galego do século XVI? que deseñamos e comisariamos nós e que sufragou o Concello de Maceda. Inicialmente estivo pendurado nas grosas paredes interiores do patio de armas do Castelo de Maceda. Logo nas estancias interiores da torre da homenaxe e hogano nunha sala ?semiesquecida? da Casa do Concello de Maceda.

Pasaron case 10 anos... Esta bitácora fómola fornecendo entre os dous [José Juan na parte técnica e Santiago Prol na de contidos], con múltiples fasquías de todo o que ten que ver co universo de João da Nova, o egrexio navegante vencellado á Casa Nobiliaria de Maceda.

Imos reparar nesta e en próximas achegas na illa que leva o seu nome; como xa temos apuntado, un híbrido entre castelán (Juan), galego-portugués (da Nova) e inglés (Island). Ademais pertence administrativamente ao territorio de ultramar do Estado francés. Desta volta engadimos outro link cun fermoso vídeo de Mixtral/13 titulado ?Juan de Nova, a lost paradise in the Indian Ocean? [?Juan Nova, un paraíso perdido no Océano Índico]; unha delicia visual desta singular illa vencellada xa por sempre ao navegante de Maceda. Acompañamos esta achega cunha foto da illa, tirada dende a Estación Espacial Internacional (Fonte: es.wikipedia.org).

Eis o logradísimo traballo audiovisual, para goce de todos os interesados na traxectoria vital deste nauta macedán, ourensán e, por ende, galego universal que pisou esa illa ?e que foi bautizada co seu nome- e esa longuísima praia -case virxinal- de area blanquísima (de máis de 4 km) hai agora algo máis de 500 anos.


Video
Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2017 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Recopilando
Andamos a recopilar mais material en breve informaremos.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2014 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador web
contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0