Iria Abelleira Castro


Blog persoal dunha pequena actriz.
Blog persoal dunha pequena actriz.




Get a Voki now!














O meu perfil
parrulo5@wanadoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXI Mostra de teatro de Cee
Hoxe, sábado 23 dará comezo a 21 Mostra de teatro de Cee


A mostra de teatro dará comezo ás 21.30 h. no Espazo RTA (Ies Agra das Raíces) co espectáculo Aeroplanos da compañía Lagarta Lagarta.
Dous homes, amigos dende a infancia, quedan viúvos cunha diferenza moi curta no tempo. A partir dese momento a súa amizade vese reforzada chegando a seren imprescindible o un para o outro. Pero como en todo bo “matrimonio” as diferenzas de opinión e as discusións son constantes. As pelexas, o amor, a lealdade, a xenerosidade, o compañeirismo, os risos e as bágoas forman parte desta relación que consegue momentos hilarantes pero tamén cheos dunha grande tenrura e emoción.
Unha comedia de altura interpretada por Ernesto Chao e Xosé Manuel Olveira “Pico” que seguro non defraudará.

Pechará esta primeira xornada da mostra a compañía Mofa e Befa co espectáculo Cociña para Chapantes ás 24.00 h. no Salón de actos do concello.
Espectáculo recopilatorio de tres dos números mais reclamados polo público adicto a MOFA E BEFA.: Cociña Económica, no que Mofa cociña unha receita da gastronomia caribeña, acompañado polo seu tío Reveriano, emigrante e aventureiro, quen salpimentará o prato coas súas experiencias no continente Americano. Cociña Caníbal, no que dous profesores imparten leccións de amor polos alimentos. Sobre todo cando estes alimentos son da nosa mesma especie: a especie humana, e Cociña Kakofónica, tres “sinxelas” receitas doutros tantos pratos empregando só unha vogal en cada un deles.Todas estas receitas requiren accións penadas polas leis, polo tanto non haberá degustación de ningun destes pratos ao remate do espectáculo.
A xornada do domingo 24 tráenos os seguintes espectáculos:
Ás 12.30 h. no Salón de Actos do Concello, a compañía de títeres Tres Globos representará o espectáculo O Sapo encantado:
A reporteira máis dicharacheira do pais dos contos, entrevista a Meiga Maleira que hai moito tempo, convertiu o príncipe Croberto nun sapo porque non quería casar con ela.

A reporteira descobre que o único xeito de que ese sapo volva a ser príncipe é que unha princesa casadeira o bique, e tratará de buscar algunha princesa para desfacer o meigallo.

Pero a Meiga Maleira, cambiará o meigallo de xeito que se unha princesa bica o príncipe, a princesa quedará convertida en ra. ¿E agora que facemos...?


Ás 20.15 h. na alameda a compañía Manic Freak representará o espectáculo Magnífrico
Manic Freak é un personaxe dinàmico e carismático,que encontra o desequilibrio no punto xusto de tensión. Rompendo as estructuras do tradicional recorre o escenario interactuando directamente co público.

Coas súas destrezas de malabares, acrobacia e equilibrismo, logra cautivar ao espectador, realizando unha pasaxe do tenro ao absurdo, para despois tocar a nosa natureza máis sensible, o noso neno interior.


Teatro do Atlántico representará ás 21.30 h. no Espazo RTA (Ies Agra das raíces o espectáculo A bombilla máxica
A vida da familia Pollack, pai, nai e dous fillos adolescentes, atópase nunha etapa difícil, de absoluta infelicidade sentimental e nunha complicada situación de precariedade laboral.

O marido, con cincuenta anos, xogador compulsivo, está en plena “crise dos corenta” e non dá saído dela.

A esposa, sabedora dos devaneos do marido, aguanta o “tirón” na esperanza de que o vento mude. Intenta fuxir refuxiándose no seu fillo, obsesionado pola maxia.

Todo baixo o peculiar humor de Woody Allen, nesta ocasión un pouco máis amargo.

E para pechar a xornada do domingo, Teatro do Adro levará a escena o espectáculo Comida chinesa, ás 24.00 h. no salón de actos do concello.
Un violador e asasino en serie e a nai dunha das súas vítimas xuntos nun apartamento. Ela foi a súa psiquiatra na prisión. El é o seu paciente favorito.

Unha relación imposible e enfermiza. O amor e a vinganza. O desastre e a éxtase. A vida. A morte e a doncela ou O silencio dos cordeiros. Un traballo diferente para un actor e para unha actriz. Un autor novo. Para sempre un desafío.

Un tema aínda nunca tratado no teatro feito en Galicia. Un combate dialéctico e físico a un só asalto. O soño da razón cría monstros de Goya.

“Algún día morrerás, pero antes preciso coñecer algo da túa alma”.

(Anónimo do s. XIV)

Comentarios (3) - Categoría: Portada - Publicado o 23-08-2008 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis

USUARIOS CONECTADOS