Iria Abelleira Castro


Blog persoal dunha pequena actriz.
Blog persoal dunha pequena actriz.




Get a Voki now!














O meu perfil
parrulo5@wanadoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mar do Rostro

Un dos paseos que máis me gusta facer é polo Mar de Rostro en Fisterra. É impresionante estar sumerxido/a nun ambiente tan salvaxe como este, co perigo a escasos metros. Pechar os ollos e escoitar este mar é un dos espectáculos sonoros máis impactantes que coñezo.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 29-03-2008 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Con Lara

Outra foto da Mariñeira.
Lara i eu, as fillas de "María" (a Mariñeira de Quilmas).
Comentarios (0) - Categoría: Portada - Publicado o 27-03-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
fotopapi


A papiño gústalle a fotografía e practica conmigo...
Comentarios (4) - Categoría: Portada - Publicado o 17-03-2008 05:09
# Ligazón permanente a este artigo
Compañeiros da "Mariñeira" nominados aos Mestre Mateo 2007
Compañeiros da "Mariñeira" nominados aos Mestre Mateo 2007

MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
Suso Bello Giz por “O NENO DE BARRO”.

MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO
Ruth Diaz, por “A VIDA POR DIANTE”.

MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA
Curru Garabal, por “VALDERREI”.

MELLOR COMUNICADOR DE TV
José Barato, por “HISTORIAS DE GALICIA”.

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA
Antonio Durán ´Morris´”, por “AIR GALICIA”.



























































Un dos meus mestres, Artur Trillo, está nominado ós premios María Casares.

Comentarios (3) - Categoría: Portada - Publicado o 11-03-2008 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
"A Mariñeira" recolle eloxios no seu circuíto por vilas galegas
A última película de Ficción Producciones encheu as salas en Cee e Lugo onde colleitou éxito de asistencia e de crítica


O último telefilme da galega Ficción Producciones, A Mariñeira, segue a colleitar loas no seu circuíto de proxecións por terras galegas. Segundo informan dende a productora, os pases do pasado mércores 27 de febreiro en Cee, e do venres 29 en Lugo foron todo un éxito de asistencia e crítica.

En Cee enchéronse dúas salas dos Cines Xunqueira e o Museo Provincial de Lugo quedou pequeno por mor do interese que espertou A Mariñeira.

Dende a productora galega agradecen "especialmente a asistencia ós vilegos e vilegas da Costa da Morte, que ateigaron as salas dos Cines Xunqueira de Cee para contemplar a crónica dunha traxedia que aconteceu non moi lonxe de alí, en terras do Pindo".

Tamén recoñecen ademais "a súa sensibilidade cunha historia crúa e non tan afastada no tempo". "Cada unha desas bágoas é un premio para a equipa técnica e artística de A Mariñeira e unha mensaxe de ánimo para que Ficción Producciones siga apostando por contidos achegados á xente, por historias "nosas" dende o compromiso cos novos valores da nosa literatura e mais o noso audiovisual", engaden dende a produtora.



Un telefilme dirixido por Antón Dobao

A Mariñeira é un telefilme rodado durante os meses de xuño e xullo e producido por Ficción Producciones e Diagonal TV, TVG, Televisión de Catalunya, ICIC e Consellería de Cultura. A rodaxe levouse a cabo nas localidades de Quilmas, O Pindo, Corcubión e Dumbría. Dende a súa estrea, A Mariñeira ten remado e botado as redes en costas ben diversas.

O seu periplo inclúe diferentes pases así como un inminente percorrido por festivais internacionais de contidos de tv. Asemade, está prevista a súa participación en máis de 20 festivais. Para xa, está en proceso de selección en festivais de Houston, Canada e Suíza.

O telefilme, dirixido por Antón Dobao, está baseado nun relato literario de Darío Xohán Cabana titulado A Mariñeira de Quilmas que se basea en feitos reais, destinados quizais a se diluíren co paso das xeracións, e pertence ó proxecto Un mundo de historias, denominación que agrupa unha liña de traballo organizada arredor da translación a imaxes de obras da literatura galega.

fonte
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 06-03-2008 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Xogando con Mary

Outra foto, esta vez xogando, con esta persoa tan maravillosa.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 04-03-2008 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis

USUARIOS CONECTADOS