Iria Abelleira Castro


Blog persoal dunha pequena actriz.
Blog persoal dunha pequena actriz.




Get a Voki now!














O meu perfil
parrulo5@wanadoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Video da estrea
Comentarios (2) - Categoría: videos - Publicado o 28-02-2008 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Día intenso

Aínda que por motivos de traballo (afortunadamente) faltou a meirande parte dos actores, a proxección da "Mariñeira" en Cee foi un éxito rotundo.
As dúas salas na que se proxectou, estaban a tope e moita xente quedouse sin poder vela.
Quero agradecer ós amigos, compañeiros de clase e mestres do colexio "Eugenio López" que me arrouparan con tanto cariño nun día tan importante.

Saudar tamén a dous artistazos que si asistiron: Pepe Penabade e César Cambeiro.
Comentarios (5) - Categoría: Portada - Publicado o 28-02-2008 01:25
# Ligazón permanente a este artigo
´A mariñeira´ proxectarase nos Cines Xunqueira de Cee

O pase deste telefilme de Ficción Producciones e dirixido por Antón Dobao decorrerá o vindeiro mércores, 27 de febreiro, ás 20h30 nos Cines Xunqueira de Cee.
A mariñeira é un telefilme rodado durante os meses de xuño e xullo e producido por Ficción Producciones e Diagonal TV, TVG, Televisión de Catalunya, ICIC e Consellería de Cultura. A rodaxe levouse a cabo nas localidades de Quilmas, O Pindo, Corcubión e Dumbría.

O devandito telefilme, dirixido por Antón Dobao, está baseado nun relato literario de Darío Xohán Cabana titulado "A Mariñeira de Quilmas" que se basea en feitos reais, destinados quizais a se diluíren co paso das xeracións, e pertence ó proxecto Un mundo de historias, denominación que agrupa unha liña de traballo organizada arredor da translación a imaxes de obras da literatura galega.

Este ambicioso proxecto, creado e dirixido por Antón Dobao, comezou a súa andaina en 1999. Nun principio iniciouse como serie de televisión, en realidade como miniserie, pois constaba de sete episodios. A súa irrupción no panorama televisivo coincidiu cando o ente galego procedeu a apostar fortemente pola ficción televisiva.

Un proxecto de alto valor cultural que permitiu levar a un medio popular, como é a televisión, obras de insignes escritores galegos; Alfonso R. Castelao, X. L. Méndez Ferrín, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Eduardo Blanco Amor, Carlos Casares e Ramón Otero Pedrayo.
Comentarios (2) - Categoría: Portada - Publicado o 20-02-2008 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido

Unha foto que me fixo papá polo entroido.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 18-02-2008 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
O telefilme ´A mariñeira´, de Ficción Producciones representa na Feira do Libro de La Habana ao audiovisual galego

O vindeiro domingo 17 de febreiro ofrecerase no seo da Feira do Libro da Habana un pase de “A Mariñeira”, o telefilme que vén de estrear FICCIÓN PRODUCCIONES. Este pase enmarcarase no escaparate cultural que, como país convidado de honra, leva Galiza á illa de Cuba.
É a primeira vez que unha cultura sen Estado de seu é a convidada de honra na Habana, despois de que nos últimos anos México, Francia, Italia, Brasil, Alemaña ou Arxentina (no 2007) tivesen este privilexio. Unha histórica oportunidade de negocio e visibilización de Galiza en todo o mundo. Porén, a inclusión de “A Mariñeira” como unha das obras embaixadoras da cultura galega, é un motivo de satisfación para FICCIÓN PRODUCCIONES, amais dun orgullo que significa sabérmonos parte representativa do mellor audiovisual galego.
“A Mariñeira” é unha proba da boa liña que vén seguindo FICCIÓN PRODUCCIONES, unha liña dirixida cara o compromiso co bo facer audiovisual e os nosos valores culturais. Este telefilme, dirixido por Antón Dobao, está baseado nun relato literario de Darío Xohán Cabana titulado “A Mariñeira de Quilmas” que se basea en feitos reais, destinados quizais a se diluíren co paso das xeracións, e pertence ó proxecto Un mundo de historias, denominación que agrupa unha liña de traballo organizada arredor da translación a imaxes de obras da literatura galega.
Un proxecto de alto valor cultural que permitiu levar a un medio popular, como é a televisión, obras de insignes escritores galegos; Alfonso R. Castelao, X. L. Méndez Ferrín, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Eduardo Blanco Amor, Carlos Casares e Ramón Otero Pedrayo. A través d’A Mariñeira navegamos rumbo á época máis crúa do pasado histórico recente deste país: a Guerra Civil e primeiros anos de posguerra.
A Mariñeira é un telefilme que nos permite, por unha banda, ser testemuñas dos terrores do ano 1936 e seguintes e das ilusións frustradas de tanta xente ao estalar o golpe de Estado que orixinou a Guerra Civil, temas tan recorridos nos libros, fitos e desgrazas que todos, directa ou indirectamente, coñecemos. Por outra banda, introdúcenos nunha historia particular de aventuras, amor, inxustizas, guiada pola valentía dunha muller nunha vila mariñeira galega, en Carnota. Daquela, ten moito sentido que “A Mariñeira” se proxecte na Feira do Libro de La Habana.
Por unha banda, trátase, madía leva, dunha adaptación dun relato literario galego. Pola outra, trátase dun producto cultural de moi boa factura e ben significativo da nosa identidade, da nosa lingua, da nosa historia que, como lle acontece a Cuba, non é pouca.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 16-02-2008 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Paseando por Cee

Hoxe, ao salir da escola, dei un paseo cos meus pais polo recheo. Facía tempo que non salía pola semana. Xa se sabe, entre o frío e o lote de deberes...
A verdade é que facía sol e había moita xente, respirábase vida.
Comentarios (2) - Categoría: Portada - Publicado o 14-02-2008 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Camila

Camila, unha actriz grande e agarimosa. Que fácil traballar con mulleres como esta.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 12-02-2008 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Meu primo Juanma

Este antroido por fin puiden fotografialo.
É un dos culpables de que me apuntara ao casting da Mariñeira.
Él tamén actou na peli como "falanxista". Ademáis traballou na peli "o partido" e nalgún programa da televisión de Galicia.
Actualmente é locutor na radio local.
Polifacético Juanma.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 07-02-2008 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
Jujel, o google jallejo

Navegando pola rede atopeime con esta sorpresa.
Está moi ben. Ademáis, cada vez que actualizas aparece unha frase distinta e moi simpática.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 05-02-2008 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
Carnaval

Preferise dedicar este post á miña amiga María Vázquez cun Goya, pero como non puido ser subo unha foto deste entroido 2008.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 04-02-2008 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis

USUARIOS CONECTADOS