Iria Abelleira Castro


Blog persoal dunha pequena actriz.
Blog persoal dunha pequena actriz.




Get a Voki now!














O meu perfil
parrulo5@wanadoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Trailer
Comentarios (1) - Categoría: videos - Publicado o 07-01-2008 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Agradecida

Din que de ben nacido/a e ser agradecido/a.

Por ese motivo quero dar grazas a todos aqueles que me mostraron o seu apoio nos seus espazos web.

Moi ao principio Anxélica e Betanceiros adicáronme un espazo nos seus blogs, máis tarde aparecemos por chuza.org e logo nos xornais dixitais A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Vieiros, Lingua de Amor...

Sinceramente, este é un post mais para gardar que para compartir pero este blog paréceme un bo lugar para "memorizar".
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 03-01-2008 08:12
# Ligazón permanente a este artigo
Benvido 2008
Benvido 2008. Gustaríame que nos leváramos tan ben como me levei co teu antecesor, o 2007.
Con él cumprín dous soños: a miña primeira obra de teatro "Puchiña Vermella e o Lobo Cagón" na que eu era nin máis nin menos que o "lobo cagón" e a película "A Mariñeira" na que interpretei a Rosiña compaetindo traballo con xente como Camila Bossa, María Vázquez, Monti Castiñeiras, Antonio Durán "Morris", César Cambeiro, José Barato, Rojer Casamajor, Suso Lista...
E como non, con Antón Dobao (director), Suso Bello (cámara), etc...

Polo de pronto, amigo 2008, coido que empezamos ben, xa que temos unha nova obra de teatro, "non sen o meu teléfono móbil", unha sátira sobre a dependencia que temos todos de este pequeno aparello, ojalá siga a racha.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 01-01-2008 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Queridos Reises
Queridos Reises Magos. Este ano apeteceríame un Goya para miña amiga Patrocinio.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 27-12-2007 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Felices Festas
Comentarios (4) - Categoría: Portada - Publicado o 24-12-2007 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
As mulleres da resistencia


Un artigo do xornal Galicia-Hoxe adicado a Antón Dobao.



Dobao adaptará ‘O club da calceta’ de María Reimóndez
O lingüista e escritor lugués presentou ‘A Mariñeira’ no Principal, nun acto que contou co apoio do público


O club da calceta de María Reimóndez está xa na cabeza de Antón Dobao para súa próxima adaptación do proxecto "Un mundo de historias" que comezou en 1999. O mércores presentouse con éxito de público no Teatro Principal de Compostela A Mariñeira, un telefilme baseado nun conto de Darío Xohán Cabana e cun guión no que colaborou o tamén escritor Xavier Cordal. A longametraxe conta a historia de Rosa, Pandullo e a súa filla Rosa que viven en Quilmas (Carnota) até que estala a sublevación fascista de 1936.
Comentarios (4) - Categoría: Portada - Publicado o 23-12-2007 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
Contraportada Diario de Bergantiños
Grazas Manolo.
Comentarios (2) - Categoría: Portada - Publicado o 21-12-2007 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Peliculón

Entre a emoción de verme, por fin, nunha pantalla de cine; de reencontrarme con todo o equipo de seres fantásticos aos que nunca me cansarei de alagar e tras ver o resultado final dunha película que sen dúbida fará historia no cine galego, ocorreu o que tiña que ocorrer: que cando terminou a peli, non podía atopar a porta de saída porque as bágoas non me deixaban ver.
Vaia peliculón. Felicidades a todo o equipo.
Sr. Dobao, é vostede moi grande.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 20-12-2007 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Grazas





Quero agradecer ao diario "A Nosa Terra" o detallazo de considerar este blog como o seu blog do día.

Un millón de bicos e apertas.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 18-12-2007 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Se presenta el telefilme A Mariñeira basado en un relato literario de Darío Xohán Cabana
Esta Tv-movie está dirigida por Antón Dobao y producida por Ficción Producciones y Diagonal TV, TVG, TV3, ICIC y la Consellería de Cultura. Basado en hechos reales que el paso del tiempo difumina, el telefilme narra la historia de una familia marinera en los últimos días de la República.

Nota de prensa remitida por Ficción Producciones:

Durante os meses de Xuño e Xullo rodouse o telefilme “A Mariñeira”, producido por Ficción Producciones e Diagonal TV, TVG, Televisión de Catalunya, ICIC e Consellería de Cultura. Esta rodaxe levouse a cabo nas localidades de Quilmas, O Pindo, Corcubión e Dumbría.

Este telefilme, dirixido por Antón Dobao, está baseado nun relato literario de Darío Xohán Cabana titulado “A Mariñeira de Quilmas”que se basea en feitos reais, destinados quizais a se diluíren co paso das xeracións, e pertence ó proxecto Un mundo de historias, denominación que agrupa unha liña de traballo organizada arredor da translación a imaxes de obras da literatura galega.

Este ambicioso proxecto, creado e dirixido por Antón Dobao, comezou a súa andaina en 1999. Nun principio iniciouse como serie de televisión, en realidade como miniserie, pois constaba de sete episodios. A súa irrupción no panorama televisivo coincidiu cando o ente galego procedeu a apostar fortemente pola ficción televisiva.

Un proxecto de alto valor cultural que permitiu levar a un medio popular, como é a televisión, obras de insignes escritores galegos; Alfonso R. Castelao, X. L. Méndez Ferrín, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Eduardo Blanco Amor, Carlos Casares e Ramón Otero Pedrayo.

Rematada esta primeira fase, arrancou a segunda cun cambio de forma audiovisual propiciada, en boa medida, pola demanda dos produtos de televisión. Así, da miniserie pasouse a unha longametraxe para televisión, os telefilmes. No ano 2005 producíronse dous telefilmes, Pataghorobí e A biblioteca da iguana, baseados en relatos de Xosé Cid Cabido e Xosé Miranda respectivamente. Estas tres películas son as primeiras tv-movies rodadas integramente en galego e producidas por TVG e Ficción Producciones.

Mentres, no 2006 realizouse a adaptación da novela de Alfonso A. Cáccamo O bosque de Levas. Mais co relato d´A Mariñeira vaise un pouco máis lonxe… Este novo filme quere irromper no campo audiovisual galego cun doble obxectivo:

- profundar na relación entre un audiovisual que nace e o campo literario galego mediante a adaptación dos nosos textos literarios, de calquera xénero, e a incorporación aos equipos de guionistas dos nosos mellores escritores, .

- incitar á elaboración produtos en lingua galega; é dicir, conferirlle ao audiovisual galego a única marca de identidade singular.

A Mariñeira, polo tanto, é un proxecto audiovisual ambicioso no que se quere dar respostas a varios niveis diferentes; unha historia modelo para o presente, un afondamento na memoria dunha comunidade, unha recreación histórica, un retrato etnográfico sobre a conducta humana, unha reflexión sobre a propia representación audiovisual... Un ambicioso programa de preguntas que serán tecidas entorno a unha rede-nai. O telefilme resultante non escatima ningún elemento á hora de conseguir articularse coma unha proposta entretida para o espectador.

Este relato conta a historia de María, Pandullo e a súa filla Rosa, que viven pracidamente nunha vila da costa galega, Quilmas. Na compaña dos seus amigos Patrocinio e Modesto, agardan a chegada da súa segunda filla, Federica. O mar e a terra dispénsanlles o que precisan os seus corpos e a República, o Estatuto e os libros o que a súa alma devece. Nin no seu peor soño imaxinaban o que en poucos días ocorrería.

En xullo de 1936 as súas vidas mudan para sempre, os fascistas toman o poder e comezan a persecución de todo sospeitoso de desafección ao novo réxime. Algúns morren e outros escapan monte arriba, buscando no Pindo un lugar no que refuxiarse e vivir preto dos seus.

Tanto os que se botan ao monte como os que morren deixan as súas familias soas. As mulleres quedan obrigadas a se faceren cargo da casa, da familia e a procurar que non lles falte de nada aos seus homes. Este foi o caso da nosa protagonista, María, a mariñeira de Quilmas, que para saír adiante con Rosa e Federica, as súas fillas, loita contra a fame, a inxustiza e a opresión dos que se aproveitan das desgrazas alleas. Durante os anos da Guerra Civil e a Posguerra, María, a pesar da ausencia do Pandullo, o seu home, tratará de tirar para adiante, educar as súas fillas e loitar contra todo aquel que se interpoña no seu camiño.

A través d’A Mariñeira navegamos rumbo á época máis crúa do pasado histórico recente deste país: a Guerra Civil e primeiros anos de posguerra. A Mariñeira é un telefilme que nos permite, por unha banda, ser testemuñas dos terrores do ano 1936 e seguintes e das ilusións frustradas de tanta xente ao estalar o golpe de Estado que orixinou a Guerra Civil, temas tan recorridos nos libros, fitos e desgrazas que todos, directa ou indirectamente, coñecemos. Por outra banda, introdúcenos nunha historia particular de aventuras, amor, inxustizas, guiada pola valentía dunha muller nunha vila mariñeira galega, en Carnota. Concretamente na parroquia do Pindo, en Quilmas, entre a paisaxe rosada do seu monte e o mar inmenso, asistimos aos costumes da época e da zona.

Amais, este novo telefilme conta coa coprodución catalana de Diagonal Televisió e da Televisió de Catalunya. Asemade, esta participación catalana dáse tamén nos equipos técnico e artístico. Mediante un axeitado labor de coordinación a cargo de Ficción Producciones o piñeiral do tranquilo monte Pindo transformarase no niño de vésporas que foi outrora.

Con esta nova producción, que supuxo un investimento de perto de 670.000 euros, Ficción Producciones dá un paso máis na defensa e reivindicación dun audiovisual propio, de calidade e aberto ás novas influencias e tecnoloxías que a cotío chaman á porta do mundo audiovisual.

Ficción Producciones consolídase, xaquelogo, como unha produtora teimosamente comprometida con certos valores e certos ”bos faceres”; a custo moitas veces de asumir o risco que supón apostar por tendencias e formatos alternativos, experimentais e novidosos.

A súa última criatura, o telefilme “A mariñeira”, participa desa inxección de autoestima e competencia que precisa o, todavía emerxente, audiovisual galego.

EQUIPO TÉCNICO

Director do Proxecto Antón Dobao
Guionista Xavier Cordal e Antón Dobao
Produtora Delegada TVG Chusi Riveira
Produtor Executivo Julio Casal
Directora de Produción Mamen Quintas

DIRECCIÓN
Directores Antón Dobao
1º Axudante de Dirección Tania Rodríguez Pino
Script Sandra Serna
2º Axudante de Dirección Lorena Vilas
Auxiliar de Dirección Isabel Escrigas
Directora Reparto Mariana Carballal
PRODUCIÓN
1º Produción Toni Veiga
Axte. Produción Cristina Pestonit
Axte. Produción José Baños
Axte. Produción Lola Liñares
Auxiliar de Produción Saúl García
Auxiliar de Produción Carlos Rodríguez
Secretaria de Produción Lorena Martínez
FOTOGRAFÍA
Director de Fotografía Suso Bello Giz
Operador de Cámara Suso Bello Giz
Axudante de Cámara Ramiro Sabell
Auxiliar de Cámara David Flores
Combo Rubén Lázaro
Fotógrafo de Esceas Luis Otero
SON
Xefe Son Joan Riba Roque
Microfonista Meli Souto
Aux. Son José Cristobo
DIRECCIÓN DE ARTE
Directora Artística Curru Garabal
Axudante de Arte Ortiz
Rexedora Belem Brandido
Rexedor Molinos
Atrecista Rodaxe Julián Esteban
Axte Atrezzo Rodaxe Xocas
Avance Juan Mena
Axudante Avance David Del Rey "Fino"
Localizacións Belem Brandido
SASTRERÍA
Figurinista Ana López
Axudante Vestiario Ruth Díaz
Auxiliar Vestiario Mari Seoane
PERRUQUERÍA
Xefa de Perruquería Trini F. Silva
Reforzo Maquillaxe/Perruquería
MAQUILLAXE
Xefa de Maquillaxe Marta Prats
Reforzo Maquillaxe/Perruquería Óscar Aramburu
ILUMINACIÓN
Xefe de Electricos Roberto Quinteiro
Eléctrico Luís Neira
Eléctrico Jose Barreiro
Maquinista Sergio Abad
Grupista Luisma Iglesias
POSTPRODUCCIÓN
Montaxe Luis Faraón
Axudante de Montaxe Ruben Lázaro
Comentarios (2) - Categoría: Portada - Publicado o 14-12-2007 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis

USUARIOS CONECTADOS