Iria Abelleira Castro


Blog persoal dunha pequena actriz.
Blog persoal dunha pequena actriz.




Get a Voki now!














O meu perfil
parrulo5@wanadoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xuntanza Blogueira


11.30 Chegada á Praza do Concello de Agolada. Recepción con música do grupo de gaitas BICO DA BALOUTA e da CHARANGA INFANTIL DA BANDA.
12:00 NOS PENDELLOS:
Saúdo e benvida a cargo da Asociación.
Intervencións libres dos blogueiros. (Saúdo, autopresentación, motivacións relacionadas coa xuntanza, lectura de poemas, etc.). Haberá megafonía e unha tarima-palco.
Poñencia sobre a actualidade dos blogs a cargo dunha ou varias persoas con experiencia neste tema (aínda estamos facendo xestións ao respecto. Publicaremos os nomes en canto os teñamos).
Intervencións musicais de Bico da Balouta, Charanga Infantil e A Zanfonista
Viños e petiscos.
Visita guiada polo recinto de Os Pendellos (Espazo que conta coa distinción de Ben de Interese Cultural).
14:30 Xantar de confraternidade no restaurante Agolada (estrada de Melide).
Proxección multimedia durante os postres.
17:30 Desplazamento en autobús ata o Sobreiral do Arnego en Carmoega (11 Kms de autobús). Percorrido a pé polo Sobreiral (máximo 4 quilómetros), zona protexida pola Rede Natura 2000 e declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).
19:30 Regreso aos Pendellos onde haberá varias actuacións musicais intercaladas coas palabras dos blogueiros que teñan a ben intervir.
Actuarán: MARUXA de Fuxan os Ventos, acompañada ao piano por PABLO VÁZQUEZ, director da Coral Polifónica de Agolada.
A ZANFONISTA (blogueira que cursa zanfona no Conservatorio Folque de Lalín).
ALMUDENA VIDAL (Guitarra) e BLANCA BELLO (violín), ambas profesoras de música e intérpretes na Xove Orquestra de Galicia. (Pendentes de que nolo confirmen)
Por último, as despesdidas e deica o que cada un estime conveniente.

Programamos este acto: D’Agolada, As Beiras do Arnego, A Lareira de Santiso, A Chousa da Alcandra, Ao pé do Farelo e Aquam Latam (blogs de Agolada e das veciñas terras de Santiso e Antas de Ulla). E organiza a Asociación Amigos dos Pendellos.

Retocaremos este programa coas novidades e cos nomes dos poñentes. Poden ser leves variacións. A estrutura do programa será a que aquí se expresa.

Cada participante deberá aportar 20 €, que corresponden ao xantar e parte do autobús. O resto dos gastos corren a conta da Asociación Amigos dos Pendellos de Agolada.
É conveniente que os que desexen asistir o expresen primeiro nun comentario neste post, indicando o número de persoas que asisten. Posteriormente publicaremos o nº de conta bancaria da Asociación para que fagades o ingreso, sempre antes do 25 de maio, para poder reservar o número de comensais no restaurante (máximo 300) e autobús ou autobuses.

Tamén informaremos das comunicacións máis lóxicas de cara Agolada (insistimos en que é un pobo ben comunicado, con boas estradas de acceso nas catro direccións dos puntos cardinais, sen atascos, con espazo de sobra para aparcar, e coa tranquilidade propia dunha vila de interior).
Pregamos tamén que lle deades difusión ao acto.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 21-04-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Fisterra

Esta fin de semana fomos quitar fotos ó Refuxio de Verdes, perto de Coristanco, pero a luz non era moi boa e as fotos saíron sen moito brillo, teremos que volver outro día. O Domingo pola tarde fomos ata Fisterra e a verdade e que este pobo ten unha luz e unhas cores impresionantes.
Comentarios (4) - Categoría: Portada - Publicado o 21-04-2008 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Noraboa
Noraboa a Suso Bello e a Xosé Barato polos premios Mestre Mateo. Biquiños para os dous.
Comentarios (3) - Categoría: Portada - Publicado o 17-04-2008 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Focofijo

Outra da miña visita ás Fervenzas de Noveira. A ver si este fin de semana o tempo nos permite saír a quitar fotos.
Polo de pronto, decir que fixen unha morea de amigos en focofijo, unha páxina de afeccionados a fotografía donde se ven verdadeiras maravillas.
Comentarios (3) - Categoría: Portada - Publicado o 17-04-2008 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
Regatas
A foto quiteina eu. Je je.
Este fin de semana non saímos porque hai regata de bateis en Corcubión. Está ateigado de xente e estámolo a pasar xenial.
Esta foto é a proba da afección que lle estou a coller a fotografía. Non paro de encher tarxetas de memoria.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 13-04-2008 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
As fervenzas de Noveira

No concello de Mazaricos, moi preto dunha aldea chamada Arcos, atopámonos con esta fermosa fervenza que é onde, ao parecer, acostuman a bañarse polo verán, as xentes do lugar.
Comentarios (10) - Categoría: Portada - Publicado o 09-04-2008 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
10 aniños

Onte día 5 cumplín dez anos, a celebración foi o día antes cos amigos a saída do cole.
O día propio paseino con papá de excursión fotográfica; fomos ata Camariñas, visitámolo Cabo Vilán e o Cemiterio dos Ingleses onde papi explicoume a traxedia do buque "The Serpent".
Comentarios (5) - Categoría: Portada - Publicado o 06-04-2008 03:44
# Ligazón permanente a este artigo
Ruta fotográfica

Como esta semana é o meu cumpre, papá regaloume unha cámara de fotos para que o acompañe nas súas rutas fotográficas. Hoxe subimos ao miradoiro do Ézaro e logo fomos en busca dun salto de río moi bonito escondido no medio dun monte.
Outro día porei a foto dese bonito lugar.
Comentarios (2) - Categoría: Portada - Publicado o 03-04-2008 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Mar do Rostro

Un dos paseos que máis me gusta facer é polo Mar de Rostro en Fisterra. É impresionante estar sumerxido/a nun ambiente tan salvaxe como este, co perigo a escasos metros. Pechar os ollos e escoitar este mar é un dos espectáculos sonoros máis impactantes que coñezo.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 29-03-2008 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Con Lara

Outra foto da Mariñeira.
Lara i eu, as fillas de "María" (a Mariñeira de Quilmas).
Comentarios (0) - Categoría: Portada - Publicado o 27-03-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis

USUARIOS CONECTADOS