Iria Abelleira Castro


Blog persoal dunha pequena actriz.
Blog persoal dunha pequena actriz.




Get a Voki now!














O meu perfil
parrulo5@wanadoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xuntanza Blogueira


11.30 Chegada á Praza do Concello de Agolada. Recepción con música do grupo de gaitas BICO DA BALOUTA e da CHARANGA INFANTIL DA BANDA.
12:00 NOS PENDELLOS:
Saúdo e benvida a cargo da Asociación.
Intervencións libres dos blogueiros. (Saúdo, autopresentación, motivacións relacionadas coa xuntanza, lectura de poemas, etc.). Haberá megafonía e unha tarima-palco.
Poñencia sobre a actualidade dos blogs a cargo dunha ou varias persoas con experiencia neste tema (aínda estamos facendo xestións ao respecto. Publicaremos os nomes en canto os teñamos).
Intervencións musicais de Bico da Balouta, Charanga Infantil e A Zanfonista
Viños e petiscos.
Visita guiada polo recinto de Os Pendellos (Espazo que conta coa distinción de Ben de Interese Cultural).
14:30 Xantar de confraternidade no restaurante Agolada (estrada de Melide).
Proxección multimedia durante os postres.
17:30 Desplazamento en autobús ata o Sobreiral do Arnego en Carmoega (11 Kms de autobús). Percorrido a pé polo Sobreiral (máximo 4 quilómetros), zona protexida pola Rede Natura 2000 e declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).
19:30 Regreso aos Pendellos onde haberá varias actuacións musicais intercaladas coas palabras dos blogueiros que teñan a ben intervir.
Actuarán: MARUXA de Fuxan os Ventos, acompañada ao piano por PABLO VÁZQUEZ, director da Coral Polifónica de Agolada.
A ZANFONISTA (blogueira que cursa zanfona no Conservatorio Folque de Lalín).
ALMUDENA VIDAL (Guitarra) e BLANCA BELLO (violín), ambas profesoras de música e intérpretes na Xove Orquestra de Galicia. (Pendentes de que nolo confirmen)
Por último, as despesdidas e deica o que cada un estime conveniente.

Programamos este acto: D’Agolada, As Beiras do Arnego, A Lareira de Santiso, A Chousa da Alcandra, Ao pé do Farelo e Aquam Latam (blogs de Agolada e das veciñas terras de Santiso e Antas de Ulla). E organiza a Asociación Amigos dos Pendellos.

Retocaremos este programa coas novidades e cos nomes dos poñentes. Poden ser leves variacións. A estrutura do programa será a que aquí se expresa.

Cada participante deberá aportar 20 €, que corresponden ao xantar e parte do autobús. O resto dos gastos corren a conta da Asociación Amigos dos Pendellos de Agolada.
É conveniente que os que desexen asistir o expresen primeiro nun comentario neste post, indicando o número de persoas que asisten. Posteriormente publicaremos o nº de conta bancaria da Asociación para que fagades o ingreso, sempre antes do 25 de maio, para poder reservar o número de comensais no restaurante (máximo 300) e autobús ou autobuses.

Tamén informaremos das comunicacións máis lóxicas de cara Agolada (insistimos en que é un pobo ben comunicado, con boas estradas de acceso nas catro direccións dos puntos cardinais, sen atascos, con espazo de sobra para aparcar, e coa tranquilidade propia dunha vila de interior).
Pregamos tamén que lle deades difusión ao acto.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 21-04-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Excelle#blgtk08#nt post
Comentario por doudou ours Baby Keel arc en ciel (28-08-2013 10:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis

USUARIOS CONECTADOS