Iria Abelleira Castro


Blog persoal dunha pequena actriz.
Blog persoal dunha pequena actriz.




Get a Voki now!














O meu perfil
parrulo5@wanadoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Janei o macro-reto

Con esta foto ganei o concurso de fotografías macro na páxina de Foco-Fijo.
Comentarios (1) - Categoría: Portada - Publicado o 07-05-2008 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
premios "que te pique un pollo" e "brillante weblog"


Chegoume un correo de Cuspe de Pita dándome os premios "que te pique un pollo" e "brillante weblog"

Avísame que estes premios teñen as seguintes bases:

-Ó recibir o premio, hai que escribir unha entrada mostrando o mesmo e hai que citar o nome do blog ou web que cho regala e enlazalo ó post dese blog ou web que te nomea gañador.

-Elixir un mínimo se sete blogs (poden ser máis) que cres que brilan pola súa temática e / ou deseño. Escribir os nomes e os enlaces a eles e avisalos de que foron premiados co premio "Brillante Weblog" (deixarlles un comentario é unha boa opción).

-Opcional: Exhibir o premio con orgullo no teu blog facendo enlace ó post que ti escribes sobre el.

Vou abusar dos blogs que teño nos meus enlaces. Eso sí, todos eles co premiados co "brillante weblog".

Anxélica
pícara de Allegue
Miniaturas
Pai de Leo
Manel Vázquez
Suso Lista
Betanceiros
Comentarios (3) - Categoría: Portada - Publicado o 02-05-2008 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Autorretrato

Cando fomos a Verdes, en Coristanco, choveu a cántaros e tivemos que abrigarnos nun refuxio para pescadores que había alí. O lugar é paradisíaco, xa subirei algunha foto para poñervos os dentes longos ós que non estiverades alí.
Mentras nos abrigábamos meu pai ensinoume unha técnica que se pode utilizar na miña nikon, que é a de disparo retardado. Puxen a cámara enriba dunha mesa de pedra, pousei e agardei. Este foi o resultado.
Comentarios (3) - Categoría: Portada - Publicado o 24-04-2008 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xuntanza Blogueira


11.30 Chegada á Praza do Concello de Agolada. Recepción con música do grupo de gaitas BICO DA BALOUTA e da CHARANGA INFANTIL DA BANDA.
12:00 NOS PENDELLOS:
Saúdo e benvida a cargo da Asociación.
Intervencións libres dos blogueiros. (Saúdo, autopresentación, motivacións relacionadas coa xuntanza, lectura de poemas, etc.). Haberá megafonía e unha tarima-palco.
Poñencia sobre a actualidade dos blogs a cargo dunha ou varias persoas con experiencia neste tema (aínda estamos facendo xestións ao respecto. Publicaremos os nomes en canto os teñamos).
Intervencións musicais de Bico da Balouta, Charanga Infantil e A Zanfonista
Viños e petiscos.
Visita guiada polo recinto de Os Pendellos (Espazo que conta coa distinción de Ben de Interese Cultural).
14:30 Xantar de confraternidade no restaurante Agolada (estrada de Melide).
Proxección multimedia durante os postres.
17:30 Desplazamento en autobús ata o Sobreiral do Arnego en Carmoega (11 Kms de autobús). Percorrido a pé polo Sobreiral (máximo 4 quilómetros), zona protexida pola Rede Natura 2000 e declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).
19:30 Regreso aos Pendellos onde haberá varias actuacións musicais intercaladas coas palabras dos blogueiros que teñan a ben intervir.
Actuarán: MARUXA de Fuxan os Ventos, acompañada ao piano por PABLO VÁZQUEZ, director da Coral Polifónica de Agolada.
A ZANFONISTA (blogueira que cursa zanfona no Conservatorio Folque de Lalín).
ALMUDENA VIDAL (Guitarra) e BLANCA BELLO (violín), ambas profesoras de música e intérpretes na Xove Orquestra de Galicia. (Pendentes de que nolo confirmen)
Por último, as despesdidas e deica o que cada un estime conveniente.

Programamos este acto: D’Agolada, As Beiras do Arnego, A Lareira de Santiso, A Chousa da Alcandra, Ao pé do Farelo e Aquam Latam (blogs de Agolada e das veciñas terras de Santiso e Antas de Ulla). E organiza a Asociación Amigos dos Pendellos.

Retocaremos este programa coas novidades e cos nomes dos poñentes. Poden ser leves variacións. A estrutura do programa será a que aquí se expresa.

Cada participante deberá aportar 20 €, que corresponden ao xantar e parte do autobús. O resto dos gastos corren a conta da Asociación Amigos dos Pendellos de Agolada.
É conveniente que os que desexen asistir o expresen primeiro nun comentario neste post, indicando o número de persoas que asisten. Posteriormente publicaremos o nº de conta bancaria da Asociación para que fagades o ingreso, sempre antes do 25 de maio, para poder reservar o número de comensais no restaurante (máximo 300) e autobús ou autobuses.

Tamén informaremos das comunicacións máis lóxicas de cara Agolada (insistimos en que é un pobo ben comunicado, con boas estradas de acceso nas catro direccións dos puntos cardinais, sen atascos, con espazo de sobra para aparcar, e coa tranquilidade propia dunha vila de interior).
Pregamos tamén que lle deades difusión ao acto.
Comentarios (0) - Categoría: Portada - Publicado o 21-04-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fisterra

Esta fin de semana fomos quitar fotos ó Refuxio de Verdes, perto de Coristanco, pero a luz non era moi boa e as fotos saíron sen moito brillo, teremos que volver outro día. O Domingo pola tarde fomos ata Fisterra e a verdade e que este pobo ten unha luz e unhas cores impresionantes.
Comentarios (3) - Categoría: Portada - Publicado o 21-04-2008 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Noraboa
Noraboa a Suso Bello e a Xosé Barato polos premios Mestre Mateo. Biquiños para os dous.
Comentarios (2) - Categoría: Portada - Publicado o 17-04-2008 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Focofijo

Outra da miña visita ás Fervenzas de Noveira. A ver si este fin de semana o tempo nos permite saír a quitar fotos.
Polo de pronto, decir que fixen unha morea de amigos en focofijo, unha páxina de afeccionados a fotografía donde se ven verdadeiras maravillas.
Comentarios (2) - Categoría: Portada - Publicado o 17-04-2008 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Regatas
A foto quiteina eu. Je je.
Este fin de semana non saímos porque hai regata de bateis en Corcubión. Está ateigado de xente e estámolo a pasar xenial.
Esta foto é a proba da afección que lle estou a coller a fotografía. Non paro de encher tarxetas de memoria.
Comentarios (0) - Categoría: Portada - Publicado o 13-04-2008 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As fervenzas de Noveira

No concello de Mazaricos, moi preto dunha aldea chamada Arcos, atopámonos con esta fermosa fervenza que é onde, ao parecer, acostuman a bañarse polo verán, as xentes do lugar.
Comentarios (8) - Categoría: Portada - Publicado o 09-04-2008 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
10 aniños

Onte día 5 cumplín dez anos, a celebración foi o día antes cos amigos a saída do cole.
O día propio paseino con papá de excursión fotográfica; fomos ata Camariñas, visitámolo Cabo Vilán e o Cemiterio dos Ingleses onde papi explicoume a traxedia do buque "The Serpent".
Comentarios (3) - Categoría: Portada - Publicado o 06-04-2008 03:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis

USUARIOS CONECTADOS