Chegoume un correo de Cuspe de Pita dándome os premios "que te pique un pollo" e "brillante weblog"
Avísame que estes premios teñen as seguintes bases:
-Ó recibir o premio, hai que escribir unha entrada mostrando o mesmo e hai que citar o nome do blog ou web que cho regala e enlazalo ó post dese blog ou web que te nomea gañador.
-Elixir un mínimo se sete blogs (poden ser máis) que cres que brilan pola súa temática e / ou deseño. Escribir os nomes e os enlaces a eles e avisalos de que foron premiados co premio "Brillante Weblog" (deixarlles un comentario é unha boa opción).
-Opcional: Exhibir o premio con orgullo no teu blog facendo enlace ó post que ti escribes sobre el.
Vou abusar dos blogs que teño nos meus enlaces. Eso sí, todos eles co premiados co "brillante weblog".
Cando fomos a Verdes, en Coristanco, choveu a cántaros e tivemos que abrigarnos nun refuxio para pescadores que había alí. O lugar é paradisíaco, xa subirei algunha foto para poñervos os dentes longos ós que non estiverades alí.
Mentras nos abrigábamos meu pai ensinoume unha técnica que se pode utilizar na miña nikon, que é a de disparo retardado. Puxen a cámara enriba dunha mesa de pedra, pousei e agardei. Este foi o resultado.
11.30 Chegada á Praza do Concello de Agolada. Recepción con música do grupo de gaitas BICO DA BALOUTA e da CHARANGA INFANTIL DA BANDA.
12:00 NOS PENDELLOS:
Saúdo e benvida a cargo da Asociación.
Intervencións libres dos blogueiros. (Saúdo, autopresentación, motivacións relacionadas coa xuntanza, lectura de poemas, etc.). Haberá megafonía e unha tarima-palco.
Poñencia sobre a actualidade dos blogs a cargo dunha ou varias persoas con experiencia neste tema (aínda estamos facendo xestións ao respecto. Publicaremos os nomes en canto os teñamos).
Intervencións musicais de Bico da Balouta, Charanga Infantil e A Zanfonista
Viños e petiscos.
Visita guiada polo recinto de Os Pendellos (Espazo que conta coa distinción de Ben de Interese Cultural).
14:30 Xantar de confraternidade no restaurante Agolada (estrada de Melide).
Proxección multimedia durante os postres.
17:30 Desplazamento en autobús ata o Sobreiral do Arnego en Carmoega (11 Kms de autobús). Percorrido a pé polo Sobreiral (máximo 4 quilómetros), zona protexida pola Rede Natura 2000 e declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).
19:30 Regreso aos Pendellos onde haberá varias actuacións musicais intercaladas coas palabras dos blogueiros que teñan a ben intervir.
Actuarán: MARUXA de Fuxan os Ventos, acompañada ao piano por PABLO VÁZQUEZ, director da Coral Polifónica de Agolada.
A ZANFONISTA (blogueira que cursa zanfona no Conservatorio Folque de Lalín).
ALMUDENA VIDAL (Guitarra) e BLANCA BELLO (violín), ambas profesoras de música e intérpretes na Xove Orquestra de Galicia. (Pendentes de que nolo confirmen)
Por último, as despesdidas e deica o que cada un estime conveniente.
Programamos este acto: D’Agolada, As Beiras do Arnego, A Lareira de Santiso, A Chousa da Alcandra, Ao pé do Farelo e Aquam Latam (blogs de Agolada e das veciñas terras de Santiso e Antas de Ulla). E organiza a Asociación Amigos dos Pendellos.
Retocaremos este programa coas novidades e cos nomes dos poñentes. Poden ser leves variacións. A estrutura do programa será a que aquí se expresa.
Cada participante deberá aportar 20 €, que corresponden ao xantar e parte do autobús. O resto dos gastos corren a conta da Asociación Amigos dos Pendellos de Agolada.
É conveniente que os que desexen asistir o expresen primeiro nun comentario neste post, indicando o número de persoas que asisten. Posteriormente publicaremos o nº de conta bancaria da Asociación para que fagades o ingreso, sempre antes do 25 de maio, para poder reservar o número de comensais no restaurante (máximo 300) e autobús ou autobuses.
Tamén informaremos das comunicacións máis lóxicas de cara Agolada (insistimos en que é un pobo ben comunicado, con boas estradas de acceso nas catro direccións dos puntos cardinais, sen atascos, con espazo de sobra para aparcar, e coa tranquilidade propia dunha vila de interior).
Pregamos tamén que lle deades difusión ao acto.
Esta fin de semana fomos quitar fotos ó Refuxio de Verdes, perto de Coristanco, pero a luz non era moi boa e as fotos saíron sen moito brillo, teremos que volver outro día. O Domingo pola tarde fomos ata Fisterra e a verdade e que este pobo ten unha luz e unhas cores impresionantes.
Outra da miña visita ás Fervenzas de Noveira. A ver si este fin de semana o tempo nos permite saír a quitar fotos.
Polo de pronto, decir que fixen unha morea de amigos en focofijo, unha páxina de afeccionados a fotografía donde se ven verdadeiras maravillas.
Este fin de semana non saímos porque hai regata de bateis en Corcubión. Está ateigado de xente e estámolo a pasar xenial.
Esta foto é a proba da afección que lle estou a coller a fotografía. Non paro de encher tarxetas de memoria.
No concello de Mazaricos, moi preto dunha aldea chamada Arcos, atopámonos con esta fermosa fervenza que é onde, ao parecer, acostuman a bañarse polo verán, as xentes do lugar.
Onte día 5 cumplín dez anos, a celebración foi o día antes cos amigos a saída do cole.
O día propio paseino con papá de excursión fotográfica; fomos ata Camariñas, visitámolo Cabo Vilán e o Cemiterio dos Ingleses onde papi explicoume a traxedia do buque "The Serpent".