INSPÍRATE HO!


Os propios veciños de Teo retratan o seu Concello e de paso participan nun concurso

anuncios

anuncios


O meu perfil
concursoteo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

As bases do concurso (por se hai algún despistadill@)
Vou poñer aquí o acceso ás bases do concurso, por se hai persoas que non saben como participar.
Clicade aquí debaixo e accederedes ao apartado de novas da web da Rede de Dinamización en Teo. Veredes a nova que fala do concurso e xusto debaixo un enlace que vos levará ás bases.
Un saudete.
Bases do concurso de fotografía comentada
Comentarios (0) - Categoría: Falando do concurso - Publicado o 12-05-2008 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un blog para un concurso
Ola a todas, a que escribe estas letras é a dinamizadora da Rede de Dinamización no Concello de Teo. Chámome Marta Vázquez e traballo na Aula de Informática (que está no agora antigo edificio de correos). Son un enlace máis dunha cadea de dinamizadores tecnolóxicos que andamos pululando por Galicia. Todos xuntos formamos un gran proxecto que foi ideado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información(Departamento pertencente á Consellería de Innovación e Industria). A nosa función primordial é botarlle unha man, ou todo o brazo, se é necesario, a aquelas persoas que desexen mergullarse no mundo de internet, da informática e das novas tecnoloxías en xeral. As dinamizadoras e dinamizadores, levamos a cabo obradoiros de moi variada temática, actividades de difusión, e de vez en cando, algunha que outra iniciativa que pretendemos que sexa o máis interesante e orixinal posible.
Este blog, enmarca unha desdas iniciativas das que vos falo, que non é outra que o concurso de fotografía comentada "Inspírate co Galego". A través da fotoblogoteca (que tendes á esquerda) podedes ver as fotos que van chegando ao enderezo web do concurso.
Aos que enviastes xa as vosas fotos, moitas grazas por participar.
Lémbrolle aos demáis, que non se esquezan de xuntar un pequeno texto coa foto, xa que isto tamén se valorará no concurso. Digamos que conta o cincuenta por cento da valoración.
Comentarios (1) - Categoría: Falando do concurso - Publicado o 09-05-2008 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal