INSPÍRATE HO!


Os veciños de Teo retratan o seu Concello auladeinformatica@concellodeteo.com



Envía a túa foto e unha descripción a auladeinformatica@concellodeteo.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

NON SÓ FOTOS
para enriquecer máis a galería de "Inspírate co Pasado", podedes enviar por correo electrónico,(ou traer pola aula para escanear), ademáis das fotos, calquer outro documento velliño e nostálxico coma unhas notas do colexio ou do seminario , un carnet de conducir, unha cartilla de racionamento (éste último non sei se, en lugar de nostalxia, traerá malos recordos), certificados de boa conducta deses que facían os curas para os veciños e veciñas que querían emigrar (o meu avó aínda conserva o seu de cando foi a Venezuela), ou calquer outro que agora a min non se me ocorra pero a vos vos apeteza.
Ao mellor eses documentos vos inspiran máis historias e anécdotas que as simples fotos familiares ou de lugares, así que non agardedes máis e participade porque a tod@s os que nos encantan as imaxes e obxectos antigos volo imos agradecer un montón.
Comentarios (0) - Categoría: Sobre o que ides enviando - Publicado o 17-07-2008 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Verán fai 60 anos
A Ramallosa.  Xullo de 1948
Así era a Ramallosa polo 1948. O chan sen asfaltar era do máis común nas fotos da época. E parece que o novo edificio do Concello estaba sen construír e no seu lugar había un piñeiral.
Gracias Esther por traer a éste blog tan bo material!!
Comentarios (0) - Categoría: Sobre o que ides enviando - Publicado o 09-07-2008 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
INSPÍRATE CO PASADO
O Obxectivo da galería "Inspírate co pasado" é a recuperación de fotos que atopedes nalgunha caixa no faiado, nun álbum deses que teñen os avós e que protexen as instantaneas cunha fina folla branca, ou perdidas nalgún caixón.
As fotos poden estar tomadas en calquer parte da comarca de Santiago, pero se son do Concello de Teo moito mellor. Deben ir acompañadas da data e o lugar no que foron feitas, (se non a sabedes exactamente, poñede unha o máis orientada posible, e unha descripción ou explicación do que nela se mostra. Para enviar estas fotos antigas, deberedes previamente escanealas para convertilas en dixital. Se non tendes escáner non dubidedes en pasar pola Aula de Informática e farémolo aquí.
Os que prefirades facelo desde casa enviade as imaxes ao noso enderezo: auladeinformatica@concellodeteo.com, e poñede tamén o voso nome e apelidos e data de nacemento.
Poden ser retratos familiares, celebracións, realización de traballos do campo ou oficios.... o que queirades, (ou o que teñades)A ver se podemos compartir no presente e futuro a memoria do pasado.
Comentarios (0) - Categoría: Sobre o que ides enviando - Publicado o 04-06-2008 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal