AMES


wanted

coñécelos?????????????????
Comentarios (0) - Categoría: PROGRAMACIÓN - Publicado o 06-07-2007 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
programación do mes de maio

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA

DATAS: 2 ao 11
DURACIÓN: 10 horas
HORARIO: 22:00-22:00
luns, mércores e venres
DESTINARIOS: persoas maiores de idade
CONTIDOS: aprende a dar os teus primeiros pasos co ordenador

O GALEGO NA REDE


DATAS: 14,15 e 16 de maio
DURACIÓN: 4 horas e media
HORARIO: 20:00-21:30
DESTINARIOS:persoas maiores de idade
CONTIDOS: aprende a manexarte e comunicarte co teu ordenador 100% en galego

SOFWARE LIBRE E EN GALEGO

DATA: 18
HORARIO: 11:00
DESTINARIOS: alumnado de 4º da ESO
LUGAR: IES Ames
CONTIDOS: Charla sobre software libre e as posibilidades que ofrece ao galego

COMUNÍCATE:

DATAS: do 22 ao 31
DURACIÓN: 6 horas
HORARIO: de 20:00 a 22:00
martes e xoves
DESTINARIOS: persoas maiores de idade
CONTIDOS: aprende diversas formas de comunicarse e expresarse a través da rede
Comentarios (0) - Categoría: PROGRAMACIÓN - Publicado o 07-05-2007 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
DINAMITEIRA DA FALA

QUEDA POUCO MÁIS DUN MES PARA O 17 DE MAIO, DATA NA QUE ESTAMOS DE CELEBRACIÓN POR PARTIDA DOBRE, NA GALIZA, CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, E HOMENAXEANDO A MIÑA VICIÑA MARÍA MARIÑO, E NO MUNDO, CONMEMORANDO O DÍA MUNDIAL DE INTERNET E DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN.
AÍNDA QUE NUN COMEZO PUIDERA PARECER QUE NON HAI CONEXIÓNS ENTRE AS DÚAS CONMEMORACIÓN, A VERDADE É QUE TEÑEN BASTANTE EN COMÚN. GRAZAS ÁS FERRAMENTAS QUE OFRECE INTERNET E A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN ESTAMOS ACADANDO A NIVEL LINGUÍSTICO NOVOS ESPAZOS DE NORMALIZACIÓN PARA UNHA LINGUA QUE, POR DESGRAZA PARA MOITOS, CADA VEZ É EMPREGADA POR UN MENOR NÚMERO DE POBOACIÓN.
POR ISO, É DE AGRADECER A CANTIDADE DE INICIATIVAS QUE ESTÁN A XURDIR A TRAVÉS DA REDE PARA TRABALLAR POLA NOSA LINGUA, E POR CONSEGUINTE, POLA NOSA IDENTIDADE COMO POBO. A PESAR DOS ESFORZOS DO IMPERIALISMO POR ESNAQUIZAR A NOSA IDENTIDADE NACIONAL NOS SEGUIREMOS LOITANDO POLA NOSA LINGUA A TRAVÉS DAS CIBERTRINCHEIRAS.
Comentarios (2) - Categoría: ESPECIAL LINGUA: 17 DE MAIO - Publicado o 13-04-2007 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
17 de Maio

María Mariño Carou é unha figura singular no contexto da literatura galega pola obra, pola biografía, pola recepción. Vinte e sete anos separan a publicación do seu primeiro libro Palabra no Tempo da edición de Verba que comeza. Ao longo dese tempo creouse arredor desta escritora un veo de misterio, alimentado polo seu afastamento do mundo literario.

Naceu en Noia no ano 1907. Filla de Xosé María Mariño e Filomena Carou, era a cuarta de cinco irmáns. A súa infancia e xuventude nesta localidade están marcadas polas dificultades económicas da familia, uns anos -poucos- de escola e logo traballa como costureira polas casas. As amigas lémbrana como unha persoa estraña e solitaria. O traslado a Escarabote (Boiro), onde unha tía súa traballaba de cociñeira no Pazo de Goián, que tiña unha boa biblioteca, permítelle o acceso a algunhas lecturas. Ese descoñecemento da cultura libresca é un dos aspectos subliñados por Uxío Novoneyra, ao insistir na orixinalidade da súa escrita.

Casa en Boiro co mestre Roberto Posse Carballido e despois dun breve período tempo no País Vasco, onde morre o seu único fillo ao mes e medio de nacer, regresan a Galicia. Instálanse, por motivos de traballo, primeiro en Romeor do Courel e logo en Parada, a onde se trasladan por consello médico a causa da depresión nerviosa que sofre a escritora. Neste lugar pasará María Mariño o resto da súa vida, fai algunha viaxe a Noia e Monforte e as vacacións nos últimos anos na cidade da Coruña. No Courel coñece a Uxío Novoneyra, quen promove a publicación do seu primeiro libro. Palabra no Tempo edítase no ano 1963 na colección "Tesos Cumes" da editorial Celta. No prólogo Ramón Otero Pedrayo saúda a "revelación dunha intimidade impresionante do ego da escritora cas cousas, de un desvelamento e senso tráxico do ser do tempo na serra". María Mariño comezara a escribir seis anos antes, primeiro en castelán, logo en galego.

Sen apenas relacións no mundo literario, o illamento e a marxinalidade que caracterizou en moitas ocasións o labor creativo das mulleres condicionou a recepción da súa obra, mesmo chegou a suscitar nalgún momento dúbidas sobre a súa existencia e a autoría dos poemas. Creación singular no contexto da literatura galega, a escrita de María Mariño non obedece ás normas, a súa é unha poética crebada que tensa e racha a lingua á procura da voz que exprese ese "raro e valiosísimo mundo escuro" que, en palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín, constitúe a súa obra.

Habería que agardar 27 anos desde a publicación de Palabra no Tempo para que se dese a coñecer o seu segundo libro; unha edición promovida por Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos e publicada polo Concello de Noia. No volume Verba que comeza recóllese unha ampla mostra dos poemas escritos por María Mariño no último ano da súa vida, enferma xa de leucemia. Antes, de acordo cos datos facilitados por Uxío Novoneyra, escribira dúas obras en castelán que non se coñecen: "Los años pobres. Memoria de guerra e postguerra" e "Más allá del tiempo". No ano 1994 Edicións Xerais publica a Obra Completa.

Unha poética radicalmente intimista e unha linguaxe rupturista caracterizan, segundo Carme Blanco, estudosa da súa obra, a escrita de María Mariño. Unha personalidade literaria que se sitúa nas marxes do canónico no seu tempo. A súa figura suscitou e segue a suscitar interpretacións diversas. Unha mirada embazada durante moito tempo polo descoñecemento da súa vida e a desconfianza do proceso de escrita da súa obra.

Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Seoane do Courel.

Autora da biobibliografia: Ana Romaní
álbum de mulleres
Comentarios (0) - Categoría: ESPECIAL LINGUA: 17 DE MAIO - Publicado o 12-04-2007 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ALBAROQUE DA LINGUA 2007

Compañeiras e compañeiros da lingua!

Con motivo da véspera do 17 de maio, e porque si e nos peta e nos dá a gana, autoconvocámonos a unha GRAN CHURRASCADA POLA LINGUA (estofada), o ALBAROQUE DA LINGUA 2007, coa escusa de reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización, dramático de seu mais non tanto como para impedirnos un gran momento de encontro e catarse colectiva.

E por que unha cea? Porque hai que estar ben alimentad@s para enfrontarnos a todo o traballiño que temos por diante!

A xente da lingua –o ghallegho, o galego, o galego-portugués e, claro que si, o portugués– autoconvidámonos a unha xuntanza de confraternización.

Apuntádevos toda a XENTE DA LINGUA sen exclusión por razóns de idade, raza, opción ortográfica ou ideolóxica, discapacidade ou talento artístico: profes de academia, da pública ou da concertada ou da privada, sociolingüistas con título ou sen el, sociólog@s, técnic@s da normalización, psicolingüistas, ecolingüistas, artistas de toda caste comprometid@s coa lingua, xornalistas que aínda non se pasaron ao castelán, activistas sociolingüístic@s, cibernormalizador@s, mestres de a ferrado, veteran@s de guerra, guerrilleir@s en activo, estudantes e parad@s, neofalantes ou paleofalantes..., e, en fin, toda aquela xente ligada á normalización da lingua.

Unha comisión de festas –da que ti podes formar parte, se te pos en contacto a través do correo electrónico albaroquedalingua@yahoo.com– está a organizar a MACROCEA lúdico-festiva.

Temos o día –16 de maio– e o lugar: O Fogar do Santiso, en Luou, preto de Compostela.

Participa neste proceso!

Haberá buses de ida e volta desde Compostela, un espectáculo ao vivo inesquecíbel e moitas sorpresas! Se pensas nalgunha cousa máis, ponte en contacto connosco!

Dillo a colegas e a familiares, telefona vell@s amig@s, dálle ao ruxe-ruxe, que a MACROCEA vaia de boca en boca porque, como no Xabarín, temos que ser cen mil!
ALBAROQUE
Comentarios (0) - Categoría: ESPECIAL LINGUA: 17 DE MAIO - Publicado o 12-04-2007 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
un enlace con moitos enlaces en galego
No blog de Xaime (http://xaime.net) atopamos multitude de enlaces para conseguir que o noso ordenador fale en galego.
Xaime
Comentarios (1) - Categoría: ENLACES PARA DINAMIZADORES - Publicado o 10-04-2007 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
suxerencias para o día das letras galegas
extraída de aduaneiros sen fronteiras
17 DE MAIO



O 17 de Maio, Día das Letras Galegas é ademais o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, motivo polo que é convocado o "I Concurso de Iniciativas da Rede de Dinamización"

Darase un premio a mellor iniciativa que combine combine o galego e as novas tecnoloxías, en cada unha das seguintes categorías :
Empresa
Muller
Maiores
Xuventude
Discapacidade
Software Libre

Calquera dinamizador@ pode concorrer a estes premios presentando a súa proposta de iniciativa nunha das categorías anteriores. Estas iniciativas
poderanse realizar ao longo do mes de maio, e non existe ningunha restrición sobre a duración da mesma; pode ser un día -por exemplo, o día
17-, unha semán, todo o mes...

PREMIOS

O/A dinamizador@ gañador@ de cada unha das categorías recibirá un premio,así como tod@s @s participantes da iniciativa gañadora.

Por outra banda, tod@s @s participantes das Iniciativas desenvolvidas en toda a Rede, recibirán un pequeno agallaso.



ASÍ QUE XA SABEDES, SOBRETODO PARA A XENTE DE AMES, SE TENDES ALGUNHA SUXERENCIA PARA REALIZAR ACTIVIDADES PARA ESTAS DATAS DEIXADE UN COMENTARIO NESTE ARTIGO

UN SAÚDO


aduaneiros sen fronteiras
Comentarios (0) - Categoría: ESPECIAL LINGUA: 17 DE MAIO - Publicado o 10-04-2007 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ligazóns interesantísimas
Páxinas de Referencia para os Dinamizodores da Rede:


http://193.144.51.190/~lgares/dsi/
http://www.galiciadinamiza.net/foro/viewtopic.php?t=5
http://dinamizadorx.blogspot.com/
http://www.sociedadedainformacion.eu/

Enlaces interesantes para atopar ferramentas de alfabetización dixital:


http://fomento.telecentros.es
http://www.redconecta.net/intranet/dinamizadores/
http://dinamizacion.telecentros.es
http://www.eprinsa.es/servicios/guadalinfo/descargas.php
http://www.asturiastelecentros.com/index.asp?MP=47&MS=0
http://www.galiciadinamiza.net/foro/viewtopic.php?t=5
http://www.monografias.com/Computacion/index.shtml
http://www.aulaclic.es/internet/f_internet.htm

Enlaces interesantes para facer obradoiros con rapaces:


PÁXINAS DE XOGOS:

http://www.sesamo.com/index-es.html
http://www.edenorchicos.com.ar/
http://chaval.red.es
http://www.cativadas.com/ para nenos de 0 a 3 anos
http://www.vilalbadixital.net/nenos/?lg=gal
http://sapiens.ya.com/nbdorrio/recursos/ocio.htm

PÁXINAS EDUCATIVAS (SEMPRE LÚDICAS)

http://www.frosti.es/
http://www.poissonrouge.com/
http://www.educa.jcyl.es/
http://educalia.educared.net/edujsp/idioma.jsp
http://www.xtec.net/escola/tastam/
http://www.pequelandia.org/menudos/ para os máis pequenos
http://www.kokone.com.mx/ para os mais pequenos
http://www.pequenet.com/
http://petrumanualidades.iespana.es/ para facer manualidades
http://es.geocities.com/bricogenios/ bricolaxe para nenos
http://www.educared.edu.pe/estudiantes/manualidades/ páxina de manualidades
http://chaval.red.es
http://www.educ.ar/educar/docentes/software/
http://espanol.sbc.com/help/internet_safety/just_for_kids/game.html


Enlaces interesantes para atopar ferramentas e recursos en galego:


http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/acerca.php?idioma=1
http://www.imaxin.com/descargas.asp
http://www.maisinternetmaisgalego.org/
http://hoxe.vigo.org/movemonos/lingua1.php?lang=gal
http://www.ieschandomonte.edu.es/traducindote/
http://dubidaslgcas.blogspot.com/

Tutoriais Linux:


http://formacion.cnice.mec.es/materiales/43/cd/guia_alumno/guia_linux.htm
http://www.cdi.org.ar/index.php?sitio=Escuelas
http://www.gnuservers.com.ar/cursos/inicial/principiantes/principiantes.html
http://www.escomposlinux.org/grupos/principiantes.php
http://www.agnix.org/index.php?option=com_docman&Itemid=27
Comentarios (1) - Categoría: ENLACES PARA DINAMIZADORES - Publicado o 21-03-2007 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MÁIS INFORMACIÓN

Máis información:
telf. 981.88.40.85
correo:
informatica.bertamirans@concellodeames.org
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-03-2007 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PROGAMACIÓN DO MES DE ABRIL
XORNADAS INFANTÍS DE INTERNET
DATAS: 2, 3 e 4 de abril
DURACIÓN: 6 horas
HORARIO: de 17:00-19:00 h
N º DE PRAZAS: 15
DESTINATARIOS: nen@s de 7 a 14 anos
CONTIDOS: como sacarlle o máximo
partido á rede dun xeito seguro para os
máis pequenos.

QUE É O CERTIFICADO DIXITAL??
DATAS: 10 abril
DURACIÓN: 2 horas
HORARIO: de 20:00-22:00
N º DE PRAZAS: 15
DESTINATARIOS: maiores de idade
CONTIDOS: charla explicativa sobre o que
é o certificado dixital, para que serve e como
se tramita.

APRENDE A NAVEGAR POR INTERNET EN FAMILIA:
DATAS: do11 ao 20 de abril
DURACIÓN: 5 horas
HORARIO: de 19:00-20:00
luns, mércores e venres
N º DE PRAZAS: 14
DESTINATARIOS: en equipos de fillos e pais
(ou coidadores)
CONTIDOS: aprender a dar os primeiros
pasos pola rede traballando
en equipo pais/nais - fill@s.

OBRADOIRO DE BUSCA DE EMPREGO
DATAS: do 23 ao 30 de abril
DURACIÓN: 6 horas
HORARIO: de 20:00 a 21:30; luns, mércores e venres
N º DE PRAZAS: 15 prazas
DESTINATARIOS: demandantes de emprego
CONTIDOS: como elaborar o teu currículo, como
funcionan os portais de emprego, teleformación
e telemprego.


Máis información:
telf. 981.88.40.85
correo:
informatica.bertamirans@concellodeames.org
Comentarios (0) - Categoría: PROGRAMACIÓN - Publicado o 21-03-2007 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
REDE DE DINAMIZADORES
A Consellería de Innovación e Industria botou a andar a comezos deste ano a Rede de Dinamizadores da Sociedade da Información, formado por persoal capacitado para motivar a poboación no emprego das novas tecnoloxías da información e as comunicacións, e, especialmente, no uso da internet. Esta Rede está enmarcada no Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información 2007-2010, e para a súa posta en marcha asinouse, por parte da Consellería de Innovación e Industria un convenio de Colaboración con 100 entidades, entre as cales se atopa o Concello de Ames.

A finalidade primordial desta rede e contribuír a desenvolver proxectos de inclusión dos cidadáns e cidadás na Sociedade da Información, a dinamizar microempresas, a difundir as utilidades de internet nas zonas rurais e illadas e a detectar a necesidade de desenvolvemento de novos contidos e servizos.

O meu perfil
xiana.ames@dinamiza.sociedadedainformación.eu
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 DESTACADOS
 Ficheiro
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

DINAMIZADORA DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DO CONCELLO DE AMES
© by Abertal