Vigo - Imaxes da Memoria

Presentación
En conmemoración do 17 de Maio Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, nace "Vigo – Imaxes da memoria". Un espazo na Rede onde poder ollar e compartir as imaxes do pasado da cidade de Vigo.

Con esta iniciativa preténdese potenciar a conservación e recuperación do patrimonio histórico e cultural da nosa cidade, implicando a toda a cidadanía na lembranza colectiva de como eran as súas rúas e barrios fai algúns anos.

A idea de crear este Blog xurde coa intención de combinar tecnoloxía e tradición como mostra de que os avances tecnolóxicos non están reñidos coa conservación da cultura, da historia ou da nosa lingua. Internet pode ser unha ferramenta que nos axude a chegar a máis xente, a comunicarnos, e a mostrar ó mundo a riqueza cultural e histórica do noso pobo.

Por iso, todos aqueles que vivíchedes estes cambios ou que teñades algo que contar ou amosar, non perdades a oportunidade de participar neste espazo compartindo as vosas lembranzas, anécdotas e imaxes antigas da cidade de Vigo. Cantos máis sexamos, máis recunchos da historia da nosa cidade poderemos recuperar.

Pincha no menú na sección de PARTICIPA para informarte de como colaborar. Entre tod@s os que enviedes as vosas imaxes antes do 30 de maio, sortearemos unha serie de agasallos cedidos pola Consellería de Innovación e Industria.

Agora que xa sabes un pouquiño máis sobre o noso Blog, animámoste a ver as fotografías recibidas pinchando no menú na GALERÍA DE IMAXES