| O que vemos, o que pensamos, o que contamos... |
|

|
| ¿Quén fala? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| O ex-presidente de Italia pide que España recoñeza a Galiza, Euskadi e Catalunya! |
|
http://www.diarioiberico.com/actualidad/cossiga-insta-a-aplicar-en-espa%F1a-el-modelo-kosovo-19111.html
|
|
|
|
|
| ESPERTA!!! |
|
1- Galicia recibe los peores trenes en la reestructuración de Renfe. Un material ferroviario desfasado.
2- Desalojado un tren en Ourense tras incendiarse dos vagones.
3- El modelo de la Serie 4 que hoy entra en servicio entre Galicia y Cataluña no podrá circular por el futuro trazado de Zaragoza a Cataluña. Así impedirá ganar 90 minutos en la vía del AVE.
4- Los usuarios gallegos del ferrocarril tendrán que conformarse con viajar en trenes más confortables mientras los de las demás comunidades se benefician de la entrada en servicio de las nuevas líneas de alta velocidad
ASÍ NOS TRATA A NOSA QUERIDA ESPAÑA!!!
|
|
|
|
|
| Votantes do BNG pq non hai outro |
|
Estou decepcionado coa política que fixo o BNG ata agora en Galiza. Todo o ideario de nacionalista de esquerdas foi ao garete coa chegada de Quintana, pero... é o PSOE de esquerdas? pensades que IU vai cambiar a liña centralista da política estatal na que seguimos estando no vagón de cola? Hai un século o ferrocarril chegou coma con 30 anos de retraso respecto ao resto de España. Un século despois o AVE chegara co mesmo retraso. Seguimos igual que hai cen anos!!! nin república, nin franquismo, nin PSOE, nin PP.
O voto útil para min é o BNG, aínda que teña que facer de tripas corazón. Xa é hora de que en España se enteren de que os galegos estamos aquí. Si, nun recuncho, pero queremos facer barullo, queremos que nos escoiten. |
|
|
|
|
| Cultura galega en Catalunya |
|
En Rede.cat entendemos que a cultura é unha parte viva de nós mesmos que depende máis da vontade que da herdanza de cada un. Somos persoas que nos identificamos coas culturas galega e catalá, á marxe do noso lugar de nacemento. E isto é ante todo o resultado dunha adhesión libre e consciente, máis ca unha imposición por motivos de orixe ou residencia. Por iso a sociedade que Rede.cat defende é unha sociedade intercultural e dinámica, unha sociedade aberta ao intercambio de ideas e de formas de crear o mundo. E coidamos que ese intercambio só se pode dar verdadeiramente en igualdade cando os dereitos cidadáns se universalizan, a xustiza social é unha práctica e non unha declaración de intencións , e existe unha aceptación indiscutida da realidade dos outros.
Rede.cat cumpre un ano de traballo e de achega das culturas galega e catalá, e segue adiante coa vontade de consolidar un proxecto innovador e aberto. Presentamos agora a Axenda Cultural Galega de Catalunya para o ano 2007-2008. A Axenda contén todos os actos que, ao longo dese tempo, realizarán as diversas entidades que forman Rede.cat, así como os que organiza a propia Rede de maneira unitaria: teatro, música, pensamento, arte, literatura, educación, cultura de rúa...
Rede.cat: a rede da cultura contemporánea galega de Catalunya.
ACTO PRESENTACIÓN AXENDA CULTURAL 2008
19:30 h. Presentación de Rede.cat.
19:40 h. Proxección audiovisual Axenda Cultural Galega 2006-2007.
20:05 h. Crónica da Axenda Cultural Galega 2006-2007. A cargo do Sr. Lito Caramés Bouzán, Profesor de Cienciais Sociais e Lingua e Cultura Galegas.
20:20 h. Presentación Axenda Cultural Galega 2007-2008. A cargo do Sr. Xose Mari Sancho, membro de Rede.cat e do Colectivo SonGaliza.
20:30 h. Peche do acto a cargo de:
Sr. Ramon Fontdevila i Subirana. Director do Centre de Promoció de la Cultura Popular i Tradicional Catalana do Departament de Cultura i Mitjans de Comunicació. Generalitat de Catalunya.
Sra. María López Escudeiro. Delegada Provincial de Cultura de
Pontevedra da Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia.
|
|
|
|
|
| Manifestación - ¡¡¡PÁSAO!!! |
|
La nómina de mi padre (Artículo de Forges en El País)'La nómina de mi padre en diciembre de 1979 era de 38.000 pesetas. Él trabajaba como peón en una obra. En ese mismo momento le ofrecieron comprar una casa. Le pedían un total de 500.000 pesetas por ella. Decidió no arriesgar y continuar viviendo en régimen de alquiler, en unas condiciones muy buenas. Se trataba de una casa modesta pero muy bien ubicada, en pleno centro de un pueblo cercano a Barcelona. A los pocos meses mi padre y mi madre compraron un terreno en otro pueblo de la misma provincia y en menos de cinco años de esfuerzo ya habían levantado y pagado una vivienda de 120m2. Han pasado 27 años. En 2006 y en el mismo pueblo donde viven, un piso modesto de 75m2 a las afueras no se encuentra por menos de 35 millones de pesetas, y estoy siendo muy generoso.En el año 1979 el coste de un piso era del orden de 14 mensualidades de un peón de obra 38.000 pts/mes x 14 meses = 532.000pts. El sueldo en 2006 de un universitario recién titulado en ingeniería informática sin experiencia profesional no llega a las 200.000 pesetas mensuales. En el año 2006 una vivienda modesta cuesta 175 mensualidades (14 anualidades!!!!) de un ingeniero informático.200.000 pts/mes x 175 meses=35.000.000 pts.
Por todo isto: Macro Manifestación
DOMINGO 23 DECEMBRO 2007 : 17 HORAS!!!
Lista de cidades:
Alicante: Plaza de los Luceros
Madrid: Puerta del Sol
Huesca: Plaza Navarra
Girona: Plaça de correus DEVESA
Barcelona: Plaça Catalunya
Zaragoza: Plaza del Pilar
Salamanca: Plaza Mayor
Valladolid: Plaza Mayor
Iruña: Plaza del Castillo
Vigo: Porta do Sol
Elche: Plaça Baix
Collado Villalba (Madrid): Plaza del Ayuntamiento
A Coruña: Plaza de Maria Pita
Santiago de Compostela: Plaza del Obradoiro
Toledo: Plaza de Zocodover
Córdoba: Plaza de las Tendillas
Palencia: Plaza Mayor
León: Plaza de San Marcelo
Lugo: Parque Rosalí de Castro
Bilbo: Plaza del Teatro Arriaga.
Granada: Fuente de las Batallas
Badajoz: Plaza de San Francisco
Málaga: Plaza de la Constitución
Sevilla: Plaza Nueva
Valencia: Plaza de San Agustín
Albacete: Plaza del Altozano
Talavera de la Reina: PZ EL PAN
Santa Cruz de tenerife: Plaza Weyler
DONOSTIA: alderdi eder.
Vivero: Plaza Pastor Díaz
Ourense: Parque San Lazaro en frente del Gobierno
|
|
|
|
|
| A Igrexa pide perdón |
|
Tivemos que agardar 32 anos pero finalmente a igrexa española pediu perdón polo seu apoio ao franquismo. En palabras do presidente da conferencia episcopal, o señor Blazquez, "ante actuaciones concretas, en el decenio de los treinta y sin erigirnos orgullosamente en jueces de los demás, debemos pedir perdón y reorientarnos". Ben seguro que unha boa parte da igrexa está a botar pestes contra Blázquez, comezando polo señor Rouco que non hai moito afirmaba que non tiña motivos para pedir perdón.
Xestos como este honran a calquera, e a igrexa non é menos.
Parabéns á igrexa.
|
|
|
|
|
| Xa nos chegou de sangue azul!!! |
|
 Grazas a http://www.aep.cat pola imaxe. |
|
|
|
|
| Chávez vs Rei |
|
Cando vin o suceso na TV quedei abraiado. Por un intre pensei, isto parece "Crónicas Marcianas". Por unha banda o venezolano. Sabemos que tentou un golpe de Estado e que despois foi elixido democráticamente. Hoxe, pretende perpetuarse no poder, ficar como xefe de Estado vitalicio. Pola outra banda o Rei de España. Tamén sabemos que foi nomeado por Franco como o noso Xefe de Estado e aceptado pola cidadanía española na constitución do ano 1978. A día de hoxe, tamén está perpetuado no poder, será xefe do estado español ata a súa morte.
Ningún dos dous merece que se xustifiquen as súas verbas, ningún dos dous estivo a altura. Dúas personalidades que hoxe están fóra de sitio, un monarca florero fronte a un político camiño da instauración dun réxime totalitario. Señores estamos no século XXI, neste século non tedes cabida, nin Juan Carlos, nin Hugo. Polo ben da sociedade mundial, polo ben da democracia, podedes marchar e deixarnos tranquilos? Grazas. |
|
|
|
|
| Pódese mentir máis? |
|
Galicia Bilingüe presentouse en Ourense. Non é a miña intención darlle publicidade a este tipo de actos pois penso que vai no seu favor. Sen embargo, vendo as declaracións da súa presidenta Gloria Lago, igual é mellor que as leades, falan por si mesmas da hipocresía coa que se manifesta esta señora:
1) "A nova lei obriga aos escolares a aprender un idioma que non é o seu"
- si, si, refírese a que a lei obriga aos escolares a aprender o galego, que non é o seu idioma.
2) "é unha barbaridade" porque "en todos os países do mundo" faise un "esforzo", porque os cativos "aprendan a súa lingua materna.
- Curiosa posición. Ata agora a señora non protestou pois como todas as clases eran en castelán e os seus fillos serán castelán-falantes... os galego-falantes non deben contar na afirmación.
3) "o mesmo recoñecemento de facto por parte da administración".
- cousa imposible co actual estatuto por certo, que afirma que o goberno galego debe favorecer o uso da lingua galega a través das administracións e institucións. Que cambie esta señora o estatuto se quere...
En fin, xulguen vostedes mesmos. |
|
|
|
|
| Os emigrantes votarán |
|
O debate sobre o voto emigrante volve á actualidade. Touriño afirma que os netos de galegos en Arxentina poderán votar nas vindeiras eleccións. De novo atoparemos a enorme contradición das últimas municipais. Os emigrantes decidirán os alcaldes nos Concellos que teñan un censo maior no exterior que en Galiza. En moitos casos, xentes que nunca pisaron esta terra terán a oportunidade de decidir o futuro dunha vila, xentes que seguramente non saben situar a Galiza no mapa.
A iniciativa de Touriño é do máis electoralista que existe. O BNG posicionouse en contra, ariscando en gran medida o futuro do seu apoio exterior. Con total seguridade os emigrantes terán a oportunidade de votar, pensades que algún terá intención de votar o BNG? a posición adoptada polo BNG é ante todo valente, defendendo o que eles sempre defenderon, os votantes teñen que residir en Galiza.
O opinión do PPdeG non podía ser outra. Crítica á constitución da nova institución, o Consello de Galiza no exterior, porque está preto da sede do PSOE. Xustamente o único punto que me parece unha boa medida, unha institución que velará polo patrimonio galego fóra das nosas fronteiras, Un patrimonio que non debemos perder, pinturas de Luis Seoane, libros de Castelao e toda unha produción literaria e artística que os galegos deixaron froito tanto da emigración coma do exilio.
Lóxicamente o Partido Popular non pode facer unha crítica no senso que a fixo o BNG despois do que fixeron nos anos que estiveron gobernando.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|