Unha imaxe vale mais ca mil palabras


Un blog no que criticaremos todo o que nos pareza que se está facendo mal.
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego





imaxe
imaxe@live.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 blogalego
 ARQUIVO

ata pronto!!!!
Ben primeiro dicirvos que quixen que este último artigo de imaxe estivese centrado en vos , porque sen vos este blog non podería ser posible(típico discurso que nos din todos ao empezar ou rematar algo,pero esta vez é certo senón segue lendo):


caen as "barreras" para a lingua galega

Boa información.
Por certo, prontiño actualizarei con un texto meu éste blog. Non acougues.
Coidate.
Comentario por Galiceiro (15-07-2008 22:58)

Chega a volta ao cole

Ola Imaxe. Non está mal a idea do blog, si señor!! Pero dígoche unha cousa: hai que traballa-lo. Dádelle lume e que todo o mundo se entere de como son as cousas realmente. Veña, a darlle vidilla!!!
Comentario por Edu (03-09-2008 12:15)

O cambio na tvg e a tvg2

Si en algo tes razón é que en este país temos o que nos merecemos, pero respecto a TVG, eu penso que xa se parece máis a unha televisión seria (aínda serve ós intereses dos que governan pero por sorte non chega nin de lonxe ós niveis da Telemadrid), na que non ai programas de famoseo nin de cotilleo salvaxe, e en cambio moitos programas de cultura (como o Alalá, por exemplo).
A TVG non é unha maravilla pero xa non é a Telegaita, non?

Ah, por certo, digoche o de traballar duro pq esto dos blogs require traballo: só hai que darse unha volta polo listado de blogs da blogoteca para ver que moita xente empeza un blog, fai dous artigos e logo... ahí queda a cousa. É dicir, que hai que ter unha certa constancia... e traballa-lo un pouco... nada máis. Así que... dalle lume!!
Comentario por Edu (04-09-2008 01:38)

imaxe contra monda-riz

Se rachamos mesmo a aparente tranquilidade da lingua non vai se só para recibirmos puñadas nós.
Acabou a paz.
Comentario por turonio (09-09-2008 19:51)

O galego no móbil(xa non é ciencia ficción)

http://www.youtube.com/watch?v=b7jZBgzHtlI
Eso costa crelo... Mira o vídeo deste enlace e cerca do final verás por qué me estraña...
Comentario por araña (19-09-2008 20:43)

Estes son os vosos comentarios ao respecto en imaxe.Eu quixen que este fose un blog onde a xente me mostrase os seus puntos de vista sobre diferentes temas, a verdade e que non cumprín o obxetivo marcado ,aínda que algúns axudastes a cumprilo ou polo menos que tivese un mínimo de esperanza.

Por iso por vos e porque me retiro(que salvaxe quedou iso....que non non é culpa vosa)últimamente xa non atopo tempo para actualizar o blog por iso prefiro pechalo oficialmente.

Saudos a todos os que leron ou participaron en imaxe

Se queredes podedes comentar e dicir que vos parece a nova e que vos pareceu o blog.Ata outra

Por certo agora vou poñer o primeiro comentario de todos e o que mais me gustou non vos celedes:

cambia este amarillo do lateral, porfa, fai daño á vista

;-)
Comentario por ana (05-06-2008 12:54)

Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2008 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
hoxe as 18:00h
hoxe 4 de outubro as 18:00 último artigo de imaxe!!!.Últimamente non podemos actualizar este blog polo que retiramonos.Se estas chorando seca as bagoas que pos a pantalla perdida!!!
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2008 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Por onde lles da
Ben hai uns días lin esta nova en a nosa terra.

Tratase de pais que intentan abrir un colexio no país veciño para escolarizar aos seus nenos só en castelán onde non chega o decreto da Xunta.

E eu preguntome é tan grave o caso como para que queiran ir ensinar aos seus fillos o español noutro país(pero como me pregunto iso se é certo é gravisimo é mais grave ca botarlle azucre a un iogur de sabores) ou e que os pais son uns fanáticos da patria(española) e pintan o seu coche de vermello e amarelo,teñen na súa casa un cadro de franco outro do rei( que non é nada malo ehhh, que o rei e un tio de puta madre,por certo na praia debeuse queimar mais ca nas fotos que lle adicaron os nacionalistas)tápanlle os ollos aos nenos cando ven carteis en galego(neno non mires que se non o oculista vainos saír por un ollo da cara e despois so che queda outro),e dinlles cousas como neno dorme ou ven o galego e lévate....etc etc.Por favor iso é fanatismo e o demais non o é.
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-09-2008 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O galego no móbil(xa non é ciencia ficción)
A Xunta(a separada últimamente) asinará un acordo con cinco operadoras e cinco fabricantes de móbiles para que o galego estea presente nos móbiles.Os operadores R, Telefónica, Vodafone, Orange e Yoigo e os fabricantes Motorola, Nokia, Samsung, Sony-Ericsson e Alcatel.

leo en codigocero ou en vieiros

Só queda unha pregunta:é hoxe o día dos inocentes???
Comentario (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-09-2008 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
imaxe contra monda-riz
Ben pois facéndome eco(ecoooooo!!!!.....Ecooooo!!!!)dos blogs morrocantando(morro soñando...ehhh..ahh non non era así era vivo cantando...) e MadeinGaliza(que cada vez menos se fai en galicia e mais na china)acábome de enterar de que augas "monda"riz tamén se une a guerra de linguas(como fixo o Club Financeiro de Vigo ao que pertence esta empresa).Senón miren as súas declaracións:

«Nuestra empresa es orgullosamente gallega...

Deseamos afirmar que ni el ataque al gallego del pasado ni la imposición que se realiza en el presente lograrán resultados.

El poder de la libertad y la decisión de la gente son lo que ha permitido que el gallego -- (no mezclar ni confundir con el potugues) ---- sobreviva -

Como empresa si podemos afirmar que es verdad que las políticas actuales de IMPOSICION si afectan la contratación de "gente" de calidad de 30 a 40 años sobre todo con familia porque no "aceptan" la imposición de una lengua que no sea castellano para sus hijos.

Imponer es y seamos muy claros es decir: mínimo 50% en gallego y máximo 50% en castellano... esa modificación a la ley en educativa SI es un retroceso.

Se debería estar pensando en este mundo globalizado que para realmente entregar verdaderas oportunidades de FUTURO a las nuevas generaciones se debe de ofecer el INGLES como segunda lengua...

Toda la literatura de cualquier ciencia o carrera está en inglés, hasta los chinos para comunicarse con el mundo lo utilizan

No guste los USA o no es algo independiente, hoy día, el inglés y el español son las 2 lenguas que PERMITEN la universalidad...y eso no está reñido con disfrutar el gallego.. pero sin imposición.

Somos una empresa que exporta a 30 países y que ESTA COLOCANDO LA IMAGEN DE UNA GALICIA; ESPAÑA a una altura que supera a marcas de prestigio y presencia internacional en comunicación, tecnología y creatividad.

Orgullosamente gallegos, deseamos proyectar y representar en todos nuestros contenidos la bellleza, la riqueza y la magia de Galicia al MUNDO:

Decidimos y encontramos que en inglés y español podemos llegar a todo el planeta . Con estos 2 idiomas podemos comunicarnos con todos los distribuidores y consumidores de la marca Mondariz.

El comic de www.kidsmondariz.com, está realizado con personajes CREADOS EXPROFESO representando a los animales típicos de galicia: liebre, halcón peregrino, jabali, lagartija, murciélago y libélula) típicos del Río de Tea que rodea Mondariz Balneario.

Es nuestro deseo dar a conocer internacionalmente Galicia, pero lo tenemos que hacer en el idioma internacional por excelencia: el inglés.

Mondariz debe ser reconocida no solo como la mejor agua de Galicia sino como una de las mejores del mundo, porque es una verdad y el prestigio y liderazgo en calidad y conceptos la avalan desde 1873..

Todo este nuevo concepto nos permite exportar y crear nuevas fuentes de trabajo, en áreas de producción, comerciales y de distribución, tan necesarias para los jóvenes gallegos que intentan incorporarse a la sociedad del trabajo y que por no encontrarlas en Galicia tienen que salir a buscarlas a otras comunidades e incluso a otros países, ya ni hablar de "importar" /de otras provoncias o del extranjero), personal cualificado, porque que no desean instalarse en Galicia, por las restricciones que se está provocando con el leguaje en el caso de españoles y peor para el de extranjeros que no encuentran por lo menos el idioma inglés como lo que debería ser el SEGUNDO idioma que sería algo que REALMENTE permitiría progresar a nuestra juventud gallega....

Por supuesto que vamos a "patrocinar y apoyar" la cultura gallega organizando eventos de literatura, teatro,música, etc,con la finalidad de promover el galego como una fuente de riqueza cultural, magia inspiracional y de melodía poética.

Ni la posición en contra de hablar gallego del pasado, ni la imposición del presente contribuyen en nada a conservar el bellísimo idioma del galego"..

La tradición y la propia gente es lo que lo ha preservado y preservará esta mágica y hermosa lengua..

Pero tenemos que ser también prácticos y entender que formamos parte de un país que se llama España y que el idioma castellano llena las necesidades de comunicación de una parte muy importante de nuestros consumidores, América Latina, por ejemplo.

Por eso nuestra comunicación internacional, en este mundo globalizado, se decidió que tenía que ser español e inglés.

Despois destas palabras só me queda dicir:pero como vamos a beber esta auga se está pensada para un mundo global para todos menos os da súa orixe???.Para nada vou beber isto antes prefiro beber auga do mar(polo menos é salgada,e de mineralización forte).Ala que se queden coa súa auga que para nos corren rios de esperanza.
Comentario (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-09-2008 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
vacacións quen non as recorda!!!
Hoxe vouvos falar das vacacións(si para que vos fodades...).Tódolos anos esperamos con ansiedade as vacacións, para ir a praia(para ver tías ou tíos nela e alegrar así a vista),ir a montaña (porque alí somos un pouco mais altos),ir de cámping(ou de monting), ir a aldea(e interactuar co sacho e cas leiras),ir as festas gastronómicas (e comer ata rebentar , e se queda algo a ver se o podo levar para casa),ir ao estranxeiro(e falar ese inglés que tanto practicamos cos aparellos electrónicos, e dicir "play" e pouco mais.)etc etc

Estas son as vacacións típicas de tódolos galegos e do resto da xente, esas vacacións tan especias onde coñecemos o rollo de verán( que o comemos e saboreamos e algúns repiten).Esas vacación nas que os nenos fan castelos de area,buracos ,enterran a compañeiros,buscan animais(e de tanto buscar sempre lle aparece un recordo dunha faneca nun pé).Na montaña esquiamos pola terra non vemos nada branco (e preguntámonos será o cambio climático ou a crise???).Nos cámpings sempre ollamos para as demais tendas( e preguntámonos como carallo se montara isto????),coa tenda montada xa nos sentimos coma o macho ibérico ou como o oso das cavernas.Nas festas gastronómicas (non levantamos os ollos do prato a non ser para repetir).No estranxeiro inventámonos palabras ou falamoslles coma os indios para que nos entendan e se nos responden algo en inglés dicimos "yes" "yes" e tan panchos.
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-09-2008 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O blog imaxe tamén agora en wordpress
Non non te preocupes que non nos vamos de aquí só abrimos unha páxina en wordpress para que poidades lernos onde vos pareza mellor.

Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2008 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O cambio na tvg e a tvg2
Ben hoxe vou falar de algo que preocupa a tódolos galegos(menos ó que está na lúa, a menos que lle chegue o sinal por satélite).Este tema é o cambio que sufriu a TVG e a segunda canle que aínda non está preparada(parece que vai chegar cando chegue o AVE e as Olimpiadas a Santiago de Compostela,IMAXinadevos compostela 2100)

Primeiro vou falar do cambio da TVG que ao parecer non foi moito(ao pricipio puxeronos esa G de gaita de galicia e de gilipollas,porque claro nos cremos o que nos contaron)pero co paso dos anos puidemos ver que a TVG segue a ser a mesma.As novelas(e aínda por riba mal dobradas e coas mesmas voces todas) ,o tipico programa de tarde(acompañenos que agora ten corazón, a ver se lle pega un infarto!!!)series de cando se extinguiron os dinosauros(aínda non se sabe se se extinguiron por ver a galega)etc etc.Alguén ainda pensa que cambiou a TVG???

Agora da segunda canle( sobre iso xa deron unha reportaxe en cuarto milenio,todo un misterio!!!)que estará lista para outubro (de que ano ??? a ver se con sorte a poñen a funcionar os marcianos.Ben seguro que se necesita intelixencia superior polo que se ve).E dos contidos que terá esta canle alguén sabe algo???,primeiro ian ser xuvenis, logo culturais (e logo non van ser)


Isto quedará para a historia e senón xa revisaredes os libros dos vosos netos(teran unha asignatura que se chamará TVGloxía,para entender como se pode cometer tantos erros ao facer unha canle de tv )

Comentario (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2008 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Chega a volta ao cole
Chegou setembro e con el chegan o síndromes postvacacional,a escola,as series á tv,a xente as casas....poderíase dicir que en setembro chega todo,bon todo menos a inflación que nin descansa nas vacacións.

A volta a escola ou colexio é o que mais traumatiza aos nenos porque hai o típico abusón . Neste caso é o galego, que lles dificulta aprendizaxe ,pasa con eles a metade ou mais de clases,rouballes o bocadillo, ameázaos etc etc .Si si non se sorprenda ,iso pasa en calquera colexio bilingüe(castelán galego) de Galicia segundo proclaman algúns os catro ventos.Asi que teña moito coidado e meta ao seu fillo nun colexio monolingüe en castelán .Xa está ben de que os rapaces chegen con feridas a casa e veñan sempre chorando por culpa do galego.

Manancial:"Manifiesto por la lengua rota edición 1936"

Comentario (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2008 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
chegan novos colaboradores
En setembro chegan a imaxe novas colaboracións que darán moito que falar e que comentar.Dous novos colaboradores uniranse a imaxe e tratarán de facerche chegar as noticias manipuladas(polo menos nos decimoscho á cara...bon,a pantalla)e en galego(se as prefires en castelán traduceas,home o que nos faltaba non cho imos dar todo feito!!!.Para que vexades que dende IMAXE fomentamos o traballo e de paso nós temos menos)

Podes opinar sobre imaxe sobre algo que queiras que se engada se quite...etc(outra cousa e que che fagamos caso)


Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-08-2008 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Turistas listos????
Queridos imaxinativos non ,imaxinistas tampouco ....emmm...lectores de imaxe acabo de ler unha noticia que dará moito que comentar(ou iso espero ..ehhh???porque se estades vagos haberá que facer algo).Ben a noticia trata sobre unha enquisa feita a turistas(listos) que visitan galicia(ese territorio do "norwest" do que tódolos gobernos se esquecen e no que hai extensos e duradeiros Fragas)conclúe que aquí a existencia de lingua propia fai que Galicia sexa considerada por estes como:"un lugar especial non estandarizado"(y un país multicolor...) e que lle confire"unha sinatura particular"(como será a sinatura de galicia???).Estas declaracións chocan( e provocan varios mortos)coas declaracións feitas pola Mesa del turismo de madrid que afirmou que a cooficialidade lingüística prexudica a IMAXE do turismo español

a noticia podedela ver picando aquí (a noticia está en castelán por iso podedes ter en conta o esforzo que fixen traducíndoa e comentar algo)
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-08-2008 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
grandes testimonios de subnormais
Se tedes ocasión de navegar por algúns blogs que non vos sorprenda a cantidade de burradas que din os usuarios.Dende logo son coma un río de in-cultura que vaga por espazos moi reducidos de pensamento .Algunhas opinións do calibre duns urbanitas que se cre divino por pagar seguro unhas hipotecas tan grandes como o buraco da capa de ozono,vivir con baixos soldos(tan baixos coma unha depresión),tendo un traballo de merda(e que por pouco que lle paguen a súa capacidade xa esta sobrevalorada) e sen embargo presumen que na cidade se fala castelán como símbolo de "halta" cultura.Si eles presumen de estar no mais alto status e o único que os separa do chan son os zapatos(que algúns nin eso)non obstante falan castelán e iso satisfainos constantemente.

Parece que a "crise" non é só económica senón nerviosa, senón non teñen ningún sentido afirmacións como a de:"En las ciudades el Castellano es EL IDIOMA, así, con mayúsculas";Deus sabe se o que dixo isto é de xente que vive nas cidades ou nun CORTELLO así con maiusculas.

Ante isto dicir que non nos debemos avergoñar da nosa lingua xa que sen ela faltaríanos unha parte do noso organismo(pero para esa xente canto menos teñamos menos temos de que preocuparnos,pois a ver se a xunta lle expropia o cerebro que para o que o utilizan)
Comentario (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-07-2008 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
caen as "barreras" para a lingua galega

Hoxe unha boa nova para a lingua galega.Resulta que o estaleiro barreras vai incorporar a nosa lingua(e a deles tamén polo que se ve) na súa empresa:no seu web,nos contratos ,na relación co cliente...Así o fixo público o presidente da empresa que tamén afirmou que non lle fan falla subvencións para aplicar o galego na mesma(isto demostra que o amor pola lingua non se ve con subvencións como xa ben apuntaron algúns.Tamén serve para que tomen nota outros que andan a abrir a brecha da discordia con "manifiestos" "y cosas diversas porque a los niños de hoy día aprender gallego les crea problemas y retraso mental y según estudios recientes tambien provoca cancer")

podes ler a nova picando aquí
Comentario (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2008 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
pereiro cae da pereira
Ben como xa era pouco agora o ciclista Oscar Pereiro(perero próximamente) unese a cruzada contra o galego asinando o "manifiesto por la lengua común"(será o inglés).Este manifesto levado a cabo por "la monda"(el mundo) ten como obxecto defender o castelán naqueles territorios onde existe lingua propia.Algúns Galegos(de palabra)asinaron este manifesto entre eles:Roberto Verino(que debeu repasar todas as súas adegas para asinar isto),Purificación García(que até que lin a noticia non sabía que era galega),Luz Casal(que será moita artista pero con isto demostra que a única luz que ten é a do nome,aparte das que lle poñen no escenario ),Oscar "perero"(que gañou o tour de rebote,pero o rebote debeulle dar ben na cabeza)entre outros.A televisión de referencia en España Tele5(que é o cubo de lixo de tódalas televisións)tamén asinou(debíanlle pasar ao que asinou o polígrafo).

E como non podía ser doutra maneira soltaron a frase que tanto me gusta:"as línguas e os territorios non teñen dereitos senón as persoas"(Entón que axente que fala galego catalán ou euscaro non ten dereitos????

Mirade a entrevista a "perero" en vieiros
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2008 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O novo anuncio de trina


Hai que ser naturais iso é o que nos di o novo consello publicitario de trina.

Isto era unha escusa para meter algo de publicidade no meu blog.

"un anuncio e volvemos"


Por certo eu tamén deixei bigote para sair de marcha
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A UE está fora de control
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Ben dicir que a min esta noticia impactoume moito(xunto coa de explotarnos 65 horas)

A UE acaba de propoñer que se cobren as chamadas recibidas nun telefono(que vai ser o próximo que se nos cobre por mirar nos escaparates???ou por mirar para outras persoas...etc),a comisaria de telecomunicación di que así abarataríanse as chamadas(home claro se nos cobran polos dous lados é mais barato dun lado e doutro pero se os xuntas creo que non).Non sei que lle pasa últimamente a UE xa que están sacando unha serie de propostas e medidas que meu deus.O certo e que axente xa non pode coas hipotecas como para que lle cobren aínda por algo que non é un servizo depor si(xa vexo as compañías frotándose as mans e o resto porque xa poden)

Eu xa de por si que volvamos aos anos de explotación porque ao paso que vamos estoupar estoupamos.


Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2008 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
o crego
Pois hoxe lin unha historia que pode dar moito de si.Si porque resulta que un crego chegou a insinuar que a desaparición do galego sería algo bo(si e se desaparecese el tamén sería algo bo.),tamén xustifica a prohibición da fala desta lingua no franquismo(non o francisquismo de "L" coruña non confundan)dicindo que foi algo bo que se prohibise( pode ser ,ao mellor ten razón e que o metesen a el no cárcere sen motivo tamén sería bo,así por probar nada mais)

Podedes ler a noticia e polo a parir aquí

Que non che sorprenda que saia xustificando a pederastia exercida por algúns compañeiros de oficio.E logo van predicando bondades
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2008 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
comezamos
Como non podía ser doutra maneira o primeiro que vou facer é pedir ante todo desculpas pola tardanza en comezar a escribir no blog imaxe.

Imos comezar cunha entrevista que lle fixeron a un paisano en A NOSA TERRA.Esta entrevista trata de que o discriminaron por cuestións lingüísticas.Agora me explico foi pedir traballo nun hotel(Ciudad de Vigo)e dixeronlle que non podía falar galego(pero claro non dixeron nada do castrapo)entón este individuo(unha soa persoa) rexeitouno(Ten un par de c....ns)

A min o que me parece raro e que co normalizado que está o galego en todos os ámbitos e o castelán non ten espazo queiran utilizar o castelán.Dende logo unha ofensa a lingua de cervantes é o que está a ocorrer en GALIZA/CIA.

O do hotel seguro que pensa no mellor para os empregados(coma todos os empresarios)e entón o galego non serve.Xa estou vendo a algúns sectores "bilinguistas" a deixar a pel polo galego(que por certo o día das letras galegas o que fixeron foi criticar as persoas que se ian manifestar a prol do galego), convocando manifestacións a todas horas por este caso de discriminación.Ou faceran coma sempre daranlle a volta a situación e dirán que é un dereito que se discrimine ao galego.En fin!!!

Podedes ver o artigo picando aquí



Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-06-2008 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
entra!!
imaxe bota a andar o luns substituíndo a o blog en_galego.Tratará temas de actualidade dende unha visión crítica e innovadora.AGARDAMOSTE

Ponte en contacto con nos en imaxe@live.com
Comentario (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-05-2008 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal