Illa dos Ratos


Blog da Equipo de Normalización Lingüística do IES Coroso de Ribeira
Shadow Word generated at Pimp-My-Profile.com




Equipo de Normalización Lingüistica
illadosratos
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A SEMANA DAS CURTAS
Comezamos A semana das curtas un festival en liña promovido polo Equipo de Normalización do IES Audiovisual de Vigo e a CGENDL e no que participan 83 centros de toda Galicia.
No noso centro, ademais de utilizar este material nas clases de lingua, faremos unha sesión aberta para todo o público o mércores ás 16:30 h na biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o: 27-02-2011 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TRECE BADALADAS
Este é o título co que comezamos mañá a proxección de películas en galego. Trece badaladas está baseada nunha novela de Suso de Toro e conta a historia de Xacobe, un mozo escultor, que volta a Santiago -a súa cidade natal- despois de quince anos de ausencia. A razón do seu regreso é o descubrimento de que súa nai, a quen cría morta, está en realidade doente e internada nun psiquiátrico. Pero esta volta vaino obrigar a se enfrontar a un suceso do que leva media vida fuxindo. O encontro co seu pasado levarao ó centro dun pesadelo sen saída, no que descubrirá algo terrible: El é a peza fundamental nun laberíntico plan.

Suso de Toro faranos a presentación da película e despois teremos un coloquio no que poderá participar o público.

A película comezará ás 17:00 h na biblioteca do centro e poderán asistir todas as persoas interesadas.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o: 07-02-2011 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Contacontos
Mañá temos a visita no noso centro de Ângelo Torres, actor e contador do mundo.
Ângelo Torres naceu en Guinea Ecuatorial, creceu en San Tomé e Principe, estudou en Cuba e vive en Portugal. Aquí descubriu o teatro e o mundo do contos. As historias coas que hipnotiza o público foron en gran parte herdadas do baúl de súa avoa.
Ângelo é un contador magnético, que mestura intuitivamente contidos tradicionais con contextos contemporáneos. Como actor participou entre outros nos filmes:“Tudo isto é Fado”, “Nha Fala” e “Preto e Branco”. Em 2004 gañou o premio Shooting Star de actor revelación. Tamén ten unha curtametraxe como realizador: "kunta".
Os que non poidades velo mañá en directo podedes escoitar un dos seus contos neste vídeo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o: 18-01-2011 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Do CERN a Coroso coa Física de Partículas
O pasado xoves 4 de novembro, dous grupos de alumnos e alumnas do noso centro foron testemuñas dun feito histórico: a primeira videoconferencia online con científicos galegos que traballan no CERN, laboratorio europeo de física de partículas e que é un referente mundial para investigación no seu campo hoxe en día. O CERN está situado en Xenebra e alí desenvolven os seus traballos  varios físicos galegos entre os que están Elena González Ferreiro, Teresa Fonseca e Abraham Gallas que foron os que interviñeron na conferencia. Aínda que as condicións técnicas impediron nalgún momento escoitalos, os investigadores trataron de explicar en que consiste o seu traballo e responderon tamén a preguntas formuladas polo alumnado que seguía a charla a través do chat.
O evento foi organizado pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística xunto coa Universidade de Santiago co gallo da celebración do Día da Ciencia  e Tecnoloxía en Galego. Malia ás presas coa que se puxo en marcha esta iniciativa, a ela sumáronse máis de 60 centros públicos e privados de toda Galicia.
A mágoa foi que non puidesen asistir máis grupos do noso centro, pero os requerimentos técnicos impedían que a conferencia se proxectase na biblioteca. Grazas á inestimable colaboración dos profesores Quintáns e Miranda, que nos permitiron usar a aula de informática de ciclos, logrouse que a conferencia fose seguida no  IES Coroso por un grupo reducido de alumnos e alumnas. Agora só queda que a algún ou algunha lle picase o vermiño do interese pola física de partículas e un alumno/a do Coroso sexa a próxima fichaxe galega do CERN...

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o: 12-11-2010 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PARA OS QUE NON QUEREN VER NIN OÍR
Homes que non queredes ver nin escoitar,
non oides os nosos berros,
dicides que isto só pasa noutros lares:
paises subdesenrolados chámanlle.
Estamos aquí ao voso carón!
Berrando, loitando, chorando...
somos a vosa existencia,
a vosa descendencia!
E aínda así a vosa forza contra nós usades
para maltratarnos, asoballarnos, acosarnos...
inxustizas que soportamos acotío.
A xustiza está cega
e o mundo está xordo!
Pero nós seguiremos loitando e
reclamando a nosa igualdade e a nosa liberdade.


Antía Alberte Maneiro 4ºA
Comentarios (0) - Categoría: Adiviñas - Publicado o: 01-06-2010 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PALINDROMOS 4ºA
a seta tesa



Arturo Gómez
Comentarios (0) - Categoría: Adiviñas - Publicado o: 25-05-2010 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
o medo ó demo


Miguel Martinez Muras
Comentarios (0) - Categoría: Adiviñas - Publicado o: 25-05-2010 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O bar nun rabo



Miguel Parada
Comentarios (0) - Categoría: Adiviñas - Publicado o: 25-05-2010 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
a terra trona e anortar reta


e ti, onan na noite



Pablo Guillán Queiruga.


Comentarios (0) - Categoría: Adiviñas - Publicado o: 25-05-2010 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
- E non é ana, é non é

- É ana, É


Laura Rial Suarez
Comentarios (0) - Categoría: Adiviñas - Publicado o: 25-05-2010 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal