|
|
|
|
| Poema de Andrea Martínez Rosales 4ºB |
|
Comeza a saír o sol pola mañá,
flores, paxaros e moito máis.
Arrecendo a frescura das plantas do lugar
vexo os peixes saltando no mar,
pero non todo dura para sempre,
tan só uns tres meses.
Cada vez fai máis calor,
cada vez pásalo mellor,
é hora de ir a praia,
é hora de saca-la toalla.
Pero non todo dura para sempre,
tan só uns tres meses.
xa caen as follas dos castiñeiros,
xa volven ao mar os mariñeiros,
xa arrecende a castaña asada,
xa chega o magosto cas suas castañas.
Pero non todo dura para sempre
tan só uns tres meses.
Empeza a facer máis frío,
e un manto branco tapa o horizonte,
folerpiñas de neve caen sobre a miña frente,
pois non todo dura eternamente,
tan só uns tres meses.
Andrea Martínez Rosales 4ºB
|
|
|
|
|
| POR UNHA DIGNIDADE |
|
Cansas xa de que cada día sexan máis as víctimas da violencia de xénero, dispoñémonos a loitar na defenda desas persoas que por algún motivo non poñen fin a esta situación.
Toda persoa ten dereito a unha liberdade e a gozar dela como queira, sen que ninguén poida manupulala nin poñerlle límites.
Animamos a todas aquelas persoas que sofren algún tipo de maltrato a que dean a cara e así, de algún xeito, poñer fin a este inferno no que están vivindo.
Facemos prometer a esa xente que as únicas bágoas que caerán dos seus ollos serán de felicidade, e non por esa persoa que as lastima.
Ninguén que manca a unha persoa merece que esta outra molle as súas pestanas por el, porque o único que fai e facela sentir como se non valese nada.
Pedimos maior condena e castigo para aqueles que dalgún xeito cometeron este delito e fixeron que esa persoa se sentise despreciada.
Endexamais permitiremos que se pase por alto o sufrimento e sentimento de tristeza que teñen estas persoas ao verse maltratadas por un ser querido.
E para as familias de todas aquelas persoas que por este motivo hoxe non se atopan entre nós, animámolas a que continúen loitando polos dereitos da persoa.
Xa para rematar queremoslles dicir a aquelas persoas que poidan sufrir malos tratos que teñan a forza e o valor suficiente para saír adiante.
Por: Mariana Novo Gómez
Celia Ces García 4ºA
|
|
|
|
|
| O Poder Do Vento |
|
As árbores fago mover
simplemente por pracer,
disfruto escoitando o seu son
e o dos paxaros ao carón.
Tamén podo facer estragos
en lugares afastados,
intento non mancar á xente
e agarimala suavemente.
Por: Mariana Novo Gómez 4ºA
|
|
|
|
|
| A xuventude |
|
0s nenos de hoxe en día
xa non son como os de antes
só se divirten bebendo alcohol
e o tabaco que non falte.
Beben e beben se control
como si fora auga, pero é alcohol.
Outros fuman sen parar
sen darse conta
de que para a súa saúde é perxudicial.
Con esta situación
debemos rematar,
porque senón a xente
acabará moi mal.
Por: Mariana Novo Gómez 4ºA
|
|
|
|
|
| Fixeno Eu JaJa |
|
1º Non ao racismo: porque a xente non prexuíze os seus enfrentamentos coa xente de outros sitios e haxa diversidade social e cultural.
2º Non á violencia de xénero: non se pode estar seguido pegándolle ás mulleres e sempre ten que haber denuncias.
3º non aos maltratadores de animais: todos temops dereito a vivir pero non ao sufrimento.
4ºNon á guerra: a xente débil non ten culpa do que lle fan.
5º coidado do medio ambiente: os animais e o resto da natureza non teñen culpa de que destruamos o que é deles como onde habitan ou onde se reproducen.
6º Axuda ás persoas discapacitadas: tendo o mesmo dereito que o resto da xente para traballar a pesar de teren as súas limitacións.
7º A terceira idade: para que todas as xeracións sexan iguais.
8º Respeto aos maiores: que saben máis que nós.
Alex Hermo 4ºA |
|
|
|
|
| A Historia do Vento |
|
Esta e a historia do vento,
o que che leva polo aire
en un momento.
Non é nada lento
primeiro pasou pola aldea
e agora xa esta no Monumento.
Co vento que fai,
o "Fary" ala vai,
e ao mesmo tempo
rematamos este poema
con un bo suspenso
Laura Pose Pérez 4ºA
|
|
|
|
|
| Violencia de Xénero |
|
Este tema por desgraza é un dos mais presentes na nosa sociedade, que temos que tratar que cambie.
A violencia de xénero é aquela que se exerce sobre a muller polo simple feito de ser muller, que ven significar a mostra mais dolorosa dunha sociedade desigual.
Debemos traballar conxuntamente na mesma dirección para rematar con tanta dor, tanto sufrimento e tanta inxustiza.
Tamén debemos rendir a máis profunda homenaxe a aqueles cidadáns que contribuiron e ofreceron axuda solidaria as vítimas da violencia de xénero.
Un claro exemplo foi Jesús Neira.
Debemos seguir loitando pola dignidade das mulleres que sufren a violencia machista, e que incluso lles costou a vida.
Tamén o Estado deberíalle axuar ás vítimas a ter mais medios.
Laura Pose Pérez 4ºA
|
|
|
|
|
| Unha estatua de coroso en Marte |
|
No I.E.S Coroso fixeron un traballo sobre o sistema solar, para iso utilizaron un telescopio que obtén moita lonxitude.
Os primeiros en miran cara o ceo foron os alumnos de 4º da eso,
Quedaron asombrados cando viron en Marte un humano idee, e preto del viron a estatua que representa ao seu instituto.
Pero ainda quedaron mais abraiados cando souberon que ese extraterrestre era unha antiga profesora do centro que plaxiara a estatua para facer unha escola no seu novo planeta.
Tania santos ferràs 4ºA |
|
|
|
|
| Viaxe A Marte |
|
Os alumnos do I.E.S. Coroso viaxan ata Marte. Quixeron deixar alí a súa huella.
Contruiron a figura que vemos na foto, esta figura é a mesma que teñen no recinto do seu colexio.
Esta foto foi tomada pola sonda spirit uns días despois da viaxe dos alumnos.
A silueta que aparece o lado da escultura parece un marciano. Quedamos todos impresionados o recibir esta imaxe, pode que haxa vida máis alá da terra.
Os especialistas poñen en duvida esta cuestión pero ¿porque non vai a poder haber vida máis alá?
Onte contactamos cos alumnos e mestres que viaxaron a marte, preguntamoslles se cando construiran a escultura habíaalgún alien ,eles dixeron que non. Pero quizais lle gustase a figura e se achegase a observala máis de cerca.
Sheila Santos 4ºA |
|
|
|
|
| ¡!OLLO O DATO!! |
|
Que carallo pasa en Marte que parese que se levan cachos do instituto pa ala váilles a moda da pedra esa aos marcianos??¿?
Mirando na internete encontramos unha foto de Marte captada por unha sonda o que nos asombrou foi que habia unha pedra ou un marsiano ou o que fose que paresia unha vella pero ao lado estaba a estatua do Ies Coroso que cousas sei que viñeron por aquí a roubar ou máis ben a clonar calquera dia levan pa ali muxos sen aber mar e dios sabe que mais.
XD
Isto e un reportaxe escrito por Anonimo Augusto Fidurillo.
Grasias.
P.D:Isto meresese un ~”11”~ de nota e Candido!!! Recorda a nota para: ~Anonimo Augusto Fidurillo~
BRAIS RAMOS CALO
4ªA
Son de Ajinho!
|
|
|
|
|
|
|
|