|
|
|
|
| II FOLIADA IAR |
|
 6 DE AGOSTO
Praza de Pablo Iglesias
A Coruña
21:00 Obradoiros de música e baile
22:00 Foliada
Tras as actuacións previstas a participación será libre.
Haberá bochinche
+info: Servando López iargrupo@hotmail.com
981.133.646
GRUPO DE BAILES POPULARES “IAR”
AVV. URB.SOTO IAR
r/ CERCA, 30 BAIXO. CP 15009
A CORUÑA
|
|
|
|
|
| XXV Carballeira Zas |
|

|
|
|
|
|
| Os cantareiros de Maghúa, nas 2as Noites de Tasca de Ordes |
|
Non faltedes!!!
Haberá sorpresas!!
Logo das actuacións arranxadas, foliada!!!!! |
|
|
|
|
| E o dia 14... tocamos na Romaria do Lecer de Xacarandaina |
|
 O vindeiro sábado, 14 de xuño, tocaremos na foliada que organiza cada ano por estas datas a A.X.XACARANDAINA...
Festa toda a noite! |
|
|
|
|
| 1º Premio no concurso Xacarandaina |
|
As nosas pandereteiras mais noviñas gañaron o pasado dia 27 de abril o 1ºpremio na categoria B no concurso de Xacarandaina.
PANDERETEIRAS
CATEGORÍA A: (ata 9 anos inclusive.)
1º “Quintán” da A.N.P.A. do CEIP – Mondego.
2º "Cantaruxeiras" da A.C. Donaire
3º “Teirón” da A.C.R. e D. San Martín-Razo
CATEGORÍA B: (de 10 a 13 anos inclusive.)
1ºArtabria” da E.B.P. IAR
2º“Chiculateiras” da A.X. “Xiradela” – Arteixo
3ºMar Adentro” da A.C. “As Neves” – Buxantes
CATEGORÍA C: (de 14 a 17 anos inclusive.)
1ºTaín” da A.C. Adro-Baio
2º“Névedas” da A.C. Arume-Verdillo
3º“Lanzalía” da A . C. O’Castro-Miño
CATEGORÍA D: (dende 18 anos en adiante.)
1º “Donaire” da A.C. Donaire
2º Asociación Cultural Os Muiños–Oliveira
3º “A” da E. de M. Cantigas e Agarimos
CUARTETOS
Non houbo categoría A
CATEGORÍA B: (de 14 a 17 anos inclusive.)
1º "Zaloira" da A.C. Tremiñado - Ponteareas
2º"As Brañas" da A.M e D.T. Queiroa-Sada
3º Agrupación cultural "Malante·-Malpica
CATEGORÍA C: (maiores de 18 anos.)
1º“Alxibe” da A.C. Tremiñado-Ponteareas
2º“Donaire” da Asociación Cultural Donaire
3º“Loaira” da A.C. R. e D. O Castro – Miño
Parabéns Artabria!!! |
|
|
|
|
| XIX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina |
|
 XIX Concurso de música tradicional Xacarandaina
Domingo 27 de Abril
Mañá (10:30): categorías A e B coa súa entrega de premios correspondente,
Tarde (16:00): categorías C e D, coa súa entrega de premios correspondente.
Este ano, con motivo da celebración do XIX Concurso de música tradicional no recentemente reformado teatro COLÓN, estarán as entradas á venda con anterioridade ó propio día.
Xa podedes facervos coa vosa localidade entrando na web www.caixagalicia.es, na sección taquilla. Ou ben, no teléfono 902.43.44.43. Tamén continuarán á venda no teatro o día do concurso.
O prezo será de 3€ para o horario de mañá ou para o de tarde.
Haberá tamén un abono para a xornada completa, con precio de 5€. Este abono poderá adquirirse únicamente o día do concurso nas taquillas do teatro.
- O concurso terá lugar o domingo 27 de Abril no TEATRO COLÓN sito na avda. Da Mariña da Coruña, á mañá para as categorías A e B ca súa entrega de premios correspondente, e pola tarde para a categoría C e D, ca súa entrega de premios correspondente.
- Constará de 2 modalidades:
Pandereteiras
Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán únicamente gaita e percusión tradicional galega.
Na modalidade de pandereteiras haberá 4 categorías:
Categoría A: ata 9 anos inclusive.
Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría D: dende 18 anos en adiante.
Na modalidade de cuartetos, haberá tres categorías:
Categoría A: ata 13 anos inclusive.
Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría C: maiores de 18 anos.
A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
- É obrigatorio o uso do traxe tradicional.
- No momento da calificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade da peza
Dificultade da mesma.
Afinación e interpretación.
O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS Á A.X XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERASE.
- Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.
- Os premios serán os seguintes, na modalidade de pandereteiras e cuartetos:
1º premio: trofeo e 250 €
2º premio: trofeo e 150 €
3º premio: trofeo
|
|
|
|
|
| IV Foliada de Melide |
|
DOMINGO 27 de abril, Pazo de Congresos e Exposicións.
ORGANIZA: Asociación Cultural e Musical O Castelo
COLABORA: Concello de Melide
PATROCINA:
Consellería de Cultura e Deporte
Consellería de Innovación e Industria
Deputación da Coruña
Xacobeo
PROGRAMACIÓN
11:00 Apertura exposicións e mostra de artesanía
A Galicia enxebre: visión xeral
Organiza: Agrupación Folclórica Castelo
Os xogos populares (Obradoiro)
Organiza: Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Mostra biblio-discográfica da música tradicional galega
Organiza: Escola de gaita e percusión galegas Axóuxere
Exposición fotográfica sobre o desastre no río Catasol e as xornadas de limpeza
Organiza: Asociación de troiteiros Río Furelos
Instrumentos antigos
Organiza: Pepe temprano
11:00 Conferencia no Edificio Multiusos
III Seminario de palletas e pallóns para gaita galega
(Organiza: Asociación Gaiteiros Galegos
12:00 Títeres Tres Globos de Melide presenta a obra "O Sapo encantado"
13:00 Actuación da Banda de gaitas Estivada de Calo
13:30 Mostra de baile tradicional
Asociación Cultural Deportiva A Meda do Castro (Sada)
14:00 Obradoiro tradicional "A Forxa"
15:00 Xantar Popular
17:00 Contos que non falten
Contos e historias de tradición oral. Celso F. Sanmartín
17:00 Obradoiro
Construcción de xoguetes sonoros. Luciano Pérez
18:00 Actuación
Tino Baz Cantor de música tradicional e poesía galega
19:00 Marcha Gaiteira
Agrupación Folclórica CASTELO (Melide)
Esc. de gaita e percusións galegas AXOÚXERE (Melide)
Gaiteiros FROITO NOVO (Melide)
OS MELIDAOS Gaiteiros (Melide)
Grupo de gaitas A MARISTELA (Sobrado)
Grupo de gaitas BICO DA BALOUTA (Agolada)
Grupo de gaitas CHARAMELA (Antas de Ulla)
Grupo de gaitas PAO DE BUXO de Saídres (Silleda)
21:00 Serán
23:30 Actuación
Pablo Seoane
A media noite QUEIMADA de balde para tod@s @s asistentes
+info: www.agrupacioncastelo.com
|
|
|
|
|
| Fotos do IX Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela |
|
| Na nosa fotoblogoteca atoparedes algunhas das fotos do concurso... |
|
|
|
|
| IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela |
|
 IX Concurso de Música Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela
PANDERETEIRAS/OS:
O concurso celebrarase o domingo día 13 de abril no auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo.
Nesta novena edición contará con dúas sesións:
1ª Ás 11:00 h da mañá para as categorías A (ata os 10 anos) e C (de 14 a 17 anos).
2ª Ás 17:00 h da tarde para as categorías B (de 11 a 13 anos) e D (de 18 anos en diante).
Os premios serán os seguintes:
PANDERETEIRAS:
CATEGORÍA A e B:
1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D:
1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.
Premio ó mellor vestiario en cada categoría
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.
No momento da calificación o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional (no caso dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas a peza pode ser recollida ou de composición).
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.
|
|
|
|
|
| 1º Aniversario |
|
 A blogoteca de IAR xa ten un ano.
Grazas a tod@s os que pasades por aquí, comentades, subides novas,...
FELIZ ANIVERSARIO |
|
|
|
|
|
|
|