historias no IES de Allariz


Bitácora pensada para a participación nas clases de Historia dos alumnos e alumnas de agrupamento de 1º de ESO, 4º de ESO e 2ª de Bacharelato.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

WEBQUEST: SAÍDA DE ESTUDOS A VILANOVA DE AROUSA-PONTEVEDRA
O vindeiro xoves parte a nosa expedición cara ao Salnés. Queres vir? Moi doado, só tes que responder axeitadamente a estas dez cuestións. Pero ollo!!! Só disporás de 50 minutos.

MANS Á OBRA



1. Na Parroquial Sueva, un documento do século VI, fálase da “comarca saliniense” Investiga a etimoloxía da palabra Salnés e indica a súa orixe (PISTA: ten que ver cun elemento natural existente na desembocadura do río principal do Salnés)

2. Por certo, de que río estamos a falar? Non confundir co Ulla, que tamén desemboca na ría de Arousa

3. Aínda que non o poderás probar, nesta bisbarra prodúcese un dos mellores viños brancos do “mundo mundial”. Estámonos referindo ao celebérrimo viño....???

4. Xa estamos en Vilanova de Arousa. Nesta vivenda naceu Don Ramón María del Valle-Inclán. Como se chama a casa?


5. Velaquí tes un cuestionario breve sobre a vida e obra de Valle-Inclán:
a) Onde morreu?
b) En que ano?
c) Título do primeiro libro escrito por Valle-Inclán
d) Que xénero teatral creou?
e) En que obra aparece?
f) A que xénero pertence "La pipa de Kif?
g) Cal é a súa obra narrativa máis representativa?
h) Quen é o seu protagonista?
Outros enlaces de interese

6. A escalar!!! Logo de visitarmos a casa-museo de Valle-Inclán, subiremos a un monte desde o que atoparedes unhas espectaculares panorámicas da ría de Arousa, da illa de Ons, do istmo do Grove, da serra do Barbanza e do val do Salnés. No miradoiro hai un monumento ás vítimas do mar e unha placa conmemorativa do Almirantazgo británico en lembranza aos mariñeiros mortos no afundimento do buque escola “Serpent”. Por suposto, xa sabes que estamos a falar do monte...???

7. Localiza a illa de Cortegada no mapa e responde:





































a) Cal é o tipo de bosque que a singulariza?
b) De que Parque Nacional forma parte?

8. Despois de ver o vídeo explica que é unha batea



9. Derradeira etapa da nosa viaxe: Museo de Pontevedra.
a) Visita a obra pictórica de Laxeiro na web do Museo de Pontevedra, Que rei lendario chega a Galicia nesta pintura de Laxeiro?
b) Xa postos, indica as datas e lugares de nacemento e defunción de Laxeiro

10. Rematamos con Castelao. Este debuxo titúlase "A derradeira lección do mestre". A que albume de Castelao pertence?
11.Volvemos a casa. Fuches quen de responder ás dez cuestións? Xa que logo, podes relaxarte cos STROKES







Comentarios (1) - Categoría: Historia 4º de Eso - Publicado o 25-05-2009 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A chica de onte: os oitenta de loito
”x/embed>
Comentarios (9) - Categoría: Historia de España 2º Bacharelato - Publicado o 14-05-2009 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
”x/embed>
Comentarios (0) - Categoría: Historia de España 2º Bacharelato - Publicado o 16-04-2009 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Proclamación Segunda República
”x/embed>
Comentarios (0) - Categoría: Historia de España 2º Bacharelato - Publicado o 16-04-2009 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Segunda República e Guerra Civil
Ola chicos, comezamos un novo tema: a Segunda República co seu final abrupto: a Guerra Civil.
Irei colgando vídeos e textos comentados para que os utilicedes como complemento aos apuntamentos.
Espero que vos interese un tema que constitúe un dos intres máis dramáticos da nosa historia e mesmo unha das máis aguerridas defensas dos valores democráticos.
Comentarios (1) - Categoría: Historia de España 2º Bacharelato - Publicado o 16-04-2009 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
”x/embed>:
Comentarios (0) - Categoría: Historia de España 2º Bacharelato - Publicado o 16-04-2009 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Século XIX
Esquema das etapas históricas do século XIX
Comentarios (2) - Categoría: Historia 4º de Eso - Publicado o 02-03-2009 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Non todo é estudar
”x/embed>
Comentarios (0) - Categoría: Historia de España 2º Bacharelato - Publicado o 11-02-2009 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Restauración
Restauración e Caciquismox/embed>:
Comentarios (0) - Categoría: Historia de España 2º Bacharelato - Publicado o 09-02-2009 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Presentacións sobre a Revolución Industrial
Revolucion Industrial
View more presentations from arponera.
"x/embed>


Revolución Industrial"x/embed>
Comentarios (0) - Categoría: Historia 4º de Eso - Publicado o 08-02-2009 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal