As Herbas Medicinais en Allariz, proxecto gañador no concurso estatal Maiores con Iniciativa
O Concello de Allariz, como un destes axentes sociais, resultou gañador do concurso no que se presentaron 88 candidaturas de dez comunidades autónomas diferentes.
A iniciativa gañadora “As herbas mediciñais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminino” é un proxecto no que participaron 150 mulleres do entorno rural alaricano que recopilaron os usos e tradicións das distintas herbas mediciñais da localidade. Unha tradición que se transmitirá ás xeracións futuras a través das novas tecnoloxías, grazas ó blog creado polas alaricanas e que contén toda esta información.
O próximo venres día 12 terá lugar unha entrega do premio, un ordenador HP con pantalla táctil de 20" e fácil manexo para ser utilizado polas persoas maiores.
Traduccións on-line deste blog
Versión en Castelán do Blog
Versión en Inglés do Blog
As herbas mediciñais en Allariz, un dos mellores proxectos galegos
Ademais desta iniciativa tamén se seleccionaron outras dúas que son “Memoria de muller de Ribadeo” e “Bergantiños: pasado e presente”. As tres iniciativas pasan á final estatal, xunto coas mellores iniciativas do resto das comunidades autónomas participantes, e poderán optar ao Premio do II Concurso Nacional Mayores cON Iniciativa 2009
Se queres apoiarnos podes facelo votando, previo rexistro, no seguinte enlace: http://www.mayoresconiniciativa.es/mayores_con_iniciativa/fichas-votacion/as-herbas-medicinais-en-allariz-unha-historia-de-recuperacion-e-empoderamento-feminina.html
VIDEO
<object width="500" height="405"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/ty_gEpUkUkg&hl=es_ES&fs=1&color1=0x234900&color2=0x4e9e00&border=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/ty_gEpUkUkg&hl=es_ES&fs=1&color1=0x234900&color2=0x4e9e00&border=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="500" height="405"></embed></object>
Usos tradicionales de Outeiro de Orraca
17-09-08
Mulleres: Concha, Carmen, Pacita, Lola, Pura, Manola, Lina, Lupe e Nieves
-	Ruda: lombrices e reuma
PREPARACIÓN: para as lombrices poñer unha rama entre a almohada w a funda ou entre o peito e a camiseta durante uns días, ata que pasen. Para a reuma, freír en aceite e facer con esto unha pasta para aplicar sobre a zona en cuestión.
•	con augardente, 5 dentes de allo e ortigas a macerar durante 3 meses como ungüento para as dores de osos e a reuma
-	Árnica: dor de osos ou cortes
PREPARACIÓN: poñer en alcohol con poucos grados ou augardente e deixar a macerar. Frotar a zona en cuestión con este ungüento.
-	Lenguas de vaca: “empanadizos” (infeccións menores da pel tipo grados con pus.
PREPARACIÓN: cocer con auga e aceite e posteriormente en frío aplicar sobre a zona cubrindo con unha gasa que se cambiará cada certo tempo
-	Tela de araña: para a sangue das feridas
PREPARACIÓN: envolver a zona que sangra con tea de araña e esperar a que pare de sangrar
-	Pel do unto: eliminar os líquidos das infeccións da pel (graos)
PREPARACIÓN: querer na sartén e aplicar sobre a zona e posteriormente tapar para que ablande a zona e expulse os líquidos
-	Cichapeidos: empanadizos
PREPARACIÓN: poñer en aceite durante 15 días a reposar e logo aplicar ese aceite mezclado con follas de chantaxe para que reventen os empanadizos e curen finalmente
-	Touciño: almorranas
PREPARACIÓN: frotar sobre as almorranas con un pouco de touciño que alivia e cura
-	Auga de grama: dor de riñóns e depurar a sangue
PREPARACIÓN: infusión
-	Tomillo: dor de estómago e catarros
PREPARACIÓN: infusión
-	Romero con rabos de cereixas: ronquera
PREPARACIÓN: infusión
-	Viño quente con mel e unto: catarro
PREPARACIÓN: derretir o unto nunha sartén e engadir mel  e viño. Beber ste líquido.
-	Auga de nogal, malvela e fiollo: lavados de matriz.
PREPARACIÓN: cocer en auga follas de nogal, malvela e fiollo e cando está morno aplicar introducindo pola vaxina en repetidas ocasións. Moi utilizado despois de embarazos e menstruacións. (utensilio para as irrigacións)
-	Herbaluisa: dor de estómago
PREPARACIÓN: infusión.
-	Xarxa: digestión
PREPARACIÓN: infusión, tamén se pode engadir herbaluisa.
-	Manteca de vaca: dor de menstruación
PREPARACIÓN: cocela en auga e logo beber o líquido
-	Pez (dos zapateiros): roturas de osos
PREPARACIÓN: quecer ata que derrite e posteriormente aplicar pola zona en cuestión e envolver con la de ovella, ter durante aproximadamente tres semanas cambiando a receita as veces que se consideren necesarias.
-	“Caghalletas de galiña”: cólico da vesícula
PREPARACIÓN: FERVER EN AUGA E POSTERIORMENTE COLAR. Unha vez frío beber esa auga.
-	Aceite, ruda e miñocas femias (sen aro arredor da cabeza): tendóns débiles
PREPARACIÓN: freír no aceite unhas follas de ruda con unha miñocas femias e o líquido resultante aplicar pola zona en cuestión
-	Ortigas: retención de líquido (nos pes, brazos…)
PREPARACIÓN: cocer as ortigas en auga e posteriormente botarlle un pouco de sal e vinagre caseito. Aplicar o l´quido nun “cataplasma” e colocar sobre a zona.
-	Fel dos porcos: feridas
PREPARACIÓN: gardar nun bote e aplicar cada vez que sexa preciso. Duración: 1 ano.
-	“Caghallón de burro”, manteca de porco: queimaduras
PREPARACIÓN: cocer xunto e colar, deixar enfriar e posteriormente queda como unha pomada que se aplicará polas zonas queimadas.
-	Manteca de porco, bolas de hedra, azufre e aceite de oliva: caída da pel (“pelar”).
PREPARACIÓN: freír todo xunto e posteriormente unha vez frío aplicar pola cara durante toda a noite. Pola mañá lavar a cara con aceite de oliva.
-	“Rompepiedra”: pedras na vesícula e no riñón.
PREPARACIÓN: cocer 12 follas en 2 litros de auga, cólase e tómase un vaso cada día ata acabar aauga. Descansar un mes e voltar a tomar ata que pasen as molestias.
-	“Auga de remollar garbanzos”: retraso da menstruación
PREPARACIÓN: infusión
-	Follas de vide vermella: almorranas
PREPARACIÓN: infusión
-	Leite de ovella: grietas nos pezóns
PREPARACIÓN: untar o pezón con ela durante o tempo que tarde en curar
-	Manceta de porco: despois do embarazo, para que se vaia o leite dos peitos
PREPARACIÓN: untalos peitos en diferentes momentos do día, ata que se vaia o leite
-	Leite de peitos de nai: dor de oídos
PREPARACIÓN: botar unhas gotas de leite materno nos oídos da persoa que ten dor de oídos.
***ESTÓMAGO CAÍDO: como comprobar que o estómago está caído. Sentarse no chan e erguir as mans cara o ceo, xuntar a palma das mans, se non quedan á mesma altura quere decir que temos o “estómago caído”. Síntomas de estómago caído: falta de apetito, fiebre, vómitos…DEBIDO A un esforzo, caída…
*** en Allariz non había bruxas, había curandeiras e curandeiros que eran persoas que tiñan coñecementos de partos e de remedios mediciñais naturais.
En Outeiro de Urraca destacan nomes como Consuelo, María, Hermina, Maria e un home moi sabio que se chamaba Lino que emigrou de Argentina de traballar con un médico. Tamén falan de todas as súas nais como “curandeiras” con coñecementos de prantas e mezclas saudables.
USOS TRADICIONAIS EN ROIRIZ
15-01-09
Mulleres: Fina, Concha, Digna, Marisol, Aurora, Loli, Marta, Marta
Bruxas: non cren nas bruxas e aseguran que se falaba máis de bruxas que de meigas
Curandeiras: falan de mulleres e a veces homes adicados ao arreglo dos problemas de osos por golpes, con coñecementos sobre os osos e tamén as persoas que tiñan coñecementos de usos medicinais das herbas. Pensan que “as compoñedoras” eran máis específicas dos osos pero que se xeralizaba con curandeiras ambos coñeementos. Non había en Roiriz.
Parteiras: mulleres que sabían practicar partos e ademais axudaban durante os priemiros días de nacemento do/a bebé para ensinar os seus coidados. En Roiriz había unha parteira e din que era moi boa e ademais tamén exercía de practicanta.
-	Romero: dor de moas, reuma e catarro
PREPARACIÓN: para a dor de moas facer en infusión e despois realizar gárgaras sen tragar. Para a reuma facer baños con auga quente e romero e para o catarro untar nunha sartén unto de porco e elimalo deixando a grasa, engadir un vaso de viño e despois un pouco de romero. Tomar unha copiña de cada vez que vas para a cama.
-	Ourogo: tos, catarro
PREPARACIÓN: infusión para tos e para catarro poñer nunha sartén dúas cucharadas de azúcar, tostalo e engadir un pouco de auga e un pouco de ourogo para que ferva. Beber despois.
-	Cebola: catarro para o peito
PREPARACIÓN: freír unto de porco nunha sartén e coa grasa que solta freír unha cebola e pola noite poñer no peito con unha cataplasma. Polas noites e en dous días pasa o catarro.
•	picar cebola e pola nun plato polas noites cerca da cabeza para respirar mellor
-	Malvela: despois do parto
PREPARACIÓN: facer un caldo e poñer follas de malvela e manteca de vaca.
•	asentaba a matriz despois do parto
-	Ruda: lombrices
PREPARACIÓN: colocar unhas follas debaixo da almohada ou freír nunha sartén e logo frotar a barriga, o peito e os puños con ese aceite
-	Allo: lombrices
PREPARACIÓN: picar dentes de allo e botar nun vaso con leite. Deixar reposar durante toda a noite e pola mañá tomar en ayunas.
-	Perejil: provoca abortos
PREPARACIÓN: durante varios días introducir pola vaxina unhas ramas de perejil.
-	Árnica: golpes
PREPARACIÓN: poñer un pouco de árnica en augardente e deixar macerar varios días. Frotar despois os golpes con ese líquido.
-	Eucalipto: bronquios e para respirar mellor
PREPARACIÓN: vahos
-	Árbol de Santa Mariña: enfermedades “extrañas”
PREPARACIÓN: coller cáscara do Carballo que está ao lado da fonte e ferver en auga, despois beber esa auga e voltar colocar a cáscara no árbol para que funcione.
-	Aloe vera: queimaduras e problemas na pel como granos
PREPARACIÓN: untar co líquido de dentro na zona afectada
-	Aceite de almendras: dor de oídos
PREPARACIÓN: botar unhas gotas dentro dos oídos
***para manter a cara dunha muller ben hidratada utilizar a priemira ,mexada do seu bebé para lavar a cara dela.
-	Baba de caracol: verrugas
PREPARACIÓN:  frotar a zona coa baba que solta o caracol
-	Romero: dor de oso
PREPARACIÓN: mezclar nunha botella pequena de alcohol de 96 grados con unha rama de romero e 3 pastillas cadradas de farmacia tipo alcanfor. Cando o alcohol colle a cor verde do romero frotar o sitio que doe con el.
-	Zarza: vómitos
PREPARACIÓN: infusión
-	Pelo do millo: infección de orina
PREPARACIÓN: infusión
-	Arándanos: previr infección de orina
PREPARACIÓN: infusión
-	Cálsamos: lombrices
PREPARACIÓN: frotar nas mans e untar a barriga e as muñecas con esa pranta
-	Follas de oliva: baixar a tensión
PREPARACIÓN: ferver 7 ou 8 follas e tomar en ayunas
-	Romero: subir a tensión
PREPARACIÓN: infusión
-	Herbaluisa: menstruación
PREPARACIÓN: infusión
-	Zarza: digestión
PREPARACIÓN: infusión
-	Dor de moas: eucalipto, folla de nogal, hedras, malvas, romero…(faltan dúas máis, son 7)
PREPARACIÓN: ferver e lavar a boca
-	Ciruda: verrugas
PREPARACIÓN: botar o líquido de dentro nas verrugas
-	Xunco: verrugas
PREPARACIÓN: espir un xunco e o centro pasalo por enriba das verrugas
-	Tila: nervios
PREPARACIÓN: infusión
-	Grama: baixar a fiebre
PREPARACIÓN: ferver as raíces da grama e utilizar como infusión
-	Vinagre caseiro: caspa
PREPARACIÓN: lavar a cabeza con vinagre e deixar durante 2 ou 3 horas e despois voltar a lavar
-	Manzanilla: infección de ollos
PREPARACIÓN: ferver en auga e lavar os ollos
-	Froitos rosal silvestre (escaramujo?): aumentar as defensas
PREPARACIÓN: pelar os escaramujos e botar tanta cantidade como azúcar e un pouco de uga, cocer ata que quede como papilla. Tomar todos os días unha cucharada
-	Nata da leite de vaca: hidratación da pel
PREPARACIÓN: cubrir o corpo con esta nata
-	Aceite de oliva: fortalecer uñas
PREPARACIÓN: untar as uñas con aceite
-	Pepino: hidratar a pel da cara
PREPARACIÓN: poñer en rodajas pola cara
-	Ciruelas secas: estreñimento
PREPARACIÓN: tomar dúas en ayunas ou ben deixar en auga durante toda a noite e beber e comelas pola mañá
-	Rabos de uvas pasas: memoria
PREPARACIÓN: infusión
-	Rabos cereixas: infección de orina
PREPARACIÓN: infusión
-	Piña: para orinar e funcionamento riñón
Comer en abundancia
-	Menta silvestre: pasar picaduras ortigas
PREPARACIÓN: PASAR POLA ZONA DECINDO “SANA-SANA”
•	SAN XOÁN: admite todas as herbas aromáticas pero a imprescindible é o sabugueiro ademais de rosas, claveles, follas de nogal, etc. algunha xentre bota un ovo coa cáscara dentro desa auga toda a noite ao rocío
•	Contra a polilla deixar as roupas da casa sobre todo mantas e colchas de liño e la ao rocío para que non entre a polilla, esta tradición ainda se fae nalgunhas casas en Roiriz
Usos tradicionais en Coedo
28-01-09
Mulleres: Luz, Carmen, Otilia, Mª Irene, Rosa, Concha e 3 homes que axudaron para a grabación sa sesión (Mariano, Odilo e Manolo)
Bruxas: a maior parte do grupo considera que non existen as bruxas pero quizais si existiran antes. Defínenas como “mulleres que podían facer cousas imposibles” e comentan que podería ser que houbera unha na zona.
Curandeiras: definen como mulleres que coñecían os usos medicináis das prantas e ademais o arreglo dos osos. Comentan que había unha na zona e que ademais de coñecer remedios para as persoas tamén sabía para os animais.
Parteira: aquelas mulleres que axudaban a parir nos partos e nos primeiros días de coidado dos fillos e fillas. Falan de seis mulleres na zona.
-	Romero: catarro e dor de cabeza
PREPARACIÓN: infusión
-	Malvas: desinfectante de feridas, dor de barriga e dor garganta
PREPARACIÓN: ferver auga e lavar a zona con esa auga de malvas ou tamén tapar a ferida con unha cataplasma de malvas. Para dor de garganta facer gárgaras para o resto en infusión.
-	Ciruda: curar feridas
PREPARACIÓN: botar o líquido que ten a ciruda na ferida
-	Ruda: lombrices, dor de barriga e mellorar a circulación
PREPARACIÓN: machacar a ruda con allo e cheirar o olor que desprende. Tamén en forma de cataplasma na barriga ou meter na zona do peito entre a roupa unhas follas de ruda. Para a circulación e a dor de barriga en infusión.
-	Ourogo: dor de cabeza e catarro
PREPARACIÓN: infusión
-	Xarxa: dor de estómago e de vientre
PREPARACIÓN: infusión
•	sinalan que é unha herba boa para todo
-	Ortigas bravas: purificar a sangue
PREPARACIÓN: infusión
-	Sanguinaria: purificar a sangue
PREPARACIÓN: infusión
-	Malvarisco: feridas na pel
PREPARACIÓN: ferver en auga e lavar as feridas
-	Ampio: feruidas e golpes
PREPARACIÓN: ferver en auga e lavar despois con esa auga. Ademais poñerlle unha folla cocida nesa auga enriba da zona en cuestión.
-	Telaraña: cortar o sangue nas feridas
PREPARACIÓN: coller un pouco de telaraña e colocar enriba da zona afectada
-	Ouro peso: previr o estreñimento ou eliminalo
PREPARACIÓN: infusión
-	Nogal: diarrea
PREPARACIÓN: cortar a primeira capa da cáscara de nogal e coller o que se chama o “entrecasco”, ferver en auga e beber despois.
-	Eucalipto: bronquios
PREPARACIÓN: vahos
*se lle pode engadir ademais pino e romero
-	Allo: lombrices
PREPARACIÓN: ferver allo en leite e despois beber o leite
-	Carqueixa: bo funcionamento do riñón
PREPARACIÓN: infusión coas flores da carqueixa
-	Pelo do millo (barbaña): bo fincionamento do riñón
PREPARACIÓN: infusión
-	Sabugueiro: dos de oídos e queimaduras
PREPARACIÓN: ferver a flor en auga e lavar a zona
•	consideran máis efectivo se se recolle a flor o día de San Xoán, antes de que saia o sol
-	Cebola: lombrices
PREPARACIÓN: ferver en auga e beber despois a auga
-	Herbaluisa: dor de estómago
PREPARACIÓN: infusión
-	Manzanilla: dor de estómago
PREPARACIÓN: infusión
CATAPLASMA: para cando está o peito atascado. Con farelos de centeo, mollalos  e poñelos entre dous trapos e quentar na sartén. Poñer despois na zona do peito, preferiblemente pola noite.
SAN XOÁN: antes de que amanecera, as perosas con sarna ir a unha finca de centeo e mollarse espidos/as co rocío da mañá para que pasara.
Usos tradicionales en Meire
7-05-08
-	RUDA: dor de barriga, menstruación e lombrices
PREPARACIÓN: freír a ruda nunha sartén con aceite e untar despois sobre a zona afectada
•	para menstruación: cocer unhas follas en chocolate e tomalo posteriormente
-	XARXA: dor de estómago
PREPARACIÓN: infusión
-	MANZANILLA: dor de barriga, estómago e para o catarro nos ollos
PREPARACIÓN: infusión ou aplicar sobre os ollos directamente
-	MENTA: gases e malestar da dixestión
PREPARACIÓN: infusión
-	HINOJO: gases
PREPARACIÓN: infusión
-	HERBALUISA: dor de barriga e estómago
PREPARACIÓN: infusión
-	OUROGO: catarros e tos
PREPARACIÓN: infusión (sobre todo tomar antes de ir para cama)
-	MALVAS: infeccións cutáneas
PREPARACIÓN: ferver en auga e unha vez enfríe aplicar pola zona en cuestión
•	tamén se lle pode engadir sal
-	FOLLAS DE EUCALIPTO E PIÑEIRO: almorranas, catarros e infeccións respiratorias
PREPARACIÓN: ferver e facer vahos posteriormente
•	para as hemorranas aplicar a auga na zona afectada
-	LOUREIRO: para boas dixestións
PREPARACIÓN: infusión
-	ROMERO: para esguinces, mazaduras
PREPARACIÓN: mezclar viño, ortigas mansas, vinagre caseiro e romero con un litro de auga e ferver. Aplicar posteriormente sobre as zonas afectadas
-	ALCOL DE ROMERO: dor de osos
PREPARACIÓN: deixar romero en alcol a macerar e posteriormente aplicar o líquido sobre a zona dolorida
-	ÁRNICA CON AUGARDENTE: golpes e mazaduras
PREPARACIÓN: ferver en augardente as follas de árnica, deixar reposar e aplicar posteriormente pola zona afectada
-	ALOE VERA: queimaduras e problemas de pel
PREPARACIÓN: aplicar o interior da pranta  sobre a zona afectada
-	CIRUDA: verrugas
PREPARACIÓN: aplicar o líquido amarillo sobre as verrugas
-	ALLO CON LEITE: para as lombrices
PREPARACIÓN: cocer o allo no leite e despois beber a leite
-	CEBOLA: ablanda o catarro nos pulmóns
PREPARACIÓN: cocer a cebola e beber a auga
-	ALLO CON ACEITE: dor de oídos
PREPARACIÓN: freír o allo no aceite, deixar enfriar e logo mollar algodón e colocar nos oídos
-	MEL CON LIMÓN: dores de garganta
PREPARACIÓN: quentar mel e zume de limón e beber o líquido
-	CERILLA OU CAÑO DAS VERZAS MOLLADO EN ACEITE DE OLIVA: estreñimento dos bebés
PREPARACIÓN: introducir polo ano do/a bebé a cerilla ou caño de verza mollado con anterioridade en aceite de oliva e esperar un pouco, retirar posteriormente
-	ORTIGAS: caspa da cabeza, lumbago e purificar a sangue
PREPARACIÓN: ferver as ortigas en auga e lavar a cabeza posteriormente, para o lumbago realizar “fretas” con un pano mollado nesa auga de ortigas e para purificar a sangue tomar en infusión
-	PELO DO MILLO: infección de orina
PREPARACIÓN: infusión ou lavados na vaxina
-	MALVELA: menstruación
PREPARACIÓN: infusión
-	AUGA DA NEVE: para queimaduras
PREPARACIÓN: recoller nun balde a auga de neve do inverno e despios botar sobre as queimaduras
-	SABUGUEIRO: feridas na pel e para os ollos (catarro e torzollos)
PREPARACIÓN: ferver en auga e logo lavar a zona en cuestión
-	LEITE E CLARA DE OVO: inxesta de lixivia
PREPARACIÓN: mezclar nun vaso leite máis clara de ovo e beber para eliminar a intoxiocación da inxesta de lixivia
-	NÉVEDA: para dar bos olores no fogar
PREPARACIÓN: cortala e colgala nos sitios que queremos dar bo cheiro
-  LAVANDA: para dar bos olores no fogar
PREPARACIÓN: cortala e colgala nos sitios que queremos dar bo cheiro
- ANISES: gases
PREPARACIÓN: ferver 5min. E tomar a auga despois da comida do mediodía.
-	COMINO: Gases
PREPARACIÓN: infusión
Usos tradicionales en San Vitoiro
8-05-08
-	HERBA LUISA: dor de barriga e estómago
PREPARACIÓN: infusión
*para as dores de golpes ou mazaduras: ferver as herbas en augardente e cubrir cun trapo para posteriormente aplicar polas zonas con dores.
-	ÁRNICA: dores e mazaduras
PREPARACIÓN: ferver con augardente e por a macerar. Usos: beber en ayunas ou aplicar sobre a doro u mazadura.
-	ANISES: gases
PREPARACIÓN: ferver 5min. E tomar a auga despois da comida do mediodía.
-	OURO PESO: estreñimento
PREPARACIÓN: ferver e beber a auga (infusión)
-	DENTAGÓN (dente de león): golpes
PREPARACIÓN: ferver e beber a auga (infusión)
-	XARXA: fiebre, bronquios e estómago
PREPARACIÓN: en infusión
-	RUDA: dor de barriga
PREPARACIÓN: freír na sartén con aceite e frotar a barriga coas herbas fritas (tamén se pode facer coa herba fresca)
-	VALERIANA: nervios
PREPARACIÓN: infusión
-	CHANTAXE: “estómago caído”, cando hai molestias na dixestión
PREPARACIÓN: freír tres follas con un ovo en tortilla e tomar durante tres días en ayuno.
-	PIMPINELA: “estómago caído”, cando hai molestias na digestión
PREPARACIÓN: poñer unhas poucas ramiñas da herba debaixo do pe (entre o pe e o calcetín) durante 24 horas e despois sacalo.
•	se o estómago non está “caído” con este remedio pode “caír”
-	OUROGO: catarro, afonía
PREPARACIÓN: infusión
-	FOLLA DA FIGUEIRA: ronquera
PREPARACIÓN: cocer 3 follas en un litro de auga e despois beber esa auga.
-	FOLLA DA OLIVA: estabilizar a tensión e para a dor de gorxa
PREPARACIÓN: infusión (tomar poucas veces porque tende a baixar en exceso a tensión).
•	para a dor de gorxa morder a folla na boca para que o zume baixe pola gorxa
-	FOLLA DE EUCALIPTO: catarro grande, cargación, infección de oídos
PREPARACIÓN: ferver auga e facer vahos durante aproximadamente 9 días
-	PELO DO MILLO: infección de orina
PREPARACIÓN: infusión ou lavados na vaxina
-	RABO DAS CEREIXAS: infección de orina
PREPARACIÓN: infusión
-	MALVA: inflamación, feridas, granos e sequedade vaxinal
PREPARACIÓN: ferver as malvas en auga e logo botar a auga pola zona en cuestión
-	CIRUDA: feridas da pel
PREPARACIÓN: frotar o sitio onde tes a ferida coa líquido amarillo que ten a pranta
-	MALVELA: menstruación
PREPARACIÓN: infusión
-	MANZANILLA: relaxación do contorno da cara
PREPARACIÓN: infusióne aplicar a auga con unha gasa por toda a cara
-	LAUREL: dores musculares
PREPARACIÓN: deixar o laurel a macerar en aceite de oliva durante 9 días e posteriormente aplicar pola zona en cuestión
-	RAÍZ GRAMA: sarpullidos e “sangue mala”
PREPARACIÓN: infusión
-	ORTIGAS: sarpullidos e “sangue mala”
PREPARACIÓN: infusión
-	EXCREMENTO GALIÑAS: cólicos de barriga, dores na menstruación e problemas de riñón
PREPARACIÓN: “mater as caghalletas” nun trapo e cocer con auga. Colala posteriormente e beber esa auga
-	LIMÓN: para potenciar o calcio no corpo
PREPARACIÓN: machacar a cáscara dun ovo e mezclar co zume de dous limóns. Deixar toda a noite e beber ao día seguinte.
-	CEBOLA: catarro e bronquios
PREPARACIÓN: ferver ferver unha cebola, un limón, unha naranja e unha mazá. Tomar en ayunas
-	ALLO: para os callos nos pes e para o colesterol
PREPARACIÓN: mezclar un cacho de pel de limón, unha lámina de allo, aceite, sal molido e colocar sobre o sitio en cuestión tapando a zona con unha titita ou similar e deixar durante 7 ou 8 días.
* para o colesterol picar un allo e tomar cunha cucharadita de mel
USOS TRADICIONAIS EN AMIADOSO
08-01-09
Mulleres: MaRISA, María, Rosa, Carmen, María
Bruxas: 1 que era coñecida como meiga e que “botaba o al de ollo”, “tiña unha mirada moi fuerte”
Curandeiras: 2
Comadronas: 4 ou 5, consideran que algunha das comadronas tamén actuaba como curandeira porque coñecía as prantas e os usos. Ademais coñecían moito as recetas medicinais para os animais.
-	Casca de plátano, herbaluisa, romero, 1 mazá, unhas gotas d limón e unha cucharda de mel: catarro
PREPARACIÓN: ferver todo en auga e deixar unha hora de reposo, beber despois como infsuón para previr o catarro
-	Árnica: dor de osos asociado á artrose
PREPARACIÓN: nun litro de augardente meter un pouco de árnica e deixar a macerar durante 3 meses. Despois utilizar todas as noites mollando con esa auga a zona que doe
-	Augardente: picor de garganta típico dos catarros
PREPARACIÓN: mollar un pano Branco con augardente e atalo á garganta cando se vai durmir durante 3 ou 4 días
-	Naranxa e kiwi: hidratación da cara
PREPARACIÓN: triturar unha laranxa e un kiwi e logo esparcir pola cara como unha crema
-	Hedras, eucalipto, romero, ruda, malvela e árnica: dor de moas
PREPARACIÓN: cocer estas prantas en auga e facer vahos
-	Romero, herba da matriz, limón e vinagre: infección de orina
PREPARACIÓN: cocer todo nunha pota e verter sobre un balde para sentarse enriba sen mollarse e deixar que o vapor se introduza na vaxina. Realizar esto pola mañá e pola noite.
-	Árnica: golpes
PREPARACIÓN: infusión pero de moi pouca cantidde ao día xa que é unha herba venenosa en grades cantidades
-	Ruda: dor de barriga
PREPARACIÓN: infusión con azúcar pero sempre botar os gromos de forma impar; 3, 5, 7…senón non funciona
-	Ruda e allo: lombrices
PREPARACIÓN: macharcar a ruda co allo e envolver nuntrapo que se colocará entreos peitos por dentro do suxeitador. Tamén se pode enganchar un pouco de ruda no reloxo
-	Centeno: dor de estómago
PREPARACIÓN: ferver as pallas do centeno en auga e tomar en infusión
-	Augardente: dor de cabeza e de barriga
PREPARACIÓN: mollar a zona dolorida con augardente
-	Leite, unto e viño fervido: catarro
PREPARACIÓN: rustrir o unto na cazola e despois botar leite ou viño e ferver. Beber posteriormente, canto máis quente mellor e botarlle azucre para que sexa máis fácil de dixerir
-	Carqueixa ou Olivo: tensión
PREPARACIÓN: infusión
-	Chantaxe: tensión
PREPARACIÓN: infusión
-	Raíces ortigas: “sangue forte” (persoas que toman sintrom)
PREPARACIÓN: infusión
*obxectivo: “adelgazar a sangue”
-	Remolacha de mesa: “sangue forte”
PREPARACIÓN: comela cocida ou cruda
-	Follas da matriz ou Malvariana: menstruación
PREPARACIÓN: infusión
-	Loureiro: estreñimento
PREPARACIÓN: infusión con follas impares
-	Silvas bravas: dor de garganta
PREPARACIÓN: infusión coas follas
-	Ortigas bravas: sabañóns
PREPARACIÓN: machacar ortigas bravas con allo e aceite de oliva. Untar a zona con sabañóns e tapar con un trapo pequeño
-	Melisa e Menta: nervios
PREPARACIÓN: infusión
-	Xema de ovo: granos
PREPARACIÓN: bater a xema de ovo ata que quede un pouco espesa e botar despois polo sitio en cuestión ata que rebent o grano
-	Malvas: granos
PREPARACIÓN: cocer as malvas en auga e despois mezclalas con aceite de oliva e aplicar sobre os granos
-	“O Pingo” (grasa de cerdo): granos e hidratante para a cara. Tamén para dor de espalda
PREPARACIÓN: untar a zona en cuestión
NOITE DE SAN XOÁN: herbas para lavar a cara: sabugueiro, espadana, herbas da Nosa Señora, fiollo, estraloques, pétalos de rosa, loureiro, eucalipto, fola de Nogueira, camelias e oliva. Ainda que a tradición di que son 9 herbas, tamén é certo que despois as persoas acaban botando aquelas que teñen a mellor alcance.
*CLARA DE OVO E PÉTALOS DE ROSA AO ROCÍO: antes de que amaneza lavar a cara
*Sacar a roupa dos armarios ao rocío para que non entre así a polilla
*O coxo: facer unha fogueira e con xiasta ou algodón de ovella pasar polo lume facendo cruces e decindo unhas palabras. Despois pasar á persoa pola zona onde ten o coxo.
“coxo, recoxo, vaite de ahí, con esta xestiña te dou ahí. Se es de araña vai a paraña, se es de arañón vai o parañón, se es de sapo vaite ao burato e se es de salamándiga vai pa terra”