Atletas Caninos


O teu can é o único ser que che quere máis do que te queres a ti mesmo.



Inicio

Videos

Fotos

Enlaces

Contacto

Amigos Perrunos

Blogs Amigos

Foro AGACETT







Banners











ARNOLD E HERA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 FOTOS

Simplemente alucinante
Quizás algún día podamos intentar esto
Sólo son 228 patas tirando a un mesmo tempo
Comentarios (0) - Publicado o 09-05-2012 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Lobos de lobo park
Comentarios (0) - Publicado o 01-05-2012 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
vaia dobermanns!!!!
Navegando pola rede e polas redes sociais atopeime con esta foto realmente impresionante. Son 4 dobermanns tirando dun trineo.























Tamen este video dun dobermann xogando co seu amigo
Comentarios (3) - Publicado o 29-04-2012 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
V Travesia de Mushing Camiño de Santiago Ruta da Prata



Una magnífica experiencia que hemos vividos esta Semana Santa en la que hemos ganado nuevos amigos y en la que mis chicos, Hera y Arnold, se lo han pasado en grande rindiendo a un nivel realmente inesperado. Cierto es que no hemos realizado todas las etapas de la travesía, ya que nuestro entreno no era el idóneo para esta distancia.
De las 6 etapas que disponía dicha travesía, realizamos la primera, que con 18 km , me quede sorprendido el ritmo que marcaron mis chicos, haciéndolo a una velocidad media de 16km/h. Después de no salir en las 3 etapas siguientes, salimos en la 5ª que tenia una distancia de 12 km bastante complicados, Hera y Arnold volvieron a sorprender con la velocidad con la que hicieron el recorrido, volviendo a marcar una velocidad media de 16km/h.
Por último realizamos la 6ª y última etapa, que era neutralizada, llegando a la plaza del Obradoiro.








Comentarios (3) - Publicado o 10-04-2012 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xuntanza do 28/03/2012
Nova reunión no campo de entreno que debido ás altas temperaturas, pouco traballamos cos cans. Para aproveitar a tarde decidimos adecentar un pouco o terreo e ver como aceptaba Arnold a Jeico na súa primeira toma de contacto co grupo. A verdade é que quedamos sorprendidos co bo rollo que tiveron Arnold e Jeico.
Cando caeu o sol puxemos algun dos obstáculos para darlle un par de voltas a cada un. Arnold e Hera coma sempre, Kimbo está perdendo un pouco de tino xa que está un pouco acelerado de mais; Deisy segue algo vaga; e Jeico , na sua primeira toma de contacto, resolveu sen problemas a empalizada pero os salto ainda lle costan un pouco.
Comentarios (0) - Publicado o 29-03-2012 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xornadas
Comentarios (1) - Publicado o 27-03-2012 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xuntanza do 20/03/2012
Comentarios (0) - Publicado o 21-03-2012 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xuntanza do 16/03/2012
Nova xuntanza na que entrenamos un pouco cos naos amigos.
Cada dia poñemos os obstaculos de diferente maneira sin levar orden algún, e é por iso que ó principio andan un pouco perdidos.
Boni desta volta costoulle un pouco mais pola presencia das suas compañeiras de casa, e estaba máis pendiente delas que do traballo


Comentarios (0) - Publicado o 20-03-2012 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Quedadas no Campo de San Isidro ( Pobra do Caramiñal)
Os dias que realicemos quedadas cos nosos cas , irémolas poñendo no facebook de Atletas caninos e no foro de Agacett(no menú deste blog hai unha pestaña que enlaza co foro de Agacett)
Comentarios (0) - Publicado o 11-03-2012 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
V Travesia de Mushing Camiño de Santiago Ruta da Prata



Cartel en grande
Comentarios (0) - Publicado o 08-03-2012 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Crónica do 3º mushing de Boiro
Este ano a metereoloxía respetounos bastante, ainda que a proba da mañan de bikejöring estivo no limite da temperatura con 14º.



Ás 10:15 deuse a saída de canicross cunha distancia de 7,2km e de 4,5km para os cadetes e persoas que non tiñan o material de tiro específico. O primeiro en chegar foi Albino Mayán con Coca facendo un tempo realmente bo; seguidamente chegou Evaristo con Nai e en terceiro lugar entrou Julio con Kora.
a Primeira manga do bikejöring foi as 11:15 no que había 3 equipos de 1 can , 1 equipo de 2 cans e un tiro de 6 cans. O gañador indiscutible desta manga foi Pablo con Klaus seguido de Julián cos seus 2 alascanos.
Ás 12:00 deuse a saída dos cativos que cubrían unha distancia de 150m.
Polo que a min respeta, fixen unha proba de canicross moi discreta con Hera e unha gran saída de bikejöring con Arnold que en menos de 800m foi capaz de recortarlle 1 minuto a Julián, pero despois do 3º km , ó coller ó tiro de 6 cans , desfondouse e só quería ir ó par do tiro, chegando xuntos á meta.
Pola tarde foi moi espectacular e vistoso pois a saída contra o crono foi cada 20 seg, propiciando asi moitos adiantamentos e unha chegada masiva á meta.
Na proba de canicross volveuse impoñer Albino e na de bikejöring, tras unha magnífica e perfecta intervención, o gañador foi Arnold necesitando tan só 4:36 en percorrer os 1609m .
Clasificaciones






Comentarios (0) - Publicado o 21-02-2012 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Nova Xuntanza 7-02-2012
Aproveitando que tiñamos libre , collemos ós cans e fúmonos para o campo. Alí probamos a Kimbo ca bicicleta. Este can é a monda como aprende.
Novamente como precaución Arnold tiña o bozal, pero este era un bozal que lle permitía abrir máis a boca, pero ainda así para correr agóbiao moito.
Ó acabar ca bicicleta soltámolos para que xogaran e de paso sacámoslle o bozal a Arnold posto que Kimbo tiña unha actitude sumisa con el. Pasárono en grande, incluso a pobre Deisy, que ten moi abanzado o seu embarazo.
O malo do día foi o frio que facía, especialmente cando orballaba algo


Comentarios (4) - Publicado o 08-02-2012 08:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
III Mushing Concello de Boiro 19/02/2012
III Mushing Concello de Boiro 19/02/2012
Para inscribirse deberase cubrir o formulario que aparece no menú deste blog.
Os horarios son:
- a partir das 9:00am control veterinario
- ás 10:00 saída do canicross
- ás 11:15 Saida do bikejoring
- ás 12:00 Saida do canicross infantil
- ás 13:00 Comida no restaurante o Galeón ( no que nos farán o menú do día) lóxicamente para o que queira.
- ás 16:00 Saída do canicross individual
- ás 17:00 Saída do bikejoring
- ás 17:30 Saída do canicross infantil.
- Seguidamente a entrega de trofeos
- " Se as probas da tarde se axilizan o suficiente e o tempo acompaña , realizaremos unha proba de relevos"

Non Hay plazo de inscripción pero rogaríase que a xente que o teña claro que se inscriba canto antes xa que teño que darlle un nº aproximado ós colaboradores na primeira semana de febreiro.
No caso que o día da proba nos vexamos desbordados de participantes, so terán garantizados os regalos aqueles que se incribiran antes , o resto dependerá do stock que dispoñamos.
Os trofeos e agasallos serán entregados ó remate da proba da tarde , polo que se informa a tódolos participantes que para poder obtar a eles, haberá que realizar as dúas mangas (salvo causa de forza maior).

NOTA:
Recordarlle a tódolos participantes que haberá un stand da protectora "A Moura" no que se poderá entregar(non é obligatorio pero si se agradecería) con:
- Material como colares, arneses correas...(da igual que sexan de 2ª man pero que estén en bo estado)
- Comida seca ou húmeda. (Aínda que sexa de marcas blancas)
- Chuches para os cans
- Zoosanitarios (pipetas, chapús,colares antiparasitarios, etc...)
- Mercándolle á Protectora unha camiseta que terán no seu stand.
- Ou incluso adoptando algún exemplar

Un saúdo a todos e animádevos a pasar un día na liña do ano pasado.

NOTA 2: "" Visto que o nº de participantes da categoría infantil foi medrando, realizarase dita categoría , tanto pola mañán coma pola tarde. ""
Comentarios (2) - Publicado o 20-01-2012 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xuntanza do 17-01-2012
Desta volta xuntamos 4 cans ( 2 dobermanns e 2 border collies)Hera sigue na súa liña e cada dia vai mellorando. A gran sorpresa fio Kimbo ( o outro border collie) que para ser o primeiro contacto tanto co arnes de tiro como cos obstáculos, fixo de maravilla. Este can promete e moito.
Arnold non tivo o seu mellor dia de traballo xa que tiñamos un pouco de medo a que se enganchara con Kimbo.


Comentarios (1) - Publicado o 17-01-2012 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xuntanza no Barbanza 7/1/2012
Volvemos a reunirnos no Campo para entrenar e xogar cos nosos cans.
Estiveron Arnold,Hera,Deisy,Bony e Kira.
Todos estaban faltos de entreno e costoulle bastante volver a afrontar os obstáculos, polo que estiveron case todo o tempo xogando ca pelota liberando enerxía acumulada.
Finalmente Hera e Arnold, fixeron todos os obstáculos; Deisy, todos menos o slalom pero sempre ca correa posta xa que estaba demasiado pendiente de Hera; Kira, só fixo un par de vallas e a empalizada por que se resinteu da patiña traseira (a que lle pisara o coche); Por último, Bony, logrou saltar a empalizada vertical a baixa altura.
Se o tempo nos acompaña , iremos máis amenudo para que non se olviden do aprendido.

Comentarios (4) - Publicado o 08-01-2012 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Feliz Nadal

Comentarios (2) - Publicado o 24-12-2011 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Canicross e bikejoring en Boiro
Xa temos todo preparado para a nova edición do canicross e bikejöring no concello de Boiro.
Temos algúns cambios importantes, como que pasa a ser popular e de caráter benéfico, e en vez de ser o sábado 18 de febreiro será o domingo 19. Todos estes cambios foron obligados e axeos á organización.
De tódolos xeitos, ó ser de caráter popular, pensarase un pouco máis na xente que esté disposta a probar.
A ver se polo menos xuntamos un bo grupiño , ainda que creo que vai ser complicado. Dentro duns días colgarei os carteles e a ficha de inscripción.

Comentarios (14) - Publicado o 21-12-2011 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Campeonato Galego de mushing 2011
Da primeira manga salo con boas e malas sensacións.
Na proba de canicross que fixen con Hera, decir que foi a miña peor carreira, e non lle vou botar a culpa a nadie mais que a min. Ben certo é que ía lesionado do tobillo que tantos problemas me da, pero apenas me doueu, non me impedía correr, aínda que ía con algo de medo pero non é excusa. Tamén é certo que durante os 300 primeiros metros , 3 cans botáronse a Hera e un deles chegoulle a trabar, e por isto Hera non se atrevía a adiantar, pero tampouco é excusa. O gran culpable fun eu, a miña falta de entreno. Cando quería apretar non era capaz, non me daba o peito, mentres que Hera, as pernas e a cabeza me decian de ir máis rápido, pero non podia.
Por outra banda, na proba de Bikejoring, leveime unha gran sorpresa. Vendo as características do circuito e do estado de forma de Arnold, non me esperaba gran cousa . A sorpresa foi o grandísimo papel de Arnold, que para sair sen quentar nada , co tempo xa correndo ( pois apenas nos deron tempo a preparar a bici e a Arnold) , e a ir frenandoo un pouco para que aguantase a segunda volta forte ( pero ó final era unha volta sola, ¡¡¡eso avísase!!!). Pois con todo iso, logrou un tempazo , quedando a só 18 segundos do gran favorito.
Como non vamos ir á 2ª manga ( pois nestes tempos hay que racionalizar moito, polo menos nos)quedaremos rezagados ó final da táboa.
No obstante vou decir que leveime unha gran sorpresa co circuito, encantoume, lástima dos pequenos tramos de asfalto . Persoalmente pensei que o tema do percorrido ía ser o problema desta proba, pero para nada, foi dos mellores, bonito , lama , herba ... A nota que lle dou ó circuito un 9
Comentarios (3) - Publicado o 07-12-2011 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Chulo triunfou en Cedeira
Chulo xunto co noso amigo Óscar Cerdido ( Dobermann´s DaTaravela ) tiveron un moi bo papel na II Exposición Nacional Canina de Cedeira 2011, acadando un logradísimo 1º posto.

Comentarios (0) - Publicado o 22-11-2011 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ares 2011
Data: Sábado 5 de Novembro de 2011
Lugar: Ares
Distancia: 6,3km en canicross e 5km en bikejoring

Ares quédanos algo lonxe, pero ó igual que o ano pasado, para chegar ó lugar da probra non fai falla nin GPS nin nada polo estilo, simplemente estar atento ós carteles que puxo a organización en tódolos cruces.
O circuito de canicross cambiou un pouco con respecto ó ano pasado deixandoo un pouco máis curto pero á sua vez mais duro. A zona nova era moi estreita e moi técnica, pero a min persoalmente gustoume moito. Despois dese tramo estreito quedábanos por afrontar un tramo de asfalto en subida cunha pendiente moi pronunciada.
O planteamento da carreira funno cambiando conforme transcurrian os metros. Primerio decidin tirar un pouco para coller posición para despois reservar forzas para bikejoring. Pero en plena subida ó darme conta que os 3 primeiros se trabucaran, decidin tirar un pouco para coller a JRio-Yako e intentar que non me adiantaran os que ian de primeiros. Oscar-Roni adiantoume á falta de 1000 metros e Roberto-Berta á falta de 300 ou 400 metros asi que tiña que tirar máis para que non me adiantase o outro e de paso disputarlle o posto a JRio-Yako. Fumos capaz de collelos pero a falta de 100 metros eu quedeime sen forzas, asi que decidin baixar o ritmo de todo para coller aire e asi poder sprintar un pouco. Hera animouse e tiraba ben e...¡¡¡conseguímolo!!! ainda que case fai falla a foto finish.
Pola outa banda, no Bikejoring, o circuito era igual ó do ano pasado. Era unha nova proba de lume para Arnold para saber como vai a súa recuperación. Arnold ten demasiado mono de correr , e na saida ponse moi eléctrico cansandose en exceso antes de sair. De tódolos modos os 2 primeiros km fixoos sen baixar de 3okm/h, e na subida dura non deixou de tirar. Ó final sacou unha velocidade media de 17,7 km/h.
O podium de bikejoring quedou composto por José Mª-Nai(Agacett)en 3ª posicion; en 2º lugar Marco-Arnold(Agacett); e o gañador foi Pablo-Klaus(Acade).
En canicross , a clasificación xeral foi: Oscar-Roni en primeira posición, 2º foron Roberto-Berta e terceiros Marco-Hera. Nos tamén logramos o 2º posto na clasificación de sénior masculino.
Comentarios (1) - Publicado o 07-11-2011 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Alba DaTaravela xa é mamá
Aqui vos deixo unha fotos de Alba DaTaravela xunto cos seus 7 cachorros
Comentarios (1) - Publicado o 07-11-2011 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
4ª Xuntanza Barbanza
Desta vez eu fun entrenar un pouco con Hera e Arnold. Faríamos sobre 9 km dos que os 4 primeiros foron en subida, seguidos de 3 en baixada e o resto cunha pequena pendiente en subida. De todo esto quédome cunha Hera que está en plena forma e cun Arnold que ainda lle falta algo de entreno para estar a tope.
Mentras nos íamos a correr, Deisy seguia co seu entrenamento cos obstáculos. As vallas xa as ten dominadas asi como tamén a pequena empalizada. A parte deses obstáculos , tiña tamén o slalom ,que sigue atrancándoselle , e un pequeno tunel que non lle costou nada afrontalo.
O que si se nota é a melloría de Deisy co seu problema de pel.
Contra o final, o ver que Deisy queria ir detras do tiro de Hera y Arnold , decidimos probala con Hera. foi pouquiño tramo pero o suficiente para que se adaptara a tirar.
Aqui tedes 71 fotos
Comentarios (0) - Publicado o 29-10-2011 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
3ª xuntanza no Barbanza
Desta volta preparamos uns exercicios máis difíciles.
Duas vallas , a empalizada e un pequeno slalom.
Os cans que estiveron foron : Deisy, que día a día nótase a melloría ó seu problema de pel así como a melloría á hora de afrontar os obstáculos; Arnold ,Hera, Kira,Bony e Chula que ós seus 14 anos foi capaz de facer o slalom.
Puxemos os obstáculos máis separados que da outra vez e sen rede . Tanto Hera como Arnold fixérono de marabilla. A Kira costuolle un pouco saltar as vallas e a Deisy o slalom dáballe un pouco de medo. Seguro que na próxima sesión , Deisy acabará facendo o slalom.
Aqui tedes 109 fotos da xuntanza
A mala noticia da xornada foi o atropelo que sufreu Kira unhas horas despois. Dende aqui esperamos que se recupere axiña, para que siga disfrutando e aprendendo máis obstáculos.
Comentarios (5) - Publicado o 22-10-2011 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
2ª xuntanza de socios e amigos de AGACETT no Barbanza
Unha nova tarde nos xuntamos para conseguir progrosos cos nosos amigos de catro patas. Desta vez había 2 cans máis, Pinky e Luna.En total eran 2 dobermann, unha border colie, unha cocker, e 4 mestizas de raza pequena , é decir 8 cans.
Como facía bastante calor deixámolos soltos para que xogaran entre eles mentres preparábamos unha pequena empalizada, para pacer un conxunto de obstáculos composto por unha vala doble, unha valla simple e a empalizada.
Cando afrescou un pouco puxémonos mans á obra para ensinarlle os exercicios. A primeira en afrontar a empalizada foi Kira que ca motivación da pelota fai o que sexa. Despois ca axuda de Hera fixemos que Arnold subira este novo obstáculo.
Con Deisy costounos un pouco máis, que aínda que estaban cercados por unha rede, ela saltaba antes a rede que subir a empalizada. Ó final lográmolo incluso sen a rede.
O positivo que sacamos desta xuntanza foi o gran cambio que estan sufrindo tanto Deisy como Kira, que xa son capaces de xogar co grupo, ademáis de ir afrontando novos retos ( obstáculos neste caso )
Cando teñan ben dominada esta pequena empalizada pasaremos a outro obstáculo como pode ser o slalom, o balancin, o túnel, a pasarela,unha empalizada máis grande, etc...

Déixobos unhas fotos aqui


Comentarios (0) - Publicado o 15-10-2011 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
mushing concello de Santiago de Compostela
Desarrollouse en dúas xornadas, sábado e domingo. O sábado so había canicross cunha distancia de 2,5km polo que eu o fixen con Hera. Saimos, mais ben Hera saiu endemoniada, saltando por riba das pedras e correndo por riba dos toxos. Fixo unha gran carreira logrando unha 3º posicion na xeral e un 2º posto na categoría sénior .
O domingo fixemos 5km de canicross e outros 5 de bikejoring.
O canicross loxicamente o fixen con Hera pero desta vez eu non aguatei o forte ritmo que me impoñia Hera pero foi o suficiente para manter o 2º posto da categoría sénior.
O bikejöring fíxeno con Arnold. Era unha proba de fogo para Arnold , xa que había que ver como respondería despois da gravísima lesión que tivo o 31 de xullo. Como era de esperar non aguantou a forte ritmo os 5 km pero nos 2 primeiros ía coma un raio, tanto que incluso cas rodas totalmente bloqueadas fun arrastro uns 10m lastimandome un pouco na perna e no brazo. Despois desa caida marcamos una velocidade máxima de 35,4km que cas carecterísticas do circuito , é moitísima velocidade. A partir de ahi foi a menos ata sentar o cu a uns 300m da liña de meta.
Pouco a pouco iremos facendo que Arnold colla algo de fondo sempre e cando non teña ningunha secuela importante. Estes meses ata fin de ano serán unha gran proba para ver se está capacitado para o gran esforzo deste deporte.Na galería fotográfica temos fotos do evento.
Comentarios (0) - Publicado o 09-10-2011 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal

Visitas dende 1 de xaneiro de 2010








Mi Ping en TotalPing.com