Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Recomendando DISTRITO 9
Entre nós, non falamos de xenocidio, tortura, apartheit porque é tabú. Pero podemos falar de tortura animal, de circos ou de alienígenas, con tranquilidade, porque é algo alleo á nosa propia especie, non entran dentro do noso círculo moral.

DISTITO 9 amósanos con claridade o outro lado do espello. As nosas propias miserias diarias, non hai chaleco antibalas para un negro, e as nosas miserias colectivas, mil veces repetidas sobre a face do planeta.

É unha película de humor NEGRO en todos os sentidos. Merece a pena.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Reencontro con Amanda Plamer
Un día buscando non sei que cousa, ou voando entre as webs, atopeime con Amanda, xa o dixen antes. O caso é que voltei a atopar con ela recentemente nunha radical intervención musical, na rede claro, POR FAVOR BOTÁDEME.

Cantas veces non pensamos iso?. Non estamos alí por que sí, é a nosa autodisciplina e o noso rigor o que nos fai estar, quizais estamos desexando irnos, pero as nosas ensinanzas a nosa hiperresponsabilidade, cuasi militar, ou ao menos militante, non nos deixa.

As veces faríannos un favor botándonos, si creoo ben.

Non deixedes de pasar polo blog de Amanda, mais por favor non vaiades a quen a matou , que da un pouco de mal rollo.

Simplemente encántame:


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-09-2009 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Voando a ras de mar
Voando durante un tempo a ras de mar pasei todas e candas cristas das ondas hai, como pardela sombría. Perdido na súa inmensidade trataba de buscar nada, nin a min mesmo.

Así din de novo con esta pantalla que abandonei voluntaria e temporalmente, e, nin a botei de menos.

Mais, o día que voltei, coa mirada fixa nos seus imperceptibles flases, perdía a verticalidade porque o meu corpo aínda abaneaba en cada onda. Aquí si que botei de menos o mar. Agora, debezo por voltar, e se alí untaba de aceite os beizos para que o salseiro non mos cortara, agora bótolles sal para que, cando peche os ollos, parézame que son os rastros das cristas das ondas que quedan en cada recanto de pel.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2009 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal