Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Paralímpicos en Beijing
Teresa Perales
Como o prometido é débeda, non podo deixar atrás as paralimpíadas. Estes grandes deportistas merécense un aplauso, anque sexa a destempo.

Se nas olimpíadas o 20% dos deportistas do Estado Español que acudiron eran galeg@s e conseguiron o 22% das medallas, neste caso só o 4,6% dos deportistas eran galeg@s e conseguiron o 10,3% das medallas, que en proporción non desmerece nada.

Dos cinco representantes dous representaron á natación, Chano Rodrígez e Pablo Cimadevila, dous ao atletismo, Gustavo Neves e Maxi Rodríguez, e un ao tenis, Alvaro Illobre.

Entre t@dos estes heroes, e tendo en conta que tod@s o son, gostaría de destacar ao propio Chano ao que coñezo e admiro e tamén á maña Teresa Perales, unha muller e unha campiona completa!.

Falaba no post das olimpíadas de historias máis alá da razón que levan a algunhas persoas a buscarse a vida incluso no deporte. Nas paralimpiadas volvemos a ter casos semellantes, como o de Abderrahman Ait Khamouch, pero mesmo as historias vitais destes heroes desportivos teñen grande interese e merecen ser coñecidas, faladas, valoradas e tamén poida que tan admiradas como as súas xestas.

A batalla de Teresa no vaso non é menos importante que a que mantén no parlamento, o público que a aplaude na piscina tamén a segue dende as bancadas dun mitin político do PAR.

A historia de Chano é ben distinta, como el ben di, o pasado non se pode borrar, aínda que a pesar diso e de ter pagado coa xustiza, a súa vontade siga a ser tratar de ofrecerse aos demais, incluso na area política, neste caso no BNG.

Despois do exposto, os voos en barrena non deixan de ser unha simple pirueta caprichosa.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Voo en barrena
http://www.fotonatura.org/galerias/7588/

Barrena (en inglés, spin), é unha situación de voo na que, tras un excesivo ángulo de ataque éntrase en pérda, debido a isto, a forza de sustentación xerada por ambas as é diferente: mentres unha a está en pérda e produce moita resistenza e pouca sustentación, a outra está voando, xerando sustentación.

Este desequilibrio provoca inmediatamente unha autorrotación acelerada, coa parte dianteira moi baixa, e o conseguinte descenso pronunciado. Se a entrada en barrena prodúcese, voluntaria ou inadvertidamente, por baixo dun umbral de seguridade puede resultar imposible recuperar a tempo a actitude de voo normal. Case ninguén provoca unha caída polo risco que conleva de non endereitar a tempo.

Esta recuperación depende do tipo de barrena pero pode ser suficiente con manter os aleróns e o temón de profundidade en posición neutral, e o temón de dirección oposto ao sentido de xiro para deter a rotación, e a partir de aquí, recupérase a pérda a posición normal.

Sigo caíndo, pero menos mal, que tranquilidade nos dan os instrutores de voo, a grandes males, grandes remedios.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2008 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Mulleres nalgún podium masculino
Hai un mes puiden observar como unhas lanchas baleeiras cheas de brazos femininos bogaban na enseada da Horta, no Faial. Menuda conquista, nunhas bancadas sempre ocupadas pola virilidade e hormonas masculinas facendo de herois cun arpao na man diante dun inofensivo cachalote.

Neses dous días un par de novas trouxéronme ese recordo. Onte vin no podium da Powerboat P1 en Vigo a unha muller americana patroneando unha nave que é a máxima expresión da potencia masculina, un motor mariño sen límite de velocidade. E hoxe podo comprobar como as mozas de Cabo de Cruz, Chapela e Meira vencen as traínas bascas de Astillero, Zumaia-Getaria e Hondarribia, unha vez máis bancadas sudadas, ata hai ben pouco, polos machos musculosos.

A muller conquista lugares no mundo, tamén aqueles defendidos a ultranza pola musculatura masculina. A fórmula 1 ou as motos GP aínda se lles resisten, mais, naqueles lugares onde hai algo novo entran coma un canón, sobre todo no mar.

Xa a puxen, pero poreina unha e mil veces máis, versión en directo, mala pero fresca. Bebe e máis elas berrando a morrer, na súa/vosa festa!!!.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-09-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Nós os aboríxenes
Historia viva da Costa da Morte, Xan Fernández Carrera, fotos Ramón Caamaño.
Outro libro de aniversarios, neste caso, Los aborígenes de Juan Luís Arsuaga.

Libro de corta e pega, interesante no seu contido auque un pouco frouxo, en realidade adaptado para gañar un premio gastronómico, si.

O máis interesante é o final:

Non reemplazamos aquí a ninguén e non nos apoderamos da súa terra, nin dos seus animais, nin das súas plantas nin das sepulturas dos mortos. Os que pintaron na cova de Altamira e nos abrigos do Mediterráneo eran os nosos avós.
Nós somos os aborixes.


Danos un pouco de tranquilidade saber que hai 40.000 anos que chegamos aquí e fainos lamentar daqueles aborixes que xa desapareceron, os últimos Mohicanos.

Deixovos unha versión da banda sonora que merece a pena, grupo Indiogenes.

A foto é de Ramón Caamaño, unha persoa marabillosa que foi quen de deter no tempo a nosa realizadade humana. Antroido de Muxía, 1942.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2008 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal