Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Remata o soño chino de Beijing08
Beijing, alí chegaron deportistas, gladiadores, aloitadores, monstros ou non sei como dicir...entre eles algúns dos que mellor nin comentar, como o incrible Phelps. Dourtos si cabe comentar, como o Carlos Perez, o David Cal, o Antón Paz e o Fernando Echávarri, O Noya e o Raña..., e outros paisanos que foron e voltaron con máis ou menos ilusión. Mais, quixera destacar @s tol@s da velocidade, que a pesar de ser de cor, por fin non son Yuseseys, senón Jamaicanos.

Usain Bolt, a máquina que bateu tres records do mundo chegando á meta nos 100 m andando e cos cordóns desapretados!!!, non hai dereito tanto descoido.!!!, que forzas dará a néboa xamaicana?. Sen esquencer a Asafa Powell, e a todo o equipo de 4x100.

Shelly-Ann Fraser, Sherone Simpson, Kerron Stewart venceron nos 100 m, Veronica Campbell-Brown e outra vez Kerron Stewart nos 200 m, Shericka Williams nos 400 m. Mágoa do fallo do relevo, falta de entrenamento, seguro!.

Pero entre todos eses, e esas, monstros humanos hai un par de historias que destacar, poida que máis.

Alemayehu Bezabeh, nacido en Etiopía fai menos de 22 anos, anque non se sabe cando, correu a final de 5000 m representando a españa, despois de ter chegado de casualidade ao país en avión, iso din as boas línguas, e de dar voltas vivindo en parques e por aí. Agora trata de chegar á altura do mítico compatroita Abebe Bikila (video).

A historia de Ayad Lamdassem non se queda atrás, naceu no 1981 en Sidi Ifni e correu a final de 10 000 m representando a españa, mais antes, no ano 2002 desapareceu dunha concentración de deportistas marroquís que acontaceu en Santiago para correr os Campeonatos Mundiais Universitarios de campo a través.


Xa sen tanto dramatismo non podemos deixar de lembrar a xesta de Yelena Isinbayeva, unha muller xigante, que sabe estar no ceo cos pés na terra, da o seu espectáculo pero hai que estirarse para chegar a súa altura. Impresionante a capacidade para rectificar a acción no aire do seu corpo en tres saltos e conseguir o seu máis anceiado olimpo.


Noraboa para eles e para todos os deportistas bos e xenerosos, sono todos mentres o control antidoping, ou outros enredos, non diga o contrario.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2008 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
O xiro postal
Os aniversarios son boas datas para aumentar a biblioteca, así neste último chegaronme un par de libros de agasallo, entre eles unha grande sorpresa, O xiro postal de Ousmane Sembène.

Un día de xa hai tempo, facendo zaping, atopei unha película africana que acababa de comezar, quedei pegado ao televexo durante toda a emisión, pasmado, abraiado coas paisaxes, as xentes, os costumes, e a resistenza diante da pobreza e a inxustiza, mesmo das tadicións, xa que, entre outros temas, trataba da oposición activa á ablación das nenas.

Ao comezar o libro mencionado, de seguida os seus párrafos buscaron no meu disco duro cerebral as imaxes daquela película, os acontecementos descritos no xiro postal reconstruíanse na miña mente coa estética daquela película. O libro lino nun avión nun longo voo, este si que foi de altura, a 10000 metros, e polo tanto non tiven oportunidade de conectarme á rede para pescudar.

En canto puiden busquei información de Ousmane, descubrindo que nos deixou recentemente, a penas un ano, e tamén que aquela película, chea de miseria, pobreza e dignidade, ao mesmo tempo, chamábase Moolaade.

O filme do xiro postal comeza case como imaxinei e tratarei de buscalo para velo completo, nel, denúnciase a hipocresía, a corrupción e o parasitismo dunha sociedade que ten a posibilidade de cambiar. Seguiremos mirando para África e para as súas leccións de dignidade. Grazas Ousamane pola túa dificil e heroica existenza.



Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-08-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Mundos paralelos
http://nikoguido.com/
Un estudaba os gorilas da costa e das terras baixas de Gombe, non se moveu en dez anos do Stream Research Center de Tanzania. Outro adicábase ao estudo do impacto dos insectos taladradores nos mobeis de diseño de ikea, para iso percorría as 210 tendas instaladas en 24 países, ambos pertenecían a mundos paralelos, servíalles o blog para expoñer as súas experiencias e saber un do outro.

Este vivía nunha rúa de Manhatan, Broadway, cruce Dr. Martin L. King Boulebard. O outro nunha rúa de Manhatan, Broadway, cruce Fort Washington Avenue. A cor da súa pel era distinta, pertenecían a mundos paralelos, servíalles o blog para expoñer as súas inquedanzas.

El vivía nunha rúa, nunha casa, frecuentaba un pasillo e durmía nunha cama. Ela vivía nunha rúa, na mesma casa, frecuentaba o mesmo pasillo e durmía na mesma cama. Vivían no mesmo lugar e en mundos paralelos. O blog servíalles para discutir se un limpou todas as pezas do baño, se o outro trouxo suficiente comida para o xantar familiar do domingo, que quixo dicir o cativo cando dixo "Gua" ou cando é mellor día para levar á avoa a unha limpeza dental.

Enormes mundos paralelos coexistindo e que se unen por un fino fío que se chama blog. Menos mal, santa tecnoloxía.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-08-2008 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal