Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Construíndo unha Galiza común
Nun tempo de involución, onde non só se acadan novos avances sociais senón que se retroceden a pasos de xigante mesmo a avances conseguidos hai máis de CEN ANOS, chéganos unha invasión roji-gualda sen precedente.

Dígolles a tod@s que no mundial do ano 82, que vivín de preto por adestrar no atletismo ao pé do estadio de Balaídos, non vin semellante fenómeno.

Este rearme da iconografía española está enraizado no máis rancio PAN e CIRCO romano, que tantos réditos lle deu aos emperadores diante dos seus servís e papanatas vasalos.

É por iso que, unha vez deixada pasar esta ondada, ao pairo, ou no mellor dos casos ao socaire dalgunha illa feiticieira que nos atenúe o barlovento, compre contestala, e non cunha burda contraiconografía doutras cores, senón nunha construcción diaria.

Merece a pena reler o artigo de Calo Lourido, no que recolle dúas cousas moi necesarias:

A primeira, unha lembranza da I Asambleia Nazonalista das Irmandades da Fala, celebrada en Lugo en novembro de 1918, onde se dixo que: tendo a Galicia todal-as características esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre nazonalistas galegos.

De hoxe para sempre indica unha marca de ferro no cadril imaxinario, non como troquel repetitivo e sistemático, senón como sinal de identidade que nos reafirme como galeg@s.

E a outra cousa importante que recolle o artigo son unhas palabras de Martí:

Para render tributo, ningunha voz é débil, para enxalzar á patria, entre homes (e mulleres) fortes e leais, son oportunos tódolos momentos.

Fagamos pois dos nosos pequenos momentos un gran acto de difusión que non se quede nunha vacua iconografía senón que encha de ilusión para traballar na construcción todos os días do noso país: Galiza.

Antes que nada non perdamos o humor


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2010 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal