Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O salgueiriño
O manancial da Paraguda é o máis alto da parroquia, case a 500 metros de altura, e a pesar disto, nunca deixa de manar auga, parece incrible. Mágoa da erosión que se produciu ao seu arredor quedando unha boa parte da rocha á vista, agardemos se poida recuperar esa zona, por outro lado fortemente castigada polo lume do 2005.

Traer esta descrición aquí non tería moito sentido se non fora por un achádego alí mesmo. Revisando a xigantesca laxe de rocha pura sobre a que se asenta o manancial observei un pequeno vexetal no medio de toda a superficie pelada, era un pequeno salgueiro medrando da nada.
Era, é, xa que aínda está alí, a metáfora do mundo que nos rodea.

Un ser vivo que medra nun medio agreste sen case punto de apoio, pero que pula por sobrevivir e por abrir as súas follas á luz do sol, só por unha cousa, porque ten auga. Ben sabemos que o solo granítico, sobre o que se asentou a cultura milenaria galega, é un lugar con dificil capacidade de retención de auga por ser pouco poroso, mais, entre as fendas fíltrase cada gota de rocío que logo se xunta con máis facendo un acuífero, sobre o cal os seres vivos zugamos o fermoso tesouro que é a auga, a nosa fonte de vida.

Que representa o salgueiriño?... a vida do monte que se resiste a desaparecer a pesares do lume?, a nosa propia entidade de galeg@s que nos resistimos e vivimos da mínima gota de dignidade?, o noso/meu anceio de sobrevivir neste mundo inóspito a calquera custe?.

Cada un que busque o seu salgueiriño, mentres cantaruxamos a coro:

Prende salgueiriño, prende,
beira da fonte pequena
tamén meus ollos prenderon
no corazón dunha nena
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2008 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
Curro de San Cibrán
O domingo 22, por primeira vez vin a chegada das bestas no Curro de San Cibrán, na Chan do cereixo, lugar de ocupación humana ancestral na parroquia gondomareña de Donas.

Entrada ceremonial e triunfal no curro. De pouca espectacularidade gráfica xa que os cabalos non entran ao galope, case desbocados, que é como máis lles gustan aos fotógrafos, obtendo así unhas espectaculares imaxes coas crins ao vento.

Neste caso a entrada é especialmente espectacular para o corazón xa que pon os cabelos de punta da emoción.

As greas entran custodiadas polos cansas persoas humanas que, despois de dous días rastreando o monte, entran xunguidos nun longo cordon perimetral, man com man, bastón con bastón, nunha especie de sacra irmandade, acompañando paseniñamente a toda a manda que entra tranquilamente no recinto do curro. Sen un sobresalto, sen un berro, sen unha couce, a penas cos rinchos auguradores do seu firme paso e da nobreza animal. Alguén dubida que non sexan persoas?.

Así comeza a xornada no curro, que transcorre dentro do previsto, con pouca violencia e coa impaciencia de entrar no direto dun programa de televisión.

Buscar en: España directo do domingo día 22. Minuto 22:05 ata 24:34. Hora de emisión 19:14.


Deixovos unha reportaxe do evento.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-06-2008 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza, un nome lexítimo para a nosa terra
Recentemente, vense de abrir de novo a polémica sobre o nome do país (Galiza ou Galicia) a raíz dun ditame da RAG.

Dende logo que, frente a esta posición en relación cos castelanismos léxicos, asumo as cuestións plantexadas no comunicado do BNG:

En primeiro lugar, a forma Galiza é netamente galega, como se pode comprobar ao revisar textos da etapa medieval da nosa lingua, na que estaba plenamente normalizada nos seus usos. Mais non só iso, senón que na época contemporánea foi e segue sendo usada por numerosísimos autores e en multitude de textos. Un exemplo é o Sempre en Galiza de Castelao.

En segundo lugar, a normativa actual, aprobada pola mesma RAG no 2003, lexitima as dúas opcións.

Palabras vivas de Iria Aboi, pronunciadas no panteón dos galegos ilustres o ano pasado na véspera do día da patria. Palabras arroupadas en intervencións chairegas, acuáticas e repichoqueiras.

E outra vez Iria no Día da Patria 2007, palabras de amor.

Galiza...irei un día dende o Courel a Compostela por terra liberada.
Uxío Novoneyra

Sempre en Galiza, sempre en galego
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Lección de voo
Voar é desprazarse a traveso dun espazo tridimensional, con movementos vectoriales ou relativos en calqueira sentido.

O voo é a acción de voar: calquera movemento a través do aire xerado por elevación aerodinámica ou flotabilidade aerostática. Tamén recibe o nome de voo o desprazamento das naves espaciais máis aló da atmosfera terrestre, a pesar da carencia de aire e gravidade.

Os paracaidistas durante a caída libre, aínda que van sempre cara abaixo, voan,de forma relativa.

Moverse un animal polo aire sosténdose coas ás ou un aparello por medio doutro sistema

Viaxar nun medio de transporte aéreo.

Elevarse unha cousa no aire e moverse xeralmente a causa do vento.

Ir polo aire unha cousa arroxada con violencia

Desaparecer rápida e inesperadamente unha persoa ou cousa.

Ir a un lugar con gran présa.

Facer as cousas con gran rapidez.

Propagarse as noticias rapidamente.

Facer saltar no aire por medio dunha explosión.


Vo rasante
Aquel que se realiza seguindo o perfil dunha supeicie.
Para este tipo de voo hai que manter moita destreza e coordinación, manter a observación en todo momento anticipándose á orografía do terreo ou aos seus volumes, caso da superficie do mar.

Para mellorar a sustentación hai que ahuecar as áas e así permitir maior cantidade de aire baixo delas xa que se tocamos cunha superficie sólida se o perfil da áa está plana perdemos sustentación de prodúcese unha caída segura.

As mellores neste tipo de voo son as pardelas.

Mentres provamos podemos cantarruxar unha vella melodía dos Gipsi.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2008 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Margarita Ledo e Carlos Velo
Margarita recibiu o Premio Nacional da Cultura Galega na modalidade de Cinema e Audiovisual, outros persoeiros e institucións tamén, tod@s moi interesantes. Nos vindeiros días debería estar disponibles nos videos da web da galega.

Pero o discurso de Margarita impresionoume. Nel referiuse a Carlos Velo, como cineasta galego que agardaba unha terra liberada e autosuficiente, normalizada e polo tanto con cine de seu. Antes de morrer Velo pediu que as súas cinzas foran deitadas no mar de Veracruz para, que logo de dar a volta ao océano, arrastradas pola corrente do Golfo, chegaran á finis terra dos celtas.

Gostaría coñecer mellor a obra de Velo, cineasta exiliado em México despois da guerra, e mesmo máis profundamente a de Margarida, teño pendente ver o seu documental sobre Lister.

O caso é que as cinzas de Velo seguen o mesmo camiño que as tartarugas mariñas, e estas tardan entre 7 e 15 anos en chegar, polo que de seguro as cinzas están xa entre nós, ou en calquera outro fisterre celta.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2008 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Goodbye Norma Jean, anque nunca te coñecín
Así cantaba Elton Jhon para despedir a unha muller normal que caiu por descoido nunha estrela.

Hai 82 anos que naceu Norma Jeane Mortenson, viviu atormentada por crer que herdara o transtorno psicolóxico que acabou coa vida da súa nai Gladys Monroe.

No ano 1945 un fotógrafo da Marina visitou unha fábrica de avións, donde ela traballaba, para facer unha reportaxe sobre o traballo feminino durante a guerra. Jean foi elixida para se retratar cun hélice na man para a revista militar Yank, pasando inmediatamente a ser modelo.

De infancia dificil, de vida complexa e frustrada, de proxección ilusoria e de morte escura, Marilyn segue a ser unha figura controvertida, repudiada ou desexada, en todo caso non indiferente. Ela que se atreveu a cantarlle o aniversario ao presidente dos yuesey, e quen sabe cantas cousas máis.

I wanna be loved by you just you and nobody else: Quero ser amada por vossé, só vossé e ninguén máis. Poida que mito fabricado, mais, ningunha reproducción será igual.

Non somos ninguén, somos os ninguéns, como dicía co seu whe are nobodies Marilyn, neste caso Manson.

Somos os ninguéns
Queremos ser alguén
Cando esteamos mortos
Eles saberan quen somos


Goodbye Norma Jean, anque nunca te coñecín


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2008 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Os curros
En xuño de 2007 falei dos curros unha e dúas veces, agora volven de novo. O pasado domingo estiven no curro de Mougás. Tristeza nos ollos das éguas polo monte arrasado no 2006, poldros famentos e menor número de cabalos nas greas, son as consecuencias do cambio climático e da falta de sensibilidade humana. Algo se move, lentamente pero algo se move. Mentres, a maioría das burras, os garañóns e os poldros voltan paseniñamente as campas.

Na foto amósase o KAOS do curro, onde todas as mandas perden a súa identidade e as burras tratan de mantela a patadas e trabazos. Máis fotos.

Este ano vendéronse moitos máis cabalos ca outros anos, é mal sinal. Aínda quedan outros curros e máis historias neste ano.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2008 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Autoestima para o galego
Fáloo porque si e porque me da a gaña.
Fantástico Deus que te crew recreando en rap a Celso Emilio, hai esperanza!.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2008 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Autoestima para vós todas
Hoxe Nieves Rebolledo, alias Bebe, deume un motivo de ánimo renovado para continuar o anterior post. XD ondandará esta muller!!!.

Facer tomas diarias cada oito horas durante tres días e tres noites seguindo este ritual (probarei eu ao menos unha vez ao día tamén):

Abrir a xanela de par en par, aínda que a chuvia dea na cara ou o vento espeluxe os cabelos, e cantar en alto.

Hoxe vas descubrir que o mundo é só para ti
que ninguén pode facerche dano, ninguén pode facerche dano
Hoxe vas comprender
que o medo pódese romper cun só portazo.
Hoxe vas facer rir
porque os teus ollos cansáronse de ser pranto, de ser pranto
Hoxe vas conseguir
rirte ata de ti e ver que o lograches

Hoxe vas ser a muller
que che dea a gana de ser
Hoxe vaste querer
como ninguén che soubo querer
Hoxe vas mirar pa diante
que pa atrás xa che doeu bastante
unha muller valente, unha muller sorrinte
mira como pasa, Ha!.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2008 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
O calado berro de Chelo
Recibiume cunha aperta de oso erguéndome medio metro do chan, pensei que todas as costelas habíanme de escachar!, logo de solicitarllo con agarimo pousoume no chan pouco a pouco. Entón, fun quen de lembrarlle os outros encontros mirándolle aos ollos, mais, na súa fuxidía mirada e na súa mente non hai un ano pasado, a penas un onte, foi inutil, este vivido era o único momento real.

A súa cara está enfundada nun coiro de king boxing, para non aumentar os milleiros de cicatrices do seu corpo deixadas pola desconexión do sistema nervioso central. Ela non é dona de seu, nin dos desexos, nin sequera da súa forza. Ou venlle demasiado grande, e é quen de fundirche a paletilla no medio dos pulmóns, ou desfaiselle nos xeonllos e da cos seus osos no chan, unha vez máis.

Como é posible se os dous aprendemos sobre a mesma versión do caderno de pauta?. Que capricho da natureza permite que unha mente se desenvolva e outra perda as súas coordenadas?. Faiseme dificil de comprender cando me vexo no espello da súa cara.

Pero ela non está soa, Tino achega a súa cadeira de rodas e cóllea con paciencia da man, ao principio ela rexeitaa violentamente pero logo volta o brazo atrás e sen mirar acepta o donativo e xuntos seguen o seu vagar polo xardín.

A pesar de todo, esta tarde Chelo foi quen de escoller dúas ceras, da caixa de doce, e con firmeza representar, co arco do seu brazo, todo aquilo que atormenta dende dentro as paredes do seu cranio, coma un berro silandeiro no medio do mar.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2008 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal