Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A revolución é non mentir nunca
Hai meses que ven correndo coma un río unha foto de Lennon e Guevara. A foto ven acompañada dun texto que é o seguinte:

Chicago, 11 de agosto de 1966. John Lennon se refugió en una vieja cabina de grabación de radio para estar solo y relajarse. Recién salía de una conferencia de prensa bajo la presión del escándalo desatado por sus declaraciones en marzo al London Evening Standard (aunque en Estados Unidos se conoció esto a través de la revista Datebook ) donde afirmó que los Beatles ya eran más famosos que Jesucristo. Situación que en Estados Unidos propició el veto de su música en varias estaciones de radio.

Aquel 11 de agosto, Lennon con guitarra en mano, levantaba su mirada y ante él estaba otra figura de pelo largo y con sueños de libertad. Guevara no sabía cantar pero tomó una guitarra y cantó, más bien gritó canciones sobre los oprimidos y las causas justas. John lo escuchó sin decir palabra alguna y el Che se fue así como llegó. Ni John ni Ernesto comentaron nunca nada acerca de ese extraño encuentro.Hoy se conoce la existencia de aquel miniconcierto secreto, y ya algunos se han aventurado en decir que ese encuentro marcó en definitiva la producción artística de John. Otros hasta han llegado a escuchar fragmentos de aquellos "cantos" del Che en "Revolución #9", del album blanco de Los Beatles.


Orde das imaxes de arriba abaixo:

Foto orixinal de Lennon e Tex 1972
Lennon 1966
Wayne Gabriel “Tex”
Troupe Lennon-Yoko
Libro con portada do Che
Che 1966
Fotomontaxe

Aclaración
O primeiro párrafo efectivamente é certo, unha conferencia de prensa acontecida non o 11 senón o 17 de agosto de 1966 no Hotel King Edward Hotel en Toronto, na que se gravou o seu contido e foi subastada por máis de 20 mil dólares no 2010. O resto do texto e a foto son unha broma baseada nunha foto de Lennon e Tex de 1972.

O que saiba un mínimo sobre a biografía do Che, será coñecedor de o 3/11/1965 Fidel Castro leu a súa carta de despedida: Outras terras do mundo reclaman o concurso dos meus modestos esforzos…

Dende marzo dese ano, o Che partiu de Cuba a Africa, onde estivo ata os primeiros meses do ano 1966, logo pasou clandestino á embaixada de Cuba en Dar-É-Salaam, Tanzania, de regreso da guerrilla do Congo, onde escribiu Pasaxes da Guerra Revolucionaria (O Congo), logo estivo outros meses en Europa Oriental, tamén clandestino, acompañado de Pombo (Harry Villegas); de alí partiu cara a Cuba, onde comezou a preparar a guerrilla de Bolivia. Pombo e Tuma (Carlos Coello) entraron en Bolivia en xullo do 66 e o mesmo Che en novembro, para iso mudou moito o seu aspecto físico mesmo figurando como unha persoa calva, con lentes e cun nome falso, Adolfo Mena González, no pasaporte de viaxe, todo iso para burlar á CIA.

Non é crible que o Comandante estivera de paseo en Chicago dous meses antes, menos en vestimenta militar e aparencia física barbada, sen atender a organización e preparación do continxente guerrilleiro cubano e a necesaria coordinación política cos revolucionarios bolivianos.

Tampouco John tiña ese aspecto no ano 1966, era moito máis lampiño. A cara do Guevara é da portada dun libro está recortada e pegada sobre a do músico que toca con Lennon, que non é outro que o seu compañeiro de escenario Wayne "Tex" Gabriel, que naceu en Houston, Texas o 24/12/1950 e morreu o 1/05/2010 aos 59 anos, guitarra principal de John Lennon e Yoko Ono, músico da formación ELEPHANT'S MEMORY dos anos 60-70.

Non me magoa a foto pois ademais das históricas figuras que prepresentan, a morte de Lennon non foi casual, tampouco a de Guevara, asesinado o 9 de octubre de 1967, dia do aniversario de John Lennon, ambas seguramente planificadas pois, cada un a súa maneira, eran pulgas molestas para o sistema.

“A revolución é non mentir nunca, nin violar principios éticos”
Ernesto Che Guevara

Por iso compre aclarar estes aspectos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-05-2012 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Sen sorpresas, Amanda Palmer
Un corazón que está cheo como un vertedoiro,
Un traballo que te mata lentamente,
Golpes que non se curan.
Sen alarmas e sen sorpresas,
Sen alarmas e sen sorpresas,
Veste tan canso e infeliz,
derrocar ao goberno,
non o fan, non falan por nós.
Vou ter unha vida tranquila,
un apertón de mans de monóxido de carbono,
Sen alarmas e sen sorpresas,
Sen alarmas e sen sorpresas,
Sen alarmas e sen sorpresas ...
Silencio, silencio.
Esta é a miña forma definitiva,
a miña última dor de estómago,
Sen alarmas e sen sorpresas,
Sen alarmas e sen sorpresas,
Sen alarmas e sen sorpresas, por favor.
Esta bonita casa
e un bonito xardín.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2012 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal