Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estrelándose no nome da ciencia
O astronauta non gosta de amores a primeira vista, mais nesta ocasión abondaron dúas cancións para prendalo dunha tola a un piano, de cellas rotas e beizos tortos, que lle dixo que coa metade superior do seu corpo era suficiente para traerlle boas lembranzas.

Mentres, a partir dese momento, voando a grande altitude co risco de estrelarse no nome da ciencia, pasea sobre a estación internacional tranquilo de saber que se se estrela na superficie da Terra, nun descenso desafortunado, calquera cacho do seu corpo, a poder ser da metade superior, evocará gratas lembranzas.

Xa se sabe que só se aprende a nadar tirándose ao mar.

Astronaut: se a interpretación é boa
video 1 e video 2

O vídeo é boísimo

"Who Killed Amanda Palmer" Video Series - Part 2: Astronaut from Amanda Palmer on Vimeo.



O directo non digamos.

Dende o outro lado do Altántico, o punk kabater brechinao de Amanda Palmer, grazas enkil por descubrima.


Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Tamén onte
Onte, tamén, deixábanos Benedetti. Alguén non se esquencerá de soterralo coa súa pluma.

Serea
Teño a convicción de que non existes
e nembargantes escoitote cada noite
invéntote as veces coa miña vanidade
ou a miña desolación ou a miña modorra
do infindo mar ven o teu asombro
escoitoo como un salmo e pese a todo
tan convencido estou de que non existes
que te agardo no meu soño para logo.



Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Onte Compostela
Onte Compostela foi un fervedeiro de reivindicación, a Quintana de Mortos latexou de vida, máis de 50 mil persoas faciamos revivir o galego unha vez máis, alegría e optimismo. Mentres, na radio, o novo conselleiro dicía (clicar en domingo 17 informativo 10:00 minuto 38:10, o resto da entrevista non ten perda)que non ten tempo para ler e que a poesia lle daba moito sono.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2009 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Bolboreta
Entre os dedos, e sobre o teclado, entrecrúzase unha bolboreta, sube, baixa, non deixa de enredar e pode chegar a molestar. Vai para a luz, trupa na bombilla, crea sombras multiformes, ascende, explora o teito, busca a esquina das tres paredes e fica ali.

Un ser que distrae, que desconcentra, mais non molesta.

Un anaco de natureza primaria que se introduce nesta nosa natureza humanizada para nos dicir que fóra tamén hai vida, e esa é real, non a cibernética.

Envolve, repinica, abofetea coa súas aliñas delicadas, deixa atrás un pó case imperceptible.

É admirada, escaneada, observada, e pasan os minutos apampado coa boca aberta.

E sube, sube, sube ata o inalcanzable. Minutos ou horas despois baixa volve coa súa leria.

Está ahí, se puidera colleríaa con agarimo para deixala ceibe na xanela, mais ata iso da temor, a tocala, a mancala, a devaluala, a que perda o seu esplendor.

Alí fica na esquina inalcanzable, e entre párrafo e párrafo, entre informes, entre orzamento e conclusión, mais, sempe hai un momento para observala e resistirse, nun instante en que para o tempo, a ser tamén bolboreta capturada.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2009 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal