Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que teñamos sorte
Que teñamos sorte
Luís Llach

Se me dis adeus,
quero que o día sexa limpo e claro,
que ningún paxaro
rompa a harmonía do seu canto.

Que teñas sorte
e que atopes o que che faltou
en min.

Se me dis 'quérote',
que o sol faga o día moito máis longo,
e así, roubar
tempo ao tempo dun reloxo parado.

Que teñamos sorte,
que atopamos todo o que nos faltou
onte.

E así toma, todo o froito que che poida dar
o camiño que, aos poucos, escribes para mañá.
Que mañá, faltará o froito de cada paso;
por iso, a pesar da néboa, hai que camiñar.

Se vés comigo,
non pidas un camiño chairo,
nin estrelas de prata,
nin un mañá cheo de promesas, só
un pouco de sorte,
e que a vida nos dea un camiño
ben longo.

E así toma, todo o froito que che poida dar
o camiño que, aos poucos, escribes para mañá.
Que mañá, faltará o froito de cada paso;
por iso, a pesar da néboa, hai que camiñar.

Escoitar


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-04-2012 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal