Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lévanos o mercado á extinción?
O amigo Juan Freire escrébenos: Os nativos dixitais utilizan a rede e o proceso de compra para construir a súa identidade

A vida mesma devén nunha mercadoría, como dicía Slavoj Žižek.

Algén fabrica TODO para nós e mercámolo, TOOOODOOOO, tanto, que mesmo precisamos mercar a nosa propia identidade en base a complementos, o futuro da moda, porque o que é o vestir está xa demodé.

Chegamos a ser consumidores das nosas vidas, mercamos xa non obxectos, senón tempo, experiencias, sensacións e sentementos.

Que caste de revoluçao pode servernos de liberación deste mercado opresor?.

Algúns sosteñen que a socialización da propiedade privada está xa superada como método de igualdade social, xa que o propio mercado tende a facernos ceibes e iguais, logo, a sociedade post-propiedade que caste de xerarquía vai crear?.

Dícian os vellos marxistas que a loita de clases é un proceso infindo, xa que sempre vai a haber castes por un ou outro motivo, mais, saberemos identificalas?.

No mellor dos casos, un día por pagar, alguén pagará para bailar sobre a nosa tumba ao considerarnos doutra clase.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2008 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
O voo dos miñatos na tarde de febreiro
Esta vella terra foi labrada polos kallaikoi, os habitantes das costas escarpadas, dos que dicían os romanos que veneraban aos animais e buscaban a adiviñación no voo das aves. Perdemos xa aquel costume pero se cadra non hai que adiviñar o que é case evidente.

Desde a antigüidade as aves están emparentadas co ceo, son mediadoras entre os ceos e a terra, portando mensaxes, por conseguinte personifican o inmaterial, con frecuencia a alma e a súa ánsia de libertade.

Estivo moi estendida a crenza de que a alma, ao abandonar o corpo defunto, botaba a voar coma un paxaro. Ao mesmo tempo o espírito da aguia é o espírito da valentía, representando a sabedoría ou o poder, dá a paciencia precisa para saber cando e como actuar e achegarnos ao equilibrio necesario entre o mundano e o espiritual. Permite ver a liberdade de acción que posuímos e que non sempre nos atrevemos a levar a cabo debido aos apegos. A águia é pois un signo de libertade, poder e sabedoría.

A psicoanálise indícanos que soñar con aves voando e dando voltas no ceo reflexa impaciencia, desexo de libertade e, tamén, que situamos moi alta a meta na vida, se estas son rapaces indica que haberá que pasar penurias e vencer aos enemigos.

A nosa tradición materialista lévanos a rexeitar o idealismo, o misticismo e mesmo a relixiosidade. Mais, camarada, quixera dicirche que aquela soleada tarde de febreiro, cando o sol caía sobre o teu inerte corpo, vin como dous miñatos levantaron voo diante nosa. Non sei que significarían para os nosos antergos kallaikoi…para min non eran máis ca o reflexo da túa dignidade, valentía e sabedoría, de quen adoptou a alta meta de poñerse durante tanto tempo á enteira disposición da nosa Galiza, frente as penurias e os enemigos. Agardo poidamos ser quen de manter vivo o teu desexo de libertade. Saúde camarada, até a vitoria sempre!.

Se unha águia era o símbolo da túa liberdade, de quen era símbolo a outra?.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2008 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
De Cuba chegan novas
O eterno comandante deixa paso. Unha vez máis un xesto histórico, logo daquela La historia me absolverá, logo da entrada en la Habana, logo da carta do Che, un paso adiante…abre a incerteza e a esperanza no futuro.
Tamén chegan curtas mensaxes e ti non estás aquí, nao estás aquí, e me falta o sono e me sobra o aire.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2008 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Arrieiros somos e no camiño nos atopamos
Camiño é dicir pedra. Coa que atopar, coa que tropezar, coa que aprender, á que rodear, á que recoller, aquela que che doe ao pisar, a outra á que lle das unha patada, unha preciosa (as menos) ou a que nin ves. Pedra e camiño, como dicía Ataualpa Yupanki, ou o canto de Mercedes Sosa. Ambas cousas van xuntas.

O camiño é rochoso e todos podemos –imos- tropezar....
The road of life is rocky and you may stumble too

e non por iso nos podemos autoflaxelar co calificativo de torpes, ou cousas peores.

...e mentres sinalas as túas fodidas dedas, alguén xa te está xuzgando
So while you point your fingers someone else is judging you

Could you be loved and be loved?
Could you be loved and be loved?


Noso benamado Marley
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2008 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Mentres siga a masacre dos animais
Vostede sabe tensionarme Doc, forma parte da súa terapia?. Non puiden quedarme contento coa contestación ao respecto do seu provocador comentario, non é antipática, é cruel!. Estiven toda a noite estudando os argumentos máis firmes, dende Marx a Riechman, pasando por Dian Fossey, Goodall e Bekoff ou Marcuse.

Pero remítome aos poetas ou aos bardos porque a súa mensaxe é máis comprensible cando unha idea subxace no interior dunha canción.

Habería que aplicar á humanidade, ao menos á maioría do primeiro mundo consumista, unha dose de civilizado como os animais (Roberto Carlos), tres veces ao día, e unha vez á semana baleas, ou na versión galega da CEMMA, con imaxes dos nosos irmáns cetáceos nas nosas augas.

Tamén teriamos que solicitar aos abellóns de Juan Luís Guerra uns ataques preventivos.

Con esta sinxela terapia, poida que a compaixón faga renacer a empatía que provoca que o compasivo se identifique co compadecido, ese mecanismo vale para tod@s, incluso para os animais. Habería acaso menos violencia de xénero así?.

Mentres os humanos sigan masacrando os animais segurán matándose entre si.Pitágoras. Escrito hai máis de 1500 anos, vé como non hai nada novo baixo o sol?.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2008 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Tantipaala no final da viaxe de Gajakarna
http://www.ashesandsnow.org/es/home.php
Non creo pecar de místico, pero cando aparece unha cousa tan fermosa, tan traballada e tan evocadora, hai que quitarse o sombreiro e simplemente contemplar.

Unha amiga abriume a porta da obra de Gregory Colbert

Tamén hai uns fermosos videos deste autor: parte un, parte tres, outro.

Cada foto podería ter o seu relato pintado. Vou facer o meu sobre a foto que puxen. Sería doado para min facer un conto sobre a imaxe do manatí ou a do cachalote, vouno facer sobre o que me resulta máis difícil. Aquí vai:

Tantipaala no final da viaxe de Gajakarna
Todos os días, ao erguerse, Tantipaala saía ao patio para saúdar á velliña Gajakarna. Ela fora o sustento da familia durante moito tempo, pero agora o seu corpo magoado estaba canso e a penas andaba uns tristes pasiños cada día, por iso non daba chegado ata o pesebre para coller a comida.

A mociña honraba así aos maiores, aos avós e a todos os que se marcharan xa do mundo terreal para o máis alá, onde no último momento a lembranza para a vella Gajakarna demostrábase cunha caída de ollos e un sinalar o pesebre. Así foi como vello tras vello, vella tras vella, lle foron indicando a Tantipaala que coidara da vella elefanta.

Se cadra ninguén sabía, nin chegaba a adiviñar, cando nacera Gajakarna, xa vivía cando se fixo o poboado, ela coa súa propia forza trasladou os pesados toros de mango dende a selva ata o descampado, ela ergueu os piares, ela fixo fuxir aos tigres e aos colonizadores, ela era o lombo do pequeno mundo da aldea.

Por iso, aquela mañá bretemosa, ao saír ao patio e ao non vela alí Tantipaala alporizouse, correu de aquí para alá tratando de buscala, pero nada, a súa cadea estaba rachada nun último esforozo, e seguiu as súas pegadas ata o río, alí a velliña desplomouse ao fracturar as súas débiles e cristalinas columnas e o peso do seu magro corpo caiu na auga. Tantipaala achegouse con coidado e viu a Gajakarna afogada polo seu propio peso, pola auga que cubría o seu nariz, pola súa vellez. A mociña reverenciouse diante da elefanta como se dunha velliña máis do pobo se tratara, e pensou en todos aqueles que se foran, en todos avós e todos os elefantes que xa non estaban máis que nas pólas da árbore bodhi.

E detectou un movemento, o último, no que Gajakarna erguía a trompa e sinalaba a troupe de elefantes (Gaja’s) novos que rodeaban a beira do río. Como aqueles velliños, transmitíalle á mociña a mensaxe de que se ocupara dos elefantes, daqueles orfos talludos que xa case non tiñan nin lugar onde vivir no saturado planeta (Bhu-loka) ocupado polos humanos.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-02-2008 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Sexamos realistas, pidamos o imposíbel
Retomando o vello lema que abriu a postmodernidade no maio francés, recollo o cabo para atraer cara estes tempos de tebras e incertezas políticas o peso da ideoloxía, do pensamento e da reflexión.

Cando mesmo o imperio quere vendernos que é quen de renacer, das cinzas do 11-M, como ave fénix transmutada, a elexir, entre unha muller ou un home de cor, independentemente de saber que significa iso. Busquemos fitos que nos permitan guiar, ou redirixir os nosos pasos entre tanta barbarie.

Lendo O espectro segue a roldar (Actualidade do Manifesto Comunista), de Slavoj Žižek, atopo o termo da interpasividade da sociedade capitalista, é dicir, a hiperactividade para ocultar que non se fai nada. Atopo tamén unha referencia á figura do psico-analista, onde Žižek fala de que o problema non é que o paciente esté aburrido ou frustrado polo enigmático silencio do analista, senón, que esté activo, precisamente por iso, co fin de manter ao analista no seu silencio. Vostede que pensa Doc?.

De paso agradezo a Xoan Carlos Garrido e a Francisco Sampedro que nos abran paso a este tipo de obras. Por certo que o Paco foi o meu mestre de filosofía no insti, anque o descubrín moito tempo despois de que me dera as palestras, unha mágoa por non ter aproveitado mellor o tempo, daquela non me interesaba tanto o pensamento ou a filosofía senón cousas máis tanxibles. Abride os ollos, camadas xuvenís, e non deixedes pasar os ríos que vos pasan por diante cara ao mar, que por outro lado é o morrer como dicía Jorge Manrique, de xeito impasible. É dicir, mollarvos!.

Tamén indica Žižek, no mesmo libro, que o tamagochi é unha máquina que permite a cada un satisfacer a necesidade de amar ao seu próximo. Permítenos satisfacer a necesidade de ocuparnos da veciña, dun cativo ou dun animal, sen perturvalos a causa da nosa intrusa compaixón e a nosa presenza.
Prefiro satisfacer a necesidade de amar, á natureza no seu conxunto, practicando en vivo e en directo, anque iso sexa subversivo e indecoroso para o sistema.

Se eu tivera unha paciente, como a Doc, só tería esta da personaxe de Lempika. Eu, na miña silla sen moverme e sen dicir nada, ou se cadra léndolle de cando en vez unha referencia de Žižek, e ela, percorrendo o seu diván e falando sen parar, na máis pura técnica interpasiva-activa. Outro día falarei da interesante e misteriosa figura de Maria Górska.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2008 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Alén do mar
Fuches alén do mar e truxéchesme a luz de tietá-
Eta eta eta é a lúa e o sol é a luz de tieta eta etá.

Volves atravesar o mar máis unha vez.
Vas e volves
Vem saber se o mar terá razão

Sei que há léguas a nos separar
Tanto mar, tanto mar
Sei também quanto é preciso, pá
Navegar, navegar

E así navegamos, sorrindo, bailando, vivindo, soñando contigo, sempre contigo.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2008 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
A enerxía nace da convicción
Veño de ler as máis de 650 páxinas dun libro que é un espello da historia do século XX, da resistenza dos pobos sometidos e do imperialismo que os/nos ameaza de extinción.

Fidel Castro
A miña vida

Conversas con Ignacio Ramonet

Resolvín nas súas páxinas o enigma anterior, a convicción é a clave, o motivo que nos dá enerxía para continuar.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2008 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal