Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe soñei con baleas
Con baleas azuis, estas si que eran azuis, que entraban nunha enseada e pasaban por baixo da proa, baixo a incredulidade e a intuición de que alí estaban, sensacións coñecidas de euforia reprimida para que os demais aprecien serenidade no estar, e así asenten as súas propias inseguridades.

Mais ao chegar a terra e ver para atrás unha delas aboiaba quilla ao sol e, espertando, a alerta lembroume outros casos e outros temores.

Que me desvela o soño?.

Simplemente o soño me desvela adiantando o horario de traballo?.

Menos mal que de mañá me contas o que che dixen entre soños, - que sempre te atopo-, acaso te perdín nalgún momento? Poida que ese interrogante tamén me desvele.

Curiosamente hoxe netereime deste varamento dun cachalote en Cádiz. Mera casualidade.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2007 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Máis alá dos límites da humanidade
Veño de ler a obra de Primo Levi, Si esto es un hombre. Unha historia terrible da sobrevivencia no campo xenocida nazi de exterminio de Auschwich que gostariamos que fóra só literatura, xa que por moito que leamos, imaxinemos ou empaticemos, nunca poderemos facernos unha idea do que aquilo era.

Interésame saber dos límites da humanidade, da resistencia, do que é o que nos fixo chegar ata aquí.

Sen tratar de ser unha revisión exhaustiva tamén cito outros libros que lin xa hai tempo:

En el corazón del mar de Nathaniel Philbrick e El desastre del Essex, de Owen Chase, ambos sobrevivintes do embate dun cachalote que afundiu o seu baleeiro no ano 1819 no medio do Pacífico, historia na que parece que se inspirou Melville para escribir Moby Dick, xunto coa de Mocha Dick. Historias que se repiten diariamente no Atlántico coas pateras.

Tamén a historia do capitán Sackleton, e a tripulación do Endurance, no ano 1914 aporta diversas historias de vidas extremas con final feliz.

Historias de HOMES que contan xestas incribles de sobrevivencia. E as MULLERES?. Non podemos esquencer grandísimas testemuñas como Cárcere de Ventas de Mercedes Núñez, ou a recente película As trece rosas, sobre o mesmo tema. Ou mesmo toda unha enciclopedia de casos de mulleres represaliadas

Vivencias que temos o deber coñecer, ler, contar e recontar para que os seus nomes non se borren da historia!.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-12-2007 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Ícaro no labirinto do minotauro
http://www.geocities.com/aikidosama/Bv/boris_icaro.html
Dédalo construiu o labirinto cretense onde se encerrou ao minotauro antropófago, criatura nacida da traizón zoofílica de Pasífae. Entrar no labirinto era unha morte segura, ata que Teseo entrou no labirinto e o amor de Adriadna levouno a vencer ao minotauro e a atopar a saída con axuda da espada e da manela de la que lle proporcionou.

Algunhas versións indican o castigo de Minos a Dédalo, e ao seu fillo Ícaro, no centro do labirinto, e estes fuxen voando, anque non é crible que Dédalo, constructor do labirinto, non soubera sair del, xa que tivo que deixar no centro a gaiola do minotauro e sair do mesmo. O caso é que tentando sair voando cunhas as feitas de plumas e cera, Ícaro non fixo caso das recomendacións técnicas de Dédalo e tratando de ir máis alá do posible a cera das as derreteu, perdeu as plumas e caiu no mar. A caída dun reto.

Todos entramos algunha vez no labirinto e caímos como Ícaro se non podemos acadar o obxectivo do reto, agardo que a cera das miñas as aguante o máis posible e se non consigo, que a caída sexa leve (rápida e letal). O caso é dar co minotauro (que aspecto terá?) e vencelo.

Non deixedes de revisar as ilutracións deste admirado monstruo: Boris Vallejo.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2007 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
videos de baleas e golfiños
E uns videos de baleas e golfiños, por que non?.

Hai centos, estarei envisiándome con youtube?.

Baleas azuis

Cantos seres é un cardume?.

A complexa vida social dos arroases.

A pesca da balea, para rir.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2007 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Pequenos momentos de disfrute
Levo tempo buscando videos de animación e teño atopado cousas fantásticas, tamén verdadeiro lixo, deixovos un par de obras:

Red ocean

Pinguíns

Teño máis.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-12-2007 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal