Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A nosa propia ordenación do universo

A acuática ordea o universo e debuxa un novo mapa para a viaxe, nun alarde de renovación próprio do solsticio de verán.

Aínda fóra de tempo esa sensación de renovación ten que ver coa situación que vivo neste momento.

Onte durmín baixo as estrelas. Era algo que quería facer dende hai tempo e non daba feito.
Durmir baixo as estrelas non ten segredo, cada día o facemos, outras veces teño durmido na praia ou noutros sitios.

Cando se construía a casa onde vivo soñaba con facer un observatorio de cristal sobre tellado, non para nada, senón para durmir baixo as estrelas. Por falla de orzamento e dificultades técnicas e mesmo legais non o fixen e quedoume un aquel.

Así que como estes días véxome rodeado de pintores que se adican a desordear o meu entorno, coma un tornado espiral imparable, pois toda a casa é un verdadeiro caos, así que durmín no pinche, baixo a velux do tellado, entón lembreime daquel soño que tivera hai tempo. Como a xanela só deixa ver un pouquiño de ceo estiven toda a noite abrindo un ollo para ver si pasaba a lúa polo cadro, total que durmín fatal!, e a lúa pasou.

Aquel caos astronómico sobre a miña cabeza dábame a tranquilidade que me quitaba o atentado ao síndrome de Dióxenes que produciron os pintores na miña psique.

Pero quedei contente de poder ter durmido baixo as estrelas, de ordear o universo un pouquiño antes de durmir. Un pracer ben doado e ben barato pero que non é apreciado neste mundo que vivimos a toda velocidade.

Tratarei de repetilo como terapia unha vez á semana, que opina Doc?.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2007 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
O rastro entre as ondas
Sigo o rastro que outros deixaron na corredoira, dixo a paciente da Doc. Todos seguimos algún rastro, anque as veces o espazo está ermo e non hai camiño, ou ao menos non está claro. E menos no mar, onde os rastros dos ronseis péchanse e borran a senda. Camiñante non hai camiño faise camiño ao andar, escrebía Antonio Machado e cantaba Serrat, entre outros.

Hai moito tempo, xa 17 anos, algúns tolos abrimos un camiño incerto para tratar de saber máis do noso mundo, dos golfiños e baleas, e conseguimos avanzar apenas un pasiño. Hoxe, vendo cara atrás, sobre aquel camiño que comezamos en solitario, vemos que outr@s petiscan nas nosas palabras e nos feitos, tanto, que camiñan a canda nós e mesmo poida que xa nos teñan superado o paso. Deseguida chegarán a novos camiños aínda sen abrir e a historia repetirase.

Onte atopamonos aquelas xentes que abrimos ese camiño e foi un día de lembranza e de ledicia, de sentementos fortes que nos fan pensar que andamos camiño, que estamos vivos, mais, tamén que cada vez a nosa senda particular é máis curta. Non me magoa.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2007 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chichi e o segredo do humor
Tiña gañas de facer uns comentarios a respecto de Chichi Campos, como homenaxe á súa inmensa figura.

A referencia do fabuloso libro o segredo do humor, -lino hai ben tempo- por parte da Doc , impulsoume a desenvolver esta cuestión.

Xesús Campos, alias CHCHI, foi un creador inclasificablemente lúcido, cun inmenso talento para conectar cos demais, un grande comunicador, implacable, ácido pero tremendamente humano. Coñecín a Chichi baixando a costa da fortaleza de Doña Urraca en Salvaterra de Miño, antes de que houbera ponte para ir a Monçao. Tipo curioso, espigado con garabata e cun maletín. Só el foi quen de atreverse a mudar todos os letreiros toponímicos do concello de Fene pechándolle o F. Que cousa non tería deixado de facer!. Para iso está en Fene o museo do humor.


O humorismo -di Celestino- é un esforzo por superarmos a propia debilidade e, mesmo por eso, algo verdadeiramente serio que se agacha baixo a aparente broma.


Chichi era serio, e por iso era humorista, guionista de televisión, articulista, libreiro, etc. Unha máquina que un día caducou e deixounos, e aínda hoxe te botamos de menos!. Foi un mestre, un recipiente do saber, da universiade da vida, é por iso que me premitirás chamarte, amigo, Chichi CAMPUS.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2007 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Nominación e oito razóns
Seguindo a terapia e o amable convite da Doctora Seymour paso a detallar oito gustos, oito cousas importantes, anque non en orde correlativa.

O chocolate. Anque din que reprime o sexo, menos mal!, se non onde habiamos de chegar.
A liberdade. Igual que o cabelo, só se aprecia cando se perde.
A poesía, anque as veces non a entendo, igual que as mulleres, muller=poesía=muller.
Sobar despois de xantar. Teño a impresión que non son quen de estar máis de doce horas esperto, por veces cánsame a vida.
A banda deseñada e o cine. Deben ser historias ben contadas.
Os animais. Tratar de comprendelos, de saber que e como pensan, de buscarlle un sentido aos seus actos, por extensión animal: o ser humano.
A filosofía, a política, a ética, a xustiza, calquera ámbito do saber que me faga tratar de comprender este mundo tan inxusto.
O mar. O útero materno da propia vida. E os seus habitantes.
O compromiso como acto de amor. Cos meus, co país, coa rebelión, con todo aquilo que precisa dunha man amiga.
Non teño nin oito recomendados así que o proselitismo deixareno para dentro duns contactos.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2007 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal