Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Itaca
Cando emprendas a túa viaxe cara a Ítaca
debes rogar que a viaxe sexa longa,
cheo de peripecias, cheo de experiencias.
Non debes temer nin aos lestrigóns nin aos cíclopes,
nin a cólera do airado Poseidón.
Nunca tales monstros acharás na túa ruta
se o teu pensamento é elevado, se unha exquisita
emoción penetra na túa alma e no teu corpo.
Os lestrigóns e os cíclopes
e o feroz Posidón non poderán atoparte
se ti non os levas xa dentro, na túa alma,
se a túa alma non os conxura diante túa.
Debes rogar que a viaxe sexa longo,
que sexan moitos os días de verán;
que che vexan arribar con gozo, alegremente,
a portos que ti antes ignorabas.
Que poidas deterte nos mercados de Fenicia,
e comprar unhas belas mercadorías:
madreperlas, coral, ébano, e ámbar,
e perfumes pracenteiros de mil clases.
Acode a moitas cidades de Exipto
para aprender, e aprender de quen saben.
Conserva sempre na túa alma a idea de Ítaca:
chegar alí, velaquí o teu destino.
Mais non fagas con présas o teu camiño;
mellor será que dure moitos anos,
e que chegues, xa vello, á pequena illa,
rico de canto gañarías no camiño.
Non has esperar que Ítaca te enriqueza:
Ítaca concedeuche xa unha fermosa viaxe.
Sen ela, xamais partirías;
mais non ten outra cousa que ofrecerche.
E se a atopas pobre, Ítaca non te enganou.
E sendo xa tan vello, con tanta experiencia,
sen dúbida saberás xa que significan as Ítacas.

Kaváfis
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2011 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Cabana en Gondomar
O xoves día 13 de outubro as 20:30 h terá lugar a presentación da novela gráfica Cabana de Baleiros do autor Tokio e editado por Demo Editorial. O acto terá lugar a partir das 20:30 h na Aula Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos. O acto será presentado polo debuxante Pepe Carreiro, autor de Os Bolechas.

TOKIO (nome artístico de Alfredo López), é un dos debuxantes pioneiros da BD galega durante os anos oitenta, daquela comezou publicando nos fanzines de Vigo (Castrellis, Katarsis, Coyote), despois publicou humor gráfico na Peneira, Faro de Vigo, El Correo Gallego e A Nosa Terra. Traballou como ilustrador científico e como biólogo mariño, actividade que aínda desenvolve. Agora volve á novena arte cunha obra editada por Demo Editorial: Cabana de Balieiros unha obra de intriga ambientada nunha vila mariñeira de finais do século XIX.

CABANA DE BALIEIROS é unha vila imaxinaria, inspirada en varias localidades da Costa da Morte, nos tempos en que os barcos aínda navegaban coa forza do vento. Esta vila é das que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco, chamado Telmo, chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que se descubre coas historias que fermentan na terra, fillas do salgado vento que trae o mar. Alí atopa a Céltia, unha muller herdeira de todas as sereas que na historia houberon. Ambos son testemuñas dos dramáticos acontecementos que acontecen nunha terra de costumes ancestrais, onde os instintos humanos marcan o ritmo da vida, xeran o destino dos seus habitantes e levan a algúns ao naufraxio da súa propia alma. Unha historia que nos achega ao longo das súas cen páxinas ao contexto social da Galiza do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro.

DEMO EDITORIAL ven de recibir o premio Ourense de BD, outorgado pola Casa da Xuventude, no ámbito das XXIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense recentemente celebradas. O responsable editorial, Manel Craneo, estivo presente no evento para a recollida do premio, unha figura do artista plástico Manolo Figueiras deseñada especialmente para o premio. Entre os galardoados de anos anteriores figuran, entre outros, os debuxantes Xaquín Marin e Miguelanxo Prado. O galardón foi concedido pola aposta da editorial polos autores galegos, entre os que se atopan Brais Rodríguez coa obra A man do diaño, Manolo Poy e Miguel Fernández coa obra O fillo da fúria, Dani Montero coa obra Sen mirar atrás e o propio editor Manel Craneo coa obra Os lobos de Moeche. Cabana de Balieiros ven sumar unha nova obra no catálogo da editorial.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2011 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal