Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pequeniñ@
Grande ou pequeno son sempre termos relativos. Infinitamente pequeno é a sensación que che da ao estar preto dunha balea, pero é tan dificil de describir...

Na web da WDCS podes sentirte pequechiñ@ ao lado do ser meirande que, de momento, habita o noso planeta.


De paso podes visitar a páxina principal da Sociedade para a Conservación das baleas e Golfiños.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2007 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Non se pode contra o desexo irreprimible
Onte non o puden resistir.

Eu que sempre dixen que tiña tanta forza de vontade que podía estar a un centímetro dos teus beizos sen que nin tan sequera sentiras o meu alento. Despois de tanto tempo de desviar a enerxía, que non reprimila, tratando de buscar os mellores camiños gastronómicos.

A pesar do resultado das táboas estatísticas que amosan a concentración de triglicéridos en sangue e tendo en conta as arritmias que provoca a bilirrubina.

Aínda coñecendo as limitacións, impedimentos, dos vindeiros días e adiantando os sufrimentos que virán.

Sabendo todo iso onte non o puiden resistir, cando subiu polas escadas con esa doce cobertura, foi máis forte ca min e non puiden evitar facerme un croissant con nocilla.

Doctora Seymour, terei que facerlle unha íntima e persoal visita, ten diván?. Será froidiano ou simplemente dexenerativo?. Nocilla que merendilla
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2007 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Leonardo da Vinci en Porto
Sempre está ben visitar Porto, pasear polas súas rúas e xantar á beira do Douro.

Por iso quero darvos un novo motivo para a súa visita, a exposición sobre Leonardo que está no pavillón Rosa Mota do Palacio de Cristal. A todo isto, non busquedes o pazo porque hai tempo que o derrubaron.

Aproveito tamén para falar da Rosa Mota , a mellor muller maratoniana dos últimos tempos, tiven o gosto de vela correr algunha vez en Vigo.

Sobre a mostra de Leonardo da Vinci podedes disfrutar de multitude de reproducións de enxeños e obras do autor. Bótase de menos algunha información pormenorizada e unha reprodución máis grande da Gioconda, anque tratándose dunha revisión da obra no seu conxunto igual era demasiado detalle.

Xa que estades en Porto non perdades a visita ao pavillón da auga, no Parque da Cidade, unha instalación breve pero interesante
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2007 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Vivamos como galeg@s
Por primeira vez vendo a televisión son quen de xerar un sorriso cómplice e quedar cunha sensación de que vivo nun país normal.

Anque sexa unha idea publicitaria, GADIS logrou que milleiros de galegos e galegas identifiquemos a nosa condición dun xeito normal e sen estar directamente vinculado a unha idea ou concepción política.

...temos orballo, carballo, choiva.. choiva… e choiva...

A min satisfáceme, quizais así deixemos de sentirnos raros no noso propio país, vivamos como galeg@s
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-10-2007 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Tifón de blues: VARGAS BLUES BAND
O tifón de blues latino estivo o sábado en Vigo. Cuns teloneiros que abordaron a temática dos primeiros tempos do Rocknroll, e que tocaban ben, os Creole kings

Logo dunha hora de música atacou Javier Vargas e a súa troupe da Vargas Blues Band, merece a pena pasearse por toda a infromación oficial, oficiosa ou non oficial deste músico e grupo.

Regálovos cuns videos
Chill out
How Verso Are You?
En faro

E tamén dos músicos acompañantes:
Gustavo Segura, na batería.
Tim Michells, nas voces.
Lucía del Campo aos teclados.
Mencionar a Edi el zurdo que pasaba por alí, e, dun xeito espontáneo acompañou coa harmónica nos bises.

Dúas horas e media de machaque guitarreiro sen empacho. Por certo, merece a pena coñecer o local, Breogain.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2007 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Reflexos
A cada cousa que pasa tratamos de reflectirnos nela a ver se nos recoñecemos ou non, é o xeito de saber ata que punto estamos, ou non, inmersos nun entramado social, que a miúdo é hostil, mais, que precisamos como referente.

A cada acontecemento buscamos atoparnos a nós mesmos nel, para aceptalo ou para aborrecelo.

Se conseguiramos parar o tempo e o espazo un día de chuvia, durante un instante, veríamos que estamos reflectidos en cada unha das gotiñas que caen do ceo. Serían como múltiples espelliños diminutos nos cal estamos, en todos e cada un deles, pero non somos nós propios, son gotas de auga.

Se conto tres o tempo continúa...tres, e volve a chover.

A realidade non nos deixa ver o noso reflexo en cada cousa, en cambio buscamos, erroneamente, superficies nas que reflectirnos, para sentirnos nós mesmos, sen decatarnos, que a propia superficie que nos reflicte distorsiona a nosa imaxe. Sexamos nós propios, sexamos nós, se...mos nós, semnós.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2007 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Fuxida
Se algún día fuxo, non me sigades, non me busquedes, porque non mirarei atrás.

Se algún día fuxo, e me buscades, non vaiades á Paraguda, pois ese é o refuxio máis probable, pero menos seguro.

Se ese día se dá, non me busquedes.

Se algún día fuxo, chegarei aos refuxios máis recónditos, aos máis escuros da montaña, aos máis profundos do océano. Se me buscades, que tal vez o fagades, nunca me iredes topar.

E se por un acaso me atopades, ou creedes atoparme, non daredes conmigo, pois o último refuxio, o máis recóndito, o máis innacesible, é a loucura, e alí....onde esté..... non ides poder chegar.

Se algún día fuxo, non mirarei atrás.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2007 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal