Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A DIRECCION ÁS ANTÍPODAS A MARCA O SINALAMENTO DA CALZADA

Non estivera nunca tan atento a un teclado alleo. Non lle perdía rastro aos dedos do funcionario. Con atención revisaba cada unha das incomprensibles cifras que o serio funcionario anotaba no borde do papel, xa que non podía ver o que estaba a facer na pantalla. Sen chiscar os ollos mantiña a respiración apreciando como a tensión lle subía polo espiñazo.

Era xa a terceira vez que acudía a oficina e outras tantas trabas e problemas, estaba xa ao borde do prazo para perder a súa oportunidade, miserenta, mais oportunidade.

Sen esbozar nin tan sequera un sorriso, o funcionario indicou un breve xa está, cunha corrección lapidaria comezou a cantar os datos: con 2189 días cotizados, acada vostede o máximo permitido pola lexislación vixente, polo que ten o tope de prestación establecida polo real decreto.

Un alivio percorreu o seu corpo, mais simulou que ese salto no asento era algo normal no seu comportamento.

Despois de todos os trámites por fin superou a aceptación para engrosar a morea de carne de canón, caso de conflicto bélico. Nos vindeiros 24 meses estaría incluído nas listaxes do desemprego cun 70% de percepción durante seis meses e unha penalización do 10% se nese tempo non se atopa un novo emprego.

Saíu da oficina cunha sensación agridoce, como a salsa chinesa, aliviado por fin, e magoado por estar nas antípodas do movemento, da actividade.

De fronte atopou o mar e pensou: que sorte tes ti que nunca paras, e continuou en dirección norte, tal e como lle indicaba o sinalamento da calzada cara a onde sempre, ou cara ás antípodas.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-01-2010 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal