Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Etapa catastrofista
Vexo ao meu arredor e reclamo que a Terra chora, igual que dicía BEBE

Temo cair nun catastrofismo derrotista e non buscar mans cercanas que compartan esa análise e se dispoñan a loitar contra ese desastre, que non é máis que o reflexo da falta de obxectivos sociais e de conformismo capitalista.

E volvendo a BEBE, pero como é que esta muller deixou de cantar, se é unha xoia.

Se a BEBE nos abandona quen será a nosa dona,... arremedando o que dicía o Serrano.

E mentres tanto, estrépito de andamios, pateras e naufraxios, desvelan o noso soño.

E mentres tanto, se arde Lacandona, se Marcos abandona, ¿quén será o noso dono?


Se non ves más alá do teu horizonte.....estaremos perdidos

Aplícome o conto
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2008 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Extinción para sempre
Baixo a máxima de que: Todo esforzo é necesario cando se comprende que a extinción é para sempre, tratamos de abordar os labores de conservación das especies ameazadas. Pero acaso non comprendemos o mesmo cando estamos a falar da humanidade?.

Cando falamos da extinción dunha língua, é para sempre. Cando falamos da extinción dun pobo, é para sempre. Cando falamos da extinción dunha nación, é para sempre.

E cando falamos da extinciónda da humanidade, será para sempre?.

A salvaçao do planeta é o bicho

E vem o carnaval, que non se extinga tamén!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2008 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Circunvolución gordiana
Dicía Álvaro Cunqueiro que @s galeg@s temos unha circunvolución adicional no cerebro que nos permite seguir remoendo algo durante máis tempo que os demais humanos.

A posición no medio da escada, sen subir ou sen baixar, é unha táctica para gañar tempo. Mentres os demais pensan que estamos a perdelo, nós seguimos a remoer, na circunvolución adicional, de como executar as accións nunha determinada estratexia.

Anque as veces, esa circunvolución créanos un nó gordiano, sin fin, de dificil solución. Ao principio pensamos que somos quen de desenlialo pero ao non poder facelo complícanos a existencia, polo que compre cortalo, como fixo dun xeito salomónico Alex o Grande. Daquela sentimos alivio, andamos un pouco máis liviáns, ata uns centímetros sobre o solo, ao menos ata que o propio enigma que xera o nó, ao verse cortado e non sentirse resolto, xera un seguinte nó.

Poida que cortalo sexa unha solución transitoria, ao menos para non enfrentarse ao enigma, pero a verdade é que o nó sempre ten solución, por iso Gordias disque chegou a rei de Frigia.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2008 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Ao monstruo
Cando a masa detecta a alguén diferente, baixo o berro de: AO MONSTRUO!!!, corren a lapidalo.

Loitemos pola diferencia e pola diversidade.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2008 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Touro e panteira
Nunha rúa sen saída pasmaba un grande touro mouro. No centro da rúa había un foxo da altura dunha persoa e alongado, a metade estaba tapado cunhas portas de metal ferroso, polo foxo discurría un rego de auga case limpa que saía de dous tubos anchos.

Para non encomodar ao touro estaba no foxo, abreu as portas e sacaba auga do rego cun cacharro, quizais para que bebera o touriño ese, xa que na rúa nin había herva nin auga. Pero o touro achegouse ameazante polo que pechou as portas sobre si e vía a silueta do touro correr pola rúa entre a rendixa dos bornes das portas, tamén vía a sombra do touro na parte que non estaba descuberta. Permanecía na parte oculta para non ser descuberto nin embestido.

Pensando en como saír de alí abría unha das portas para facer correr ao touro e calculaba o tempo que tardaba e a distancia ata o muro, case tiña os cálculos feitos sobre os seus 10,8 segundos dos seus 100 metros lisos, e estaba disposto a sair, entre as portas, vía a cara do touro que ulía sobre a posición onde el estaba, ........ cando, ve outra sombra ao carón do touro e decátase de que era unha pantera negra. Daquela, pensou, agora si que non teño saída, é máis, o touro non se vai tirar ao foxo pero a pantera si pode entrar.......

Mellor lembrarse dos pesadelos que non ter soñado nunca.

Anotareime a súa terapia de soños de cores Doc.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2008 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Aínda polo lamacento Lager de Oświęcim
Sigo aínda coa triloxía de Primo Levi, o preso 174517 de Austwitz, traducción alemá do Oświęcim polaco. Con este libro cheguei a lugares do comportamento humano incomprensibles, inimaxinables, misteriosos, complexos, buscados e, por fin, atopados, pero aínda non é suficiente, polo que poida que lea arquipélago Gulag de Александр Исаевич Солженицын, Aleksandr Solzhenitsyn. Non me interesa o seu rezume anticomunista nin tampouco as incomprensibles razóns da represión estalinista, só as respostas humanas á extrema situación de sobrevivencia.

Este martes poallento tiven a oportunidade de sofatear unha peli, Pitch Black, que recunca nestas cuestións de sobrevivencia humana, acaso Riddick non utiliza ao resto da súa troupe para sobrevivir el mesmo?, terá vergoña diso? Poida que non, por ser un asasino despiadado, un humano sen escrúpulos, pero a fin de contas un humano, igual a aqueles que sobreviviron a Austwitz, coas súas argucias e privilexios, aqueles que non foron quen de saudar aos soldadiños do exército vermello que os liberaron, aqueles que non durmiron coa culpa de seren tan só sobrevivintes, auqeles moitos que se suicidaron por non poder con esa culpa, a de ser simplemente uns sobrevivintes entre tanta barbarie.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2008 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal