Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Martes desilusionante
Despois daquel sábado ilusionante, chegou o martes de decepción.

Será o vindeiro martes día 7 no que os tránsfugas do PSOE uniranse aos corruptos do PP e o divagante de MOVE para desaloxar aos concelleiros do BNG do poder no concello de Gondomar.

Unha importante parte da cidadanía leva diariamente paseando as cacerolas pola vila e facendo todo o ruído que pode, mais ninguén vai dar un paso atrás para que impedir que a CORRUCION volte ao concello.

ANIMO E ADIANTE


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2009 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Volta Bebe
Despois de facer tantas referencias á cantante Bebe, véxome na obriga de traela de novo a estas páxinas.

Non sei que dará de si, non sei que tolemia lle causou a fama...

Non sei, mais deixovos algo da súa nova obra.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2009 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
O suxo alento do fascismo
Unha vez máis chegan ruídos de sables alén do océano, en terras maltratadas polas oleadas de oligarcas capitalistas e explotadores reforzadas polas centurias armadas dos exércitos regulares entrenados en West Point. Agora tócalle a Honduras.

Hai uns días Fidel Castro afirmou que:

…a conduta valente de Zelaya pasará á historia…


Uns días despois o presidente en pixama e dende fóra do seu país era recoñecido polo mundo como o único presidente de Honduras.

A descrición que fai Fidel da súa detención e explusión, así como a detención de Patricia Rodas, describe o máis alto desprezo polas institucións e regras do xogo democráticas. Así fala da chegada dos embaixadores de Nicaragua Venezuela e Cuba a casa da Ministra de Asuntos Exteriores, ants da chegada do exército:

Cuando estaban ya en su casa, el mando golpista envió al mayor Oceguera para arrestarla. Ellos (los embajadores) se pusieron delante de la mujer y le dicen que está bajo protección diplomática, y solo se puede mover en compañía de los embajadores. Oceguera discute con ellos y lo hace de forma respetuosa. Minutos después penetran en la casa entre 12 ó 15 hombres uniformados y encapuchados. Los tres embajadores se abrazan a Patricia; los enmascarados actúan de manera brutal y logran separar a los embajadores de Venezuela y Nicaragua; Hernández la toma tan fuertemente por uno de los brazos, que los enmascarados los arrastran a los dos hasta una furgoneta; los conducen a la base aérea, donde logran separarlos, y se la llevan. Estando allí detenido, Bruno, que tenía noticias del secuestro, se comunica con él a través del celular; un enmascarado trata de arrebatarle rudamente el teléfono; el embajador cubano, que ya había sido golpeado en casa de Patricia, le grita: "¡No me empujes, cojones!" No recuerdo si la palabra que pronunció fuese alguna vez utilizada por Cervantes, pero sin duda el embajador Juan Carlos Hernández enriqueció nuestro idioma.


Para non quedarse parados, recoméndase enviar unha carta ás embaixadas e consulados de Honduras deste estilo:

Diante dos gravísimos feitos acontecidos en Honduras e protagonizados por unha conspiración que fai uso do exército, forza militar que o pobo hondureño depositou nas súas mans, e erguéndose contra o poder político democrático, representado polo presidente Zelaya, emanado das urnas, esiximos:
1. O reestablecemento da orde constitucional, sen derramamento de sangue
2. Que o Exército volte aos cuarteis e non reprima á población de Honduras que esixe o retorno da democracia.
3. Que se respete a integridade física dos dirixentes políticos e sociais.
4. O retorno do Presidente Zelaya ás súas funcións en Honduras.
5. Que as autoridades garantan o pleno exercicio democrático da consulta popular, enquisa ou calquera forma de expresión libre.

Chamamos ás organizacións e movementos sociais a protestar frente ás embaixadas de Honduras, e a enviar cartas de rexeitamento ao golpe de estado ás embaixadas e consulados.

Na Galiza temos o consul da Coruña: mcriado@icacor.es
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-07-2009 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Volve a história cíclica anual, volven os curros.
Volven coas súas grandezas e as súas miserias, entrando cada vez claramente menos cabalos na roda.

Ao final da tarde unha escea agardada, sobre todo polos poldriños que teñen a sorte de voltar ao monte: os tetos inchados das eguas que desbordan o leite no ermo pó do curro.

En canto os soltan, á besta e á crianza, non hai tempo nin para poñer monte de por medio, ao segundo paso toca comer xa que o xexún do día e a deshidratación fan moito mal nun corpo tan pequeno.

Pouco me faltou para meterme debaixo da egua eu tamén!.

Máis que música country de sombreiro de aa, e bainyo, quero traer o ritm and blues de Nina Simone.



My baby don't care for shows
My baby don't care for clothes
My baby just cares for me
My baby don't care for cars and races
My baby don't care for high-tone places

Meu moziño non se preocupa por nada
Meu moziño no se preocupa pola roupa
Meu moziño só se preocupa de min
Meu moziño non se preocupa por coches nin carreiras
Meu moziño non se preocupa por sitios ruidosos

Liz Taylor non é o seu estilo
Nin tampoco o sorriso de Lana Turner
É algo que non pode ver
Meu moziño non se preocupa de quen coñece
Meu moziño só se preocupa de min

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-06-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Cómplice de algo
As doce do día o sol caía a chumbo na esquina da lagoa de Marcosende, alá polo 1982 e a 12 km da metrópoli. Como case todos os días facía dedo para baixar a xantar a paella da miña nai. Ao lonxe achégase un 850 branco, que nunca vira, e alí me parou aquel rapás recén de estreado o carné. O seu conducir era moi precavido e pitaba a cada curva. Ese comportamento contrastaba coa súa estética punk, e, a penas din en saber o seu nome: Teo.

Cando me deixou, só unhas escuetas grazas e pouca conversa máis. Souben despois que era cómplice de algo. Primeiro de Germán Coppini en Golpes Bajos e despois de María Monsonis.

Nunca o oíra cantar en galego e a verdade non queda nada mal: SAUDADE. Ánimo e a recuperar os vellos temas de Andrés do Barro, anque sexa no Luar.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2009 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
INTERVALOS
Mentres o pau vai e ven, o lombo descansa, di o refrán.

Mentres isto ocurre pasa un intervalo.

Entre medias que facer?.

Por exemplo visitar a web de Nilo Merino ou ver os esus traballos.

Intervalos from Nilo Merino Recalde on Vimeo.


O bó é que este autor ten tan só 15 anos. Así que non lle quedan éxitos nin nada.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2009 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Estrelándose no nome da ciencia
O astronauta non gosta de amores a primeira vista, mais nesta ocasión abondaron dúas cancións para prendalo dunha tola a un piano, de cellas rotas e beizos tortos, que lle dixo que coa metade superior do seu corpo era suficiente para traerlle boas lembranzas.

Mentres, a partir dese momento, voando a grande altitude co risco de estrelarse no nome da ciencia, pasea sobre a estación internacional tranquilo de saber que se se estrela na superficie da Terra, nun descenso desafortunado, calquera cacho do seu corpo, a poder ser da metade superior, evocará gratas lembranzas.

Xa se sabe que só se aprende a nadar tirándose ao mar.

Astronaut: se a interpretación é boa
video 1 e video 2

O vídeo é boísimo

"Who Killed Amanda Palmer" Video Series - Part 2: Astronaut from Amanda Palmer on Vimeo.



O directo non digamos.

Dende o outro lado do Altántico, o punk kabater brechinao de Amanda Palmer, grazas enkil por descubrima.


Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Tamén onte
Onte, tamén, deixábanos Benedetti. Alguén non se esquencerá de soterralo coa súa pluma.

Serea
Teño a convicción de que non existes
e nembargantes escoitote cada noite
invéntote as veces coa miña vanidade
ou a miña desolación ou a miña modorra
do infindo mar ven o teu asombro
escoitoo como un salmo e pese a todo
tan convencido estou de que non existes
que te agardo no meu soño para logo.



Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Onte Compostela
Onte Compostela foi un fervedeiro de reivindicación, a Quintana de Mortos latexou de vida, máis de 50 mil persoas faciamos revivir o galego unha vez máis, alegría e optimismo. Mentres, na radio, o novo conselleiro dicía (clicar en domingo 17 informativo 10:00 minuto 38:10, o resto da entrevista non ten perda)que non ten tempo para ler e que a poesia lle daba moito sono.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2009 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Bolboreta
Entre os dedos, e sobre o teclado, entrecrúzase unha bolboreta, sube, baixa, non deixa de enredar e pode chegar a molestar. Vai para a luz, trupa na bombilla, crea sombras multiformes, ascende, explora o teito, busca a esquina das tres paredes e fica ali.

Un ser que distrae, que desconcentra, mais non molesta.

Un anaco de natureza primaria que se introduce nesta nosa natureza humanizada para nos dicir que fóra tamén hai vida, e esa é real, non a cibernética.

Envolve, repinica, abofetea coa súas aliñas delicadas, deixa atrás un pó case imperceptible.

É admirada, escaneada, observada, e pasan os minutos apampado coa boca aberta.

E sube, sube, sube ata o inalcanzable. Minutos ou horas despois baixa volve coa súa leria.

Está ahí, se puidera colleríaa con agarimo para deixala ceibe na xanela, mais ata iso da temor, a tocala, a mancala, a devaluala, a que perda o seu esplendor.

Alí fica na esquina inalcanzable, e entre párrafo e párrafo, entre informes, entre orzamento e conclusión, mais, sempe hai un momento para observala e resistirse, nun instante en que para o tempo, a ser tamén bolboreta capturada.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2009 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal