Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pasou por diante como se tal cousa
Pasou por diante como se tal cousa
Elegante co seu traxe negro só roto pola liña amarela
Modesto e se cadra ata discreto.
Sen a fachenda das águias, nen a chulería das pegas.
Sen a embergadura das garzas nin a rapidez das anduriñas.
Mais está aquí, todo o ano, soportando fríos e calores, choivas e sarabias
Agora baixo unha folla, patinando sobre a uralita ou entre as silveiras
Válelle case calquera cousa, é un todoterreo.

Un vukgar paxaro silvestre é unha simple disculpa para sen consciente da nosa natureza

Deixou un retalho da Ana Bacalhau e Zé Pedro Leitao DEOLINDA



Activade os dous

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2010 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
O tempo non para
Se algo debería parar é tempo....
Unha chea de veces desexei que parara. Ordeneille que parara.

Para xa, agora!!, sit!-co índice sinalando o chan-, lle teño dito con cara de malo, voz grave e mirando así de esquello como ameazante.

Mais nunca é posible, por iso eu tampouco paro, só cando atopo unha sintonía, xa non actual, e cen veces referenciada e reverenciada, claro.

Abaixo nunha malísima versión de Bebe chea en cambio da frescura do directo.

O tempo para aquí
o meu amor esta a piques de llegar
O tempo para aquí
aquí atopo a paz
oooh ahhh ohhh




Entón paro, a oíla unha vez máis, que non será a última. Mais o tempo non me acompaña, nunca para.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2010 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
A DIRECCION ÁS ANTÍPODAS A MARCA O SINALAMENTO DA CALZADA

Non estivera nunca tan atento a un teclado alleo. Non lle perdía rastro aos dedos do funcionario. Con atención revisaba cada unha das incomprensibles cifras que o serio funcionario anotaba no borde do papel, xa que non podía ver o que estaba a facer na pantalla. Sen chiscar os ollos mantiña a respiración apreciando como a tensión lle subía polo espiñazo.

Era xa a terceira vez que acudía a oficina e outras tantas trabas e problemas, estaba xa ao borde do prazo para perder a súa oportunidade, miserenta, mais oportunidade.

Sen esbozar nin tan sequera un sorriso, o funcionario indicou un breve xa está, cunha corrección lapidaria comezou a cantar os datos: con 2189 días cotizados, acada vostede o máximo permitido pola lexislación vixente, polo que ten o tope de prestación establecida polo real decreto.

Un alivio percorreu o seu corpo, mais simulou que ese salto no asento era algo normal no seu comportamento.

Despois de todos os trámites por fin superou a aceptación para engrosar a morea de carne de canón, caso de conflicto bélico. Nos vindeiros 24 meses estaría incluído nas listaxes do desemprego cun 70% de percepción durante seis meses e unha penalización do 10% se nese tempo non se atopa un novo emprego.

Saíu da oficina cunha sensación agridoce, como a salsa chinesa, aliviado por fin, e magoado por estar nas antípodas do movemento, da actividade.

De fronte atopou o mar e pensou: que sorte tes ti que nunca paras, e continuou en dirección norte, tal e como lle indicaba o sinalamento da calzada cara a onde sempre, ou cara ás antípodas.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-01-2010 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
A esperanza de Aminatu
Non coñeciamos de nada a Aminatu Haidar pois las listaxes de presos nas cadeas magrebís non se publican, nin das outras.

Mais chegounos ao corazón o mesmo que nos chega cando vemos un/unha cativo/a saharaui correndo polo noso arredor caleura verán.

Non podemos esquencer a súa extrema decisión, a súa xusta causa neste mundo do revés, onde os lóstregos e trebóns caen no cumio do clima e onde o nobel da paz se lle entrega ao herdeiro do rei do mambo. O mundo ao revés, xa o digo.

Non está soa, non estades sós, aínda que non poidamos estar con vós no deserto.

Soñará Aminatu, doce rosa do deserto, coa esperanza do seu pobo e coa súa propia, soñemos con ela, mais non deixemos de actuar.




Non se perdan as palabras e o sentemento de Acuatica.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-12-2009 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cabaret ou liberdade
O ero-porno e o vodevil un producto máis da era industrial?, mera mercantilización capitalista ou creatividade do submundo cultural?

Rebuscando na gaveta chego reiteradamente á vella carpeta do espectáculo de entretenento para adultos, o music hall, cabaret, vodevil ou o burlesque, con actuaciós provocativas, para molestar o incomodar al público, sátira, performance, etc.


Quizais por iso dou a miúdo con Liza Minelli



Amanda Palmer, Jill Tracy, e ouytr@s. Nisto aparece por unha esquina a señora Heather Renée Sweet, tamén coñecida como Dita Von Tesse, aquí me paro porque a persoaxe, e o seu contorno é digno de mención. Máis coñecida por casar con Brian Hugh Warner, que pola súa traxectoria no papel couche do ero-porno ou pousar con bonderbrá. Este é o vocalista da formación de irredento ruído: Metal Industrial Marilyn Manson. Mais, curiosamente, ambos esposados, por breve período de tempo, en Irlanda polo escritor, dramaturgo, guionista de banda deseñada cineasta Alejandro Jodorowsky. O que fai un escenario complexo e forte, de extensións inimaxinables.

Arte
Parodia da realidade
Renacentismo decadente
Contracultura de recheo asumida polo sistema
Voltamos ao cabaret do pasado e ficamos con Titine de de Chaplin, xa que o retro non é só revisar imaxes das pin-ups dos corenta revividas nas imposibles cadeiras encorsetadas da Dita, senón que tamén é non esquencer as dignas e boas obras que nos deixou un xénero maldito.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2009 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos moito galego
Compostela voltou a ser o fervedoiro dos bos e xenerosos que reclamamos a defensa do noso idioma.

Alí, entre outros falou don Avelino Pousa Antelo, verdadeiro referente dos nosos anceios pola súa vitalidade e bo falar. Na súa modesta palabra trouxonos a Castelao, a Suarez Picallo e a Anxel Casal, aqueles irmáns que xunto a outros loitaron e mesmo ofreceron a súa vida e a súa morte pola Nosa Terra.

As súas palabras puxéronos o pel de galiña ao lembrar as arengas do Partido Galeguista na mesma praza da Quintana, os mitines e a ilusión que foron quen de transmitir cunha buguina de cartón no ano 1936 e as consignas que aínda hoxe seguen vixentes, e cada día máis.

Como aquela de se somos galegos é pola obra e graza da nosa língua, pronunciada por Castelao nas cortes constituínes do 31.

Aquela de sodes uns imperialistas fracasados, pois logo de 400 anos de imposición do idioma o máximo que conseguistes é que os cativos na escola identifiquen que falar español é falar ben e falar galego é falar mal.

Aquela de que se espanhia é a da inquisición, a das dictaduras ou a da lenda negra, pois morra espanhia.

E sobre todo aquela de que todo se perdeu menos o (honor) humor que é a que nos mantén a flote da nosa propia derrota particular como aro salvavidas todos os días.

Adiante Avelino, adiante tod@s, o noso idioma ten futuro, ao igual que o noso país.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-10-2009 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Voir Paris
Ata o de agora París sempre me pareceu un lugar de conto. Tanto lin, ou vin no celuloide, sobre a cidade que mesmo case parece que podería pasear polas súas rúas coñecendo a onde ir. Visto así dende arribaparece unha arañeira indescifrable.

Agora, que alguén me asegurou que en pouco tempo pisaría os seus adoquíns, faime pensar que é posible que ese París non teñna nada que ver co que eu imaxino. Irei comprobalo.

Ah oui! Parlons-en de la terre
Pour qui elle se prend la terre?
Ma parole, y a qu'elle sur terre!!
Y a qu'elle pour faire tant de mystères!

Mais pour nous y a pas d'problèmes
Car c'est pour la vie qu'on s'aime
Et si y avait pas de vie, même,
Nous on s'aimerait quand même



Mesmo se non houbera vida, como ben di Edi Piaf.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2009 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendando DISTRITO 9
Entre nós, non falamos de xenocidio, tortura, apartheit porque é tabú. Pero podemos falar de tortura animal, de circos ou de alienígenas, con tranquilidade, porque é algo alleo á nosa propia especie, non entran dentro do noso círculo moral.

DISTITO 9 amósanos con claridade o outro lado do espello. As nosas propias miserias diarias, non hai chaleco antibalas para un negro, e as nosas miserias colectivas, mil veces repetidas sobre a face do planeta.

É unha película de humor NEGRO en todos os sentidos. Merece a pena.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Reencontro con Amanda Plamer
Un día buscando non sei que cousa, ou voando entre as webs, atopeime con Amanda, xa o dixen antes. O caso é que voltei a atopar con ela recentemente nunha radical intervención musical, na rede claro, POR FAVOR BOTÁDEME.

Cantas veces non pensamos iso?. Non estamos alí por que sí, é a nosa autodisciplina e o noso rigor o que nos fai estar, quizais estamos desexando irnos, pero as nosas ensinanzas a nosa hiperresponsabilidade, cuasi militar, ou ao menos militante, non nos deixa.

As veces faríannos un favor botándonos, si creoo ben.

Non deixedes de pasar polo blog de Amanda, mais por favor non vaiades a quen a matou , que da un pouco de mal rollo.

Simplemente encántame:


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-09-2009 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Voando a ras de mar
Voando durante un tempo a ras de mar pasei todas e candas cristas das ondas hai, como pardela sombría. Perdido na súa inmensidade trataba de buscar nada, nin a min mesmo.

Así din de novo con esta pantalla que abandonei voluntaria e temporalmente, e, nin a botei de menos.

Mais, o día que voltei, coa mirada fixa nos seus imperceptibles flases, perdía a verticalidade porque o meu corpo aínda abaneaba en cada onda. Aquí si que botei de menos o mar. Agora, debezo por voltar, e se alí untaba de aceite os beizos para que o salseiro non mos cortara, agora bótolles sal para que, cando peche os ollos, parézame que son os rastros das cristas das ondas que quedan en cada recanto de pel.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2009 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal