Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As lamas que nos sobardan
Unha boa reflexión que recollo dun artigo de prensa dixital.

Nestes últimos días almorzamos pendentes das novas do telexornal procedentes da localidade húngara de Devecser, a causa do vertido tóxico da industria do aluminio MAL Zrt. O balance de sete persoas mortas, 120 afectadas e centos de desprazados semellan unhas fatídicas e frías cifras nunha estatística de volumes e capacidades das represas de lamas tóxicas do mundo. Por citar casos recentes, podemos lembrar a rotura da represa da mina de pirita de Aznalcóllar en Sevilla, o 25 de abril de 1998, co vertido de 4,5 Hm3 de residuos e lamas tóxicas, que afectou aos ríos Agrio e Guadimar ao longo de 50 km, polo menos. Ou os casos máis próximos, os dos incendios industriais que provocaron vertidos aos ríos Umia e Lagares, da Brenntag Química S.A. en Caldas de Reis o 1 de setembro de 2006, ou da Quimizor en setembro de 2008 en Vigo, respectivamente.

Sobre a mesa ofrécesenos sempre a dualidade de optar polos postos de traballo a que dá lugar a instalación industrial ou a degradación ambiental que provoca, mais este debate está normalmente pervertido ocultando algunha carta sempre na manga. Nunca se consulta á poboación a respecto da planificación da contorna na que desexa vivir, senón que hai uns deseñadores externos, en conivencia cos poderes económicos e as presións fácticas, que impulsan os proxectos industriais nunha determinada ordenación do territorio, que achegan un aparente benestar económico local ou individual, sen facer mención á plusvalía que xerará, verdadeiro obxectivo empresarial que normalmente non repercute no noso país, nin ao impacto ambiental que poderá causar.

Lamas tóxicas en Galiza

Alcoa, a antiga Alúmina aluminio, é unha empresa de características semellantes á húngara, aínda que argumenta cumprir a normativa e dispoñer de dispositivos e mecanismos de detoxificación, mais non se pode esquecer que dende o ano 1979 leva en litixio coa veciñanza, xa que as súas emisións de fluor, mesmo nos parámetros legais, afectan a máis de tres quilómetros de radio da fábrica, queimando vexetais, matando animais e afectando ás persoas.

Mentres, a pesar de contar cun servizo público de saúde, alguén decide que non resulta conveniente, ou rendíbel, unha análise epidemiolóxica da poboación circundante. Tampouco resulta axeitado facela na Ría de Pontevedra, non vaia ser que se descubran os efectos na saúde das emisións de Ence, ou entre os participantes e afectados polo chapapote que chegou ás nosas costas no ano 2002.

Lembremos que só a mobilización social foi quen de parar a central nuclear de Xove prevista para abastecer de enerxía á industria do aluminio, porén a sociedade galega sofre pacientemente as emisións de carbono e a instalación e a confrontación pola instalación de aeroxeneradores para compensar o sumidoiro enerxético que supón esta industria.

Volvendo ao principio, habería que reflexionar se non nos estamos afundindo nas lamas noxentas do capitalismo neoliberal cando asentimos á instalación de industrias altamente contaminantes a cambio duns cantos postos de traballo e dun consumo local aparente, cando ese mesmo sistema provoca unha degradación ambiental sen precedentes, de consecuencias imprevisíbeis e, ao mesmo tempo, un colapso económico no que nos vemos inmersos e asfixiados, pois moitas veces estas instalacións degradan a riqueza propia do noso país e destrúen recursos que xerarían postos de traballo e beneficios económicos.

Eis un bo exemplo de insostibilidade social e ambiental. O caso é ter bo tacto para tratar de detectar o momento no que a lama nos chegue ao queixo, daquela, ao mellor é demasiado tarde pois a súa densidade lamacenta non nos deixará mover os brazos para nos defender.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2010 08:28
# Ligazón permanente a este artigo
Nunca a lúa tan cerca
Noutro día vin a lúa tan grande, tan grande que me asustei un pouco.

Cairá agún día, pensei en baixiño.

Poida que subindo a un monte, cunha vara longa, poidase escribir no Mare Anguis: A ver que fasendes.

E falando da lúa podemos seguir pensando que ninguén chegou a profanar a súa superficie, a incógnita sigue, quedarémonos cunha simple broma.

Ou coa outra versión, caseria, de astronauta de Amanda Palmer.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2010 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Construíndo unha Galiza común
Nun tempo de involución, onde non só se acadan novos avances sociais senón que se retroceden a pasos de xigante mesmo a avances conseguidos hai máis de CEN ANOS, chéganos unha invasión roji-gualda sen precedente.

Dígolles a tod@s que no mundial do ano 82, que vivín de preto por adestrar no atletismo ao pé do estadio de Balaídos, non vin semellante fenómeno.

Este rearme da iconografía española está enraizado no máis rancio PAN e CIRCO romano, que tantos réditos lle deu aos emperadores diante dos seus servís e papanatas vasalos.

É por iso que, unha vez deixada pasar esta ondada, ao pairo, ou no mellor dos casos ao socaire dalgunha illa feiticieira que nos atenúe o barlovento, compre contestala, e non cunha burda contraiconografía doutras cores, senón nunha construcción diaria.

Merece a pena reler o artigo de Calo Lourido, no que recolle dúas cousas moi necesarias:

A primeira, unha lembranza da I Asambleia Nazonalista das Irmandades da Fala, celebrada en Lugo en novembro de 1918, onde se dixo que: tendo a Galicia todal-as características esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre nazonalistas galegos.

De hoxe para sempre indica unha marca de ferro no cadril imaxinario, non como troquel repetitivo e sistemático, senón como sinal de identidade que nos reafirme como galeg@s.

E a outra cousa importante que recolle o artigo son unhas palabras de Martí:

Para render tributo, ningunha voz é débil, para enxalzar á patria, entre homes (e mulleres) fortes e leais, son oportunos tódolos momentos.

Fagamos pois dos nosos pequenos momentos un gran acto de difusión que non se quede nunha vacua iconografía senón que encha de ilusión para traballar na construcción todos os días do noso país: Galiza.

Antes que nada non perdamos o humor


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2010 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Pendente da xanela 2
Desta volta non estaba nada pendente da xanela e nas primeiras raíñas de sol din de apreceiar un movemento no valado de ararmio, mais era un movemento amplo e escuro, non era nin do pisco nin do melro, ambos breves, nerviosos e rápidos. Un movemento ademais zoupón.

O malo é que o sol daba de fronte e a penas distinguía unha silueta mangallona.

Din collido a cámara nun rápido movemento e pilleino.

Nun principio pensei que era un ralo (Caprimulgus europaeus) e deixei a cámara por alí. Xa me parecía raro ver ese paxaro nocturno polo día pero soen verse ao mencer tamén.

O caso é que ao medio día, co sol noutra posición, din en volevr a ter a mesma sensación de torpeza ao voar e aparece a mesma sombra. Agora xa o vin ben, nin collín a cámara para poder disfrutar.

Era un pichón do cuco (Cuculus canorus), non se sabe de que niño viría, mais seguro que estaba a probar o seu novo xeito de desprazamento e a comer moscas, as súas primeiras moscas só, sen depender dos seus seguros esgotados pais adoptivos, que foron quen de sacar adiante a unha tremenda e golosa criatura para que, de paso, nos poida deleitar co seu cucu tapacu, os días cálidos do verán.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2010 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
As 13 piadas
Atopei 13 curiosidades nun día moi curioso, en vez de contarvos o día poño as curiosidades, parécevos?.

1-Ratos não vomitam.
2-Os ursos polares são canhotos.
3-Você pisca os olhos aproximadamente 25 mil vezes por dia.
4-Os russos atendem ao telefone dizendo “Estou ouvindo“, os portugueses só dizen "tou".
5-Ninguém consegue lamber seu próprio cotovelo (cóvado).
6-O Oceano Atlântico é mais salgado que o Pacífico.
7-O elefante é o único animal com quatro joelhos.
8-A cada ano, o 98% dos átomos do seu corpo são substituídos, mais se non nos vemos nesse tempo reconhecémonos.
9-Rir durante o dia faz com que você durma melhor a noite, e se nao ao menos terao pasado bem.
10-15% das mulheres americanas mandam flores para si mesmas no dia dos namorados, e ao recibilas fican como se nao o souberam.
11-Seu cabelo cresce mais rápido a noite, e você perde em media 100 fios por dia.
12-A barata (cascuda) consegue sobreviver por nove dias sem a cabeça antes de morrer de fome.

13-O 75% das pessoas que leram essas 13 coisas, tentaram lamber o próprio cotovelo!.

Ti tambem?.



Se rimos un chisco ao mellor durmimos mellor, non é?.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2010 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
Un oso de verán
Non se pode ser oso polar en pleno cambio climático. En Grenlandia cada vez hai menos xeos, de vez que volta ser green –verde- tal e como a atoparon od vikingos hai unha manchea de anos. Agora co desxeo, hai menos focas e de seguro que algún oso queda a mercede das correntes sobre un triste iceberg solitario, e cando se derrete o animaliño fica en pleno océano. Que facer?. Ir á terra máis cercana. Así é como chegaron dous osos polares a Islandia nos últimos anos, e mal que remataron. Mortos a tiros, baixado a tumbos polo monte abaixo. Lémbrame o caso daquel lobo morto a tiros, amosado no pobo coma un trofeo e despois masacrado e destrozado cunha bombona de butano, pagando todas as frustacións humanas, foran lobófobas ou non. A todas aquelas crituriñas consecuencia do cambio climático tratarémolas algo mellor por aquí.


Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-06-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
O sentir da poesía
Tiven o honor de escoitar recitar a Uxío Novoneyra e tamén a Avilés de Taramancos xuntos no mesmo escenario. Nun inicio descoñeceidos para min mais de seguida fíxenme adicto as súas palabras.

A voz de Uxío era engaiolante, daba igual o que dixera, non precisaba de subtítulos, a súa retórica envolvíate como os fios envolven ao verme.

Hai moitos anos que non lembraba aqueles recitais, non lembro a letra, non lembro nin unha soa palabra, mais si lembro o estremecemento que me producían, o mesmo que o que mañá sentirei na Quintana de Compostela, ao son da poesia do noso pobo.


Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2010 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Compartindo espazos
Revisitando rutineiramente a ENKIL din coa fotografía que ilustra esta nota, da autora Elena Grandal.

Merece a pena revisar a súa obra aínda que non gosto dos traballos máis macabros e doutros menos interesantes, aínda que supoño que se comerá diso. Pareime a observar esa foto e lembroume outra obra dunha grande artista reiteradamente referida, aguanten o video ata o final!.

Ambas con temática converxente, con moito humor e un pouco incómodas para moitOs.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2010 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Percusión
Onte oín un fantástico concerto dos mozos e mozas do IES da Sangriña da Guarda, que tocan na Agrupación Musical do Rosal, pareceume simplemente fantástico, mais non teño ningunha referencia deles para poñervos.

O seu concerto lembroume a txalaparta, aínda que nontiña nada que ver pois usaban as palmas e tamén xilofonos e percusións, de momento deixovos ca antiga arte da percusión sobre a madeira.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-04-2010 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Pendente da xanela
Dende o anterior comentario reparei en estar pendente da xanela.

Hai momentos especialmente interesantes e de verdadeiro espectáculo.Pode estar todo o día aburridísimo sen un triste paxaro no ceo e nun momento determinado comezan a xurdir de todos os lados nunha festa frenética.

Case sen moverme da pantalla podo fitar de esguello a sombra dos que se pousan por riba do peche de aramio a través da xanela. Sixilosamente collo a cámara e tírolles un retrato, ás veces míranme e non se van, outras asústanse rápido.

Decateime que o bidón é o manxar de tod@s. Ese bidón é o destino dos orgánicos na miña casa. A el van parar todo tipo de desperdicios e dan ao ano ao redor de catro carretillos de mantillo co cal acrecento o substrato das prantas.

Pois alternativamente as diferentes especies van facendo uso do interior do bidón, sen pelexarse, sen competir, mais sen acougo.

Nesta fotomontaxe recollín os catro usuarios do día, un melro macho, dous paporroibos, non sei se machos ou femias, e un carrizo ou pisco, que é o paxariño máis cativo que nos arrodea. O seu nome científico é Troglodytes troglodytes, é dicir, que vive nas cavernas ????, é verdade que fai un niño pechado coma unha coviña, mais diso a que viva nas cavenas??, este Linneo que ideas tivo...

Outro día máis.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-03-2010 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal