Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación de Cabana en Gondomar
O xoves día 13 de outubro as 20:30 h terá lugar a presentación da novela gráfica Cabana de Baleiros do autor Tokio e editado por Demo Editorial. O acto terá lugar a partir das 20:30 h na Aula Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos. O acto será presentado polo debuxante Pepe Carreiro, autor de Os Bolechas.

TOKIO (nome artístico de Alfredo López), é un dos debuxantes pioneiros da BD galega durante os anos oitenta, daquela comezou publicando nos fanzines de Vigo (Castrellis, Katarsis, Coyote), despois publicou humor gráfico na Peneira, Faro de Vigo, El Correo Gallego e A Nosa Terra. Traballou como ilustrador científico e como biólogo mariño, actividade que aínda desenvolve. Agora volve á novena arte cunha obra editada por Demo Editorial: Cabana de Balieiros unha obra de intriga ambientada nunha vila mariñeira de finais do século XIX.

CABANA DE BALIEIROS é unha vila imaxinaria, inspirada en varias localidades da Costa da Morte, nos tempos en que os barcos aínda navegaban coa forza do vento. Esta vila é das que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco, chamado Telmo, chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que se descubre coas historias que fermentan na terra, fillas do salgado vento que trae o mar. Alí atopa a Céltia, unha muller herdeira de todas as sereas que na historia houberon. Ambos son testemuñas dos dramáticos acontecementos que acontecen nunha terra de costumes ancestrais, onde os instintos humanos marcan o ritmo da vida, xeran o destino dos seus habitantes e levan a algúns ao naufraxio da súa propia alma. Unha historia que nos achega ao longo das súas cen páxinas ao contexto social da Galiza do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro.

DEMO EDITORIAL ven de recibir o premio Ourense de BD, outorgado pola Casa da Xuventude, no ámbito das XXIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense recentemente celebradas. O responsable editorial, Manel Craneo, estivo presente no evento para a recollida do premio, unha figura do artista plástico Manolo Figueiras deseñada especialmente para o premio. Entre os galardoados de anos anteriores figuran, entre outros, os debuxantes Xaquín Marin e Miguelanxo Prado. O galardón foi concedido pola aposta da editorial polos autores galegos, entre os que se atopan Brais Rodríguez coa obra A man do diaño, Manolo Poy e Miguel Fernández coa obra O fillo da fúria, Dani Montero coa obra Sen mirar atrás e o propio editor Manel Craneo coa obra Os lobos de Moeche. Cabana de Balieiros ven sumar unha nova obra no catálogo da editorial.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2011 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Cabana de Balieiros
O vindeiro sábado en Viñetas desde o Atlántico na Coruña preséntase Cabana de Balieiros, unha obra que ven de sair do prelo do debuxante Tokio que edita Demo Editorial.
Unha obra que merece a pena ler.

Unha porta aberta dende a banda deseñada a un mundo pasado, a un mundo inexistente, a un mundo que non se sabe se hlgún día foi.

Alí estarei.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-08-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Porta redentora
Esta é unha porta dun presidio nunha das vilas do Val do Xálima en Extremadura.

Quen sabe quen a sofriría detrás....
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2011 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Porta perigosa
Estiven alí, de casualidade, por curiosidade?

Tamén

Había MOITAS portas perigosas.

No ano 1980 queimabamos radiocassetes con Krafwert (central enerxética), unha porta aberta á tecnoloxía, a onde nos levou?

Hoxe doña Merkel defende o peche as nucleares, non era con tempo!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2011 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Porta triste
Esta triste porta do Val do Xalima, 2010, lémbrame o estado de ánimo de moit@s b@s e xeneros@s, que dende hai anos e meses levan traballando polo noso país e dende o pasado domingo teñen un baixo estado de ánimo.

Como non hai mal que dure cen anos, dar ánimos para continuar, mentres hai algo de vida hai esperanza.

Nós temos aínda moita vida.

Deixo Atrás da porta de Elis Regina, unha canción de Chico Buarque e Francis Hime.






Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2011 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Portas
Cando visito novos lugares fíxome nas portas, é o primeiro que ves ao chegar.

Córdoba 2011
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2011 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Amanda Palmer: TASMANIA
Hai un dito australiano que se refire ao teu, muller, mapa de Tasmania, pola forma triangular que ten a illa.

Map of Tasmania
Oh my god… Fuck it!
They don’t play the song on the radio
They don’t show the tits on the video
They don’t know that we are the media
They don’t know that we start the mania
Your eyes don’t want to see what I’m making you
Your ass is off its seat and I’m shaking you
Walking down the street I’m the lady – ah -
Showing off my map of Tasmania
Soft and sweet and shaped like a triangle
Some girls want no shape and they shave it all
That’s so whack, it hurts with the stubble
Walking ’round and look like an eight-year-old
Soft and sweet and shaped like a triangle
Some girls want no shape and they shave it all
That’s so whack, it hurts with the stubble
Walking ’round and look like an eight-year-old
I say grow that shit like a jungle
Give ‘em something strong to hold onto
Let it fly in the open wind
If it get too bushy, you can trim
They don’t play the song on the radio
They don’t show the tits on the video
They don’t know that we are the media
They don’t know that we start the mania
You eyes don’t want to see what I’m making you
Your ass is off its seat and I’m shaking you
Walking down the street I’m the lady – ah -
Showing off my map of Tasmania

Oh meu deus? Que se fodan!

Non tocan a canción na radio
Non mostran as tetas no vídeo
Non saben que nós somos os medios de comunicación
Non saben que nós empezamos a teima
Os teus ollos non queren ver o que che estou facendo
O teu cu ergueuse do asento e estouche facendo tremer
Camiñando pola rúa eu son a dama?
Presumindo do meu mapa de Tasmania

Suave e doce e con forma de triángulo
Algunhas mozas non queren ningunha forma e aféitanllo todo
Iso é tan desagradable, doe cando están crecendo
Van paseando por aí e miran como os de 8 anos
Suave e doce e con forma de triángulo
Algunhas mozas non queren ningunha forma e aféitanllo todo
Iso é tan desagradable, doe cando están crecendo
Van paseando por aí e miran como os de 8 anos

Eu digo que se deixen crecer a cuestión como unha selva
Déanlles algo forte onde agarrarse
Déixeno voar libre ao vento
Se se pon moi frondoso, pódeno recortar

Non tocan a canción na radio
Non mostran as tetas no vídeo
Non saben que nós somos os medios de comunicación
Non saben que nós empezamos a teima
Os teus ollos non queren ver o que che estou facendo
O teu cu ergueuse do asento e estouche facendo tremer
Camiñando pola rúa eu son a dama?
Presumindo do meu mapa de Tasmania



A pesar da improcedencia temática, da irreverencia, do politicamente incorrecto -dirán algúns-, a Palmer é unha makina.



Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2011 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
Xenios da fotografía
Gosto da fotografía e visito habitualmente as páxians que figuran nos recomendados, non dou máis xa que estes dous mostros ábrenos as portas doutos moitos. Así din con Saudek e con Jan Saudek e Sara Sadkova.

Sara, nacida no 1967 tratou de reunirse con Jan e coñecelo, el naceu no 1935, polo que decidiu escribirlle unha carta. Accedeu a coñecela e nese encontro deulle a man dándolle as grazas. A partir de entón Sara pasaría a formar parte da vida do artista. Foi noiva de Jan e actualmente é a esposa do fillo deste, Samuel, e nai de 4 nenos. Aínda que non casou con Jan, adoptou o seu apelido, fundou a empresa Saudek.com xunto ao artista e faise chamar A man dereita de Jan. foi socia, modelo e representante de Jan.



O enlace dos seus portafolios é común. Curiosísimas as montaxes de series.

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2011 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Sencillez e fermosura
Non hai que poñer nada máis que os ollos en Africa

Madagascar, carnet de voyage, extrait... from bastien dubois on Vimeo.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-02-2011 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Non hai problema
Os problemas apagan a creatividade, a máis doutras cousas...

É por iso que estaba buscando un Cd dunha actuación que presenciei algún tempo. Agora xa o atopei.

Así que:

Olá Amig@s JAMBO BWUANA

Non hai problema AKUNA MATATA

Para subir ánimos.

Vai a letra abaixo.



Jambo, jambo bwana,
Habari gani, mzuri sana.
Wageni, wakaribishwa,
Kenya yetu, hakuna Matata.
Kenya nchi nzuri, hakuna Matata.
Nchi ya maajabu,
hakuna Matata.
Nchi yenye amani,
hakuna Matata.
Hakuna Matata,
Hakuna Matata.
Watu wote,
hakuna Matata,
wakaribishwa,
hakuna Matata.

Olá, Olá, señor
¿Cómo está? Moi ben.
Visitantes, sodes benvidos,
na nosa Kenia non hai problema,
Kenia é un fermoso país,
non hai problema.
Un país marabilloso,
hai problema
Un país pacífico,
non hai problema.
non hai problema,
non hai problema
Todo o mundo,
non hai problema,
sodes benvidos
non hai problema.
non hai problema, non hai problema.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2010 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal