Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pendente da xanela 2
Desta volta non estaba nada pendente da xanela e nas primeiras raíñas de sol din de apreceiar un movemento no valado de ararmio, mais era un movemento amplo e escuro, non era nin do pisco nin do melro, ambos breves, nerviosos e rápidos. Un movemento ademais zoupón.

O malo é que o sol daba de fronte e a penas distinguía unha silueta mangallona.

Din collido a cámara nun rápido movemento e pilleino.

Nun principio pensei que era un ralo (Caprimulgus europaeus) e deixei a cámara por alí. Xa me parecía raro ver ese paxaro nocturno polo día pero soen verse ao mencer tamén.

O caso é que ao medio día, co sol noutra posición, din en volevr a ter a mesma sensación de torpeza ao voar e aparece a mesma sombra. Agora xa o vin ben, nin collín a cámara para poder disfrutar.

Era un pichón do cuco (Cuculus canorus), non se sabe de que niño viría, mais seguro que estaba a probar o seu novo xeito de desprazamento e a comer moscas, as súas primeiras moscas só, sen depender dos seus seguros esgotados pais adoptivos, que foron quen de sacar adiante a unha tremenda e golosa criatura para que, de paso, nos poida deleitar co seu cucu tapacu, os días cálidos do verán.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2010 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Pois é fermoso este "ocupa", creo que nunca #blgtk08#vira unha imaxe súa, dun pichó, quero dicir.
Comentario por Acuática (01-07-2010 17:23)
2 Ten un agasallo na miña xanela: http://www.blogo#blgtk08#teca.com/acuatica07/index.php?cod=87065. Saúdos.
Comentario por Acuática (02-07-2010 21:09)
3 vaia! estou impresionada! eu dende a miña xanela (a do traballo) vexo os merlos e#blgtk08# estorninos, os mesmos (xa lles teño nome)

(nunca vira un deses!)
Comentario por Zeltia (04-07-2010 01:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal