Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O tempo non para
Se algo debería parar é tempo....
Unha chea de veces desexei que parara. Ordeneille que parara.

Para xa, agora!!, sit!-co índice sinalando o chan-, lle teño dito con cara de malo, voz grave e mirando así de esquello como ameazante.

Mais nunca é posible, por iso eu tampouco paro, só cando atopo unha sintonía, xa non actual, e cen veces referenciada e reverenciada, claro.

Abaixo nunha malísima versión de Bebe chea en cambio da frescura do directo.

O tempo para aquí
o meu amor esta a piques de llegar
O tempo para aquí
aquí atopo a paz
oooh ahhh ohhh




Entón paro, a oíla unha vez máis, que non será a última. Mais o tempo non me acompaña, nunca para.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2010 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Non para, e até nin se pode comp#blgtk08#rar.

Tempoooooo!
Comentario por Acuática (14-02-2010 11:23)
2 Hai veces que parece que para, o tempo, e aínda así non nos abonda, e outras veces... outras veces..., s#blgtk08#uplicamos para que pase rápido, e o tempo sempre pasa ao seu paso. Non nos debe nada. Inventouse el só.
Comentario por Seymour (16-02-2010 02:04)
3 Xa o dicía Eisnten, o dqa relatividade do tempo.#blgtk08# />
O caso é que caseque todo é relativo.
Comentario por Hermaco (22-02-2010 11:01)
4 Ás veces para...

...oll#blgtk08#ando o mar.


=)
Comentario por aNinha (25-02-2010 23:20)
5 si, a versión é moi "fresca" pero síntese mal de todo jajaja.
O estilo e a voz personalísima de Bebe non deixa indiferente, ou che gusta moito ou nada ¿va que si?
a mín gústame!
parece que todo lle sae tan natural...

en canto o tema do temp. uf! e uf. qué podería dicir sen ser tremendamente#blgtk08# repetitiva... o único que digo é que cando falo do tempo (do paso del) non é "teoría", síntoo como algo tanxible, palpable. como un ben esgotable que non podo deixar de consumir. creo que é unha maneira de velo errónea, e sen dúbida, terei que atopar un concepto do seu paso máis acorde cunha sensación de paz. tarefa pendente.
Comentario por Zeltia (28-03-2010 19:46)
6 Certo que o tempo é o máis relativo e subxectivo que nos podemos botar á cara; certo que o tempo é teimudo e empéñase en ir veloz cando queremos que vaia moi amodiño e nunca pasa cando só quedan segundos p#blgtk08#ara que... para que os soños todos aparezan ante os ollos. Mais é certo que hai acordes que deteñen o tempo, transpóñeno e lévannos da man ao máis interno do noso reloxo.
Gustei do blogue. Un saúdo
Comentario por xenevra (24-04-2010 13:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal