Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ecoloxía e traballo
Falei a un auditorio de 150 traballadores da federación do metal da CIG. Faleilles de Sankara, de Guevara, de Maathai e de Marx, traendo textos sobre os seus pensamentos relacionados coa natureza, cos problemas ambientais e sobre a ampliación do suxeito moral: quen somos NÓS?, os galegos, os humanos, os seres vivos, os habitantes do planeta.....

Faleilles despois da proxección da película sobre o caso acontecido en Bhopal, India, no ano 1984, onde morreron milleiros de persoas nunha fábrica de pesticidas por un escape dunha nube de gas tóxico, polo que a sensibilidade do público estaba a flor de pel. Faleilles e deixeilles o debate sobre a mesa.

Díxenlles que o sindicato debe incorporar ao debate sobre os dereitos sociais d@s traballador@s outros valores sociais, a maiores dos laborais, entre eles os ambientais. Pareceulles un plantexamento lóxico e acaído aos seus intereses.

A natureza, que contribúe á produción de valores de uso, é tan fonte de riqueza como o traballo, pero a súa contribución á riqueza é omitida.

É dicir, que se un boli custa 10 euros, no prezo está incluído o traballo dos seus construnctores e o beneficio empresarial (plusvalía), pero non o valor ambiental dos materiais cos que se contruiu que foron extraídos da natureza, logo, a natureza, a pesar de ser a orixe do boli, non ten valor. Ninguén paga o impacto ambiental das actividades humanas, é gratis, mais, a natureza degrádase a cada pouco irremediablemente. Este non é un concepto meu do século XXI, é de Karl Marx, do século XIX. Canto tempo pasado e tan pouco avanzado neste ámbito.

Díxenlles que o problema de Bhopal non é saber a causa exacta do accidente nin as responsabilidades do mesmo, senón ser conscientes de por que un sistema permite que se instale un Bhopal, ou outros miles que haberá no mundo. Se sobra algo neste mundo é o capital que mide todo baixo a lóxica de máxima optimización económica ao mínimo tratamento ecolóxico. Logo pasa o que pasa.

Grazas por escoitar camaradas.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2008 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Concordo. Mágoa non ter escoitado a conferencia. Parabéns a vostede e#blgtk08# á federación do metal por se preocupar de falar de temas coma este.
Comentario por Acuática (23-05-2008 15:02)
2 Os humanos non avanzamos, só dexeneramos, o que pasa é que de cada vez sabemos disimular mellor. Incluso creamos ministerios de medio ambiente, e todo...

Non me faga caso, estou certa que o que dixo deixou#blgtk08# pensando a moitos, e que moitos que fagan o mesmo dará moito que pensar. É o único camiño para chegar á acción.

Unha aperta, Hermaco, como ve eu tamén paso, e paso, por aquí, para comprobar como voa alto.
Comentario por Doutora Seymour (25-05-2008 20:21)
3 Grazas Acuática, creo que é un sector que non escoita falar destes temas habitualmente.

Algún día lles traerei a conferencia en video (menudo coñazo pode ser así!!! Tortura chinesa, hahaha).

Agardo que si fixera reflexionar a moitos Doc, pero non podo deixar de pensar que me quedo só na teoría, aínda que#blgtk08# sei que fago todo o posible por aplicalo, cos escasos medios que teño na miña man.

Claro que non creo que a humanidade non avance, pero o desastre avanza máis rápido.

Agardo que teña razón no do voo e non vexa un día un voo de emerxencia ou un voo en parafuso vertical con final a 2 metros baixo a terra.
Comentario por Hermaco (26-05-2008 10:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0